Este artigo amosaletras cirílicas. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Podgorica (enalfabeto cirílicoserbio Подгорица;IPA [ˈpɔdgɔˌriʦa]) a antigaTitograd e, antes,Ribnica) é a capital deMontenegro e a cabeza do concello homónimo. A súa poboación atinxe 139.500 habitantes. Antes da separación deSerbia e Montenegro era unha simple capital xudicial do país. En galego-portugués é, ás veces, transcritaPodgóritsa.
Atópase situada a 44 msnm. A cidade érguese na confluencia dos ríosRibnica eMorača, que se unen entre a fértil chaira de Zeta e oval de Bjelopavlići. A súa situación converteuna en meta de asentamentos turísticos, pois está a uns 60 km das estacións de esquí invernais e a unha distancia semellante das localidades marítimas da costa domar Adriático (88 km atéKotor). A distancia aolago Scutari, o maior lago dosBalcáns, é aínda menor.
NoMedioevo respondía ao nome de Ribnica. Noséculo XIV tomou o de Podgorica. Entre1945 e1992 foi renomeada comoTitograd, é dicir "cidade de Tito", en honra do ditador comunistaTito. Podgorica significa "baixo o Gorica", por estar ao pé do outeiro Gorica. En1992 por medio dunreferendo restabeleceuse o nome anterior.
En 1941, durante asegunda guerra mundial, Podgorica foi ocupada polas tropas italianas do réxime fascista, que foron logo substituídas polo exército nazi alemán. Os bombardeos efectuados polas tropas aliadas en1944, produciron graves estragos en toda a cidade, matando gran parte da poboación e destruíndo a maior porción do seu patrimonio arquitectónico e cultural, do que pouca cousa ficou. A cidade pasou a ser reconstruída desde 1945 e foi nomeada capital da nova república federal de Montenegro, posto que tradicionalmente ostentara a próxima cidade deCetinje, e tamén mudou seu nome.