Ospobos indíxenas de América, tamén chamadosamerindios,indios ounativos americanos son os nomes dados ós habitantes dasAméricas antes da chegada doseuropeos, e os seus descendentes actuais. A hipótese máis aceptada para a súa orixe é que os primeiros habitantes daAmérica viñeran deAsia atravesando a pé oestreito de Bering.
Malia que algúns pobos indíxenas de América eran tradicionalmentecazadores recolectores, especialmente nabacía do río Amazonas, aínda quedan moitos grupos que practican aacuicultura e aagricultura. O impacto da súa dotación agrícola no resto mundo é unha testemuña do seu traballo na remodelación e no cultivo da flora autóctona das Américas.[23] Malia que algunhas sociedades teñen unha forte dependencia da agricultura, outras practicaron unha mestura de agricultura, caza e recolección. Nalgunhas rexións, os pobos indíxenas crearon arquitecturas monumentais, cidades organizadas a grande escala, sociedades de xefatura,estados eimperios.
Moitas partes de América seguen habitadas por pobos indíxenas e algúns países contan con poboacións especialmente significativas, comoBelize,Bolivia, oCanadá,Chile,Ecuador,Groenlandia,Guatemala,Güiana,México,Panamá e oPerú. Existen arredor de millinguas indíxenas diferentes faladas en América. Algunhas, como oquechua, oaimará, oguaraní, aslinguas maias e onáhuatl contan os seus falantes en millóns. Moitos pobos manteñen prácticas e trazos culturais indíxenas en diferentes graos, incluíndo a relixión, aorganización social e as prácticas de subsistencia. Como moitas culturas, algunhas evolucionaron para incorporar aspectos tradicionais pero tamén atenden ás necesidades modernas. Algúns pobos indíxenas aínda viven relativamente illados da cultura occidental e uns poucos sonpobos non contactados. Algúns pobos, como os da culturachichimeca en Mesoamérica, disolvéronse e mesturáronse desde oséculo XVI de tal xeito que hoxe non podemos falar de pobos chichimecas no presente.
Máis tarde, estes pobos consideráronse unharaza distinta e tamén se lles deu o nome depeles vermellas. Úsase o termoamerindio para designar os nativos do continente americano, en substitución ás palabras "indios", "indíxenas" e outras consideradas aldraxantes.
NaAmérica do Norte, estes pobos son tamén coñecidos polas expresiónspobos aborixes,indios americanos,primeiras nacións (principalmente noCanadá),nativos deAlasca oupobos indíxenas da América. Porén, osesquimós (inuit,iupik ealeutianos) e osmétis (mestizos) do Canadá, que teñen unhacultura exenética diferente dos restantes, non sempre son considerados naqueles grupos.
Estes termos comprenden un gran número de distintastribos,estados egrupos étnicos, moitos dos cales viven como comunidades cun estatuto político específico.
Mapa das migracións humanas máis antigas[24]Vaso maia
Ata recentemente, a interpretación máis aceptada, baseada nos achadosarqueolóxicos, era que os primeiroshumanos nas Américas chegaron nunha serie demigracións daSiberia paraAlasca a través dunha lingua de terra que se formou durante a últimaglaciación entre 24 e 9 mil anos atrás.
Por outro lado, atopáronse pinturasrupestres con imaxes detatus xigantes, que podían ser osGlyptodon que viviron durante oPlistoceno,extinguíndose hai preto de 12 mil anos. Atopáronse tamén as máis antigas pinturas de barcos do mundo. Por iso, os arqueólogos especulan se os primeiros humanos a chegaren á América - aos cales tamén se chamaaborixes americanos - virían en barco, daAustralia ou doutro lugar.
Existen outras teorías sobre a orixe dos nativos americanos:
Variosantropólogos,historiadores e arqueólogos teñen suxerido que os nativos americanos son descendentes, ben deeuropeos, benafricanos que atravesaron oocéano Atlántico. Algúns apuntan a semellanza física entre osOlmecas e os africanos.Thor Heyerdahl demostrou que é posíbel navegar da África para a América nunha réplica dun barco depapiro do antigoExipto. Existe igualmente evidenciaxenética de antepasados africanos nalgúns indios daArxentina e arqueolóxica deartefactos que podían ser de orixe europea, como seitas dacultura Clóvis de Europa, antes da ocupación daquel continente porasiáticos.
A maioría dasrelixións dos nativos americanos ensinan que os humanos orixináronse na América no principio dos tempos e viviron sempre alí.
O máis probábel, porén, é que asAméricas fosen colonizadas por vagas de pobos de diferentes orixes, ao longo dos tempos, dando orixe ao complexo mosaico de pobos e linguas que hoxe existen. E é posíbel, igualmente, que eses pobos – tal como aconteceu en tempos históricos, ben documentados – teñan substituído ou se teñan xuntado con poboación orixinais que aló xa existían.
A pesar de que osviquingos exploraran e estabeleceran bases nas costas daAmérica do Norte a partir doséculo X e teren aí deixado marcas, como aruna de Kensington (aínda que moitos estudosos disputen a súa autenticidade), estes exploradores aparentemente noncolonizaron a América, limitándose a tentar controlar o comercio de peles de animais e outras mercadorías da rexión.
Por outro lado, a colonizacióneuropea das Américas mudou radicalmente as vidas eculturas dos nativos americanos. Entre os séculosXV eXIX, estespobos viron as súas poboacións devastadas polas privacións da perda das súas terras e animais, por doenzas e, en moitos casos por guerra. O primeiro grupo de nativos americanos atopado porCristovo Colón, estimado en 250 milaruaques doHaití, foron violentamente escravizados e apenas 500 sobreviviran no ano1550; o grupo foiextinto antes de1650.
Noséculo XV, osespañois e outros europeos trouxeroncabalos para as Américas e algúns destes animais escaparon e comezaron a se reproducir libremente. Ironicamente, o cabalo tiña orixinalmente evoluído nas Américas, mais extinguiuse na últimaglaciación. A reintrodución docabalo tivo un profundo impacto nos nativos americanos dasGrandes Planicies da América do Norte, permitíndolles expandir os seus territorios, trocar produtos con tribos veciñas ecazar con máis eficiencia.
Os europeos tamén trouxeron con elesdoenzas contra as cales os nativos americanos non tiñaninmunidade, tales como avaricela e avaríola que, moitas veces son fatais para estas persoas. É difícil estimar a porcentaxe de nativos americanos mortos por estas doenzas, mais algúns historiadores estiman que preto de 80% da poboación dalgunhas tribos foi extinta polas doenzas europeas.
A débeda histórica dos colonizadores para cos pobos nativos é inmensa. Crece a discusión sobre formas de compensación polos danos causados e outros asuntos indíxenas, a nivel internacional, como atesta o gran número de organizacións que se dedica ao tema.
Co cambio da perspectiva histórica co tempo, estase a estudar diferentes feitos da cultura e historia amerindia baixo novas perspectivas. Por exemplo, estase a estudar a pegada dos indios americanos na actualidade, como a reprodución nas avenidas e estradas das cidades americanas actuais do trazado dos sendeiros amerindios.[25]
A seguinte táboa presenta un cálculo sobre a poboación indíxena nos países de América. Tamén se inclúe o cálculo da poboacións mestizas con algunha ascendencia indíxena e a sumas destes cos propios indíxenas están incluídos. Os datos presentados na siguinte táboa provie de "CIA World Factbook" unha fonte externa de países latinoamericanos que calcula os compoñentes étnicos da poboación de cada nación.[26]