Este artigo amosaletras tifinagh. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Ostuaregs[5] son un grupo étnico ou naciónafricana. O seuautoetnónimo éKel Tamaxeq, Kel Tamajaq ("falantes de Tamasheq"),Imouhar,Imuhagh, ouImaxaghen ("os ceibes"). A xente tuareg tamén se autoidentifica coa verbaTamust, "a nación". O significado da verba "tuareg" aínda está por aclarar: podería proceder da rexiónlibia coñecida hogano comaFezzan, pero antano comaTarga. A verbaárabe "targui", podería provir do val de Targa, a principal cidade deUbari ó oeste deSebha. Outramente, "tuareg" podería vir da pronunciabeduína doárabeTawariq ("deixado de Deus", singularTarguí). O pobo tuareg atópase hoxe en día fundamentalmente enÁfrica occidental, pero (coma outros moitos no norte de África) foronnómades polodeserto do Sáhara.
Descencentes dosbérberes na rexión que hoxe en día éLibia, o pobo tuareg identificouse coas xentes nómades dodeserto do Sáhara xa en tempos deHerodoto, que chamaba "garamantes" ós antigos libios. Testemuñas arqueolóxicas son as ruínas deXerma, dos habitantes de etnia tuareg descendentes dos garamantes. Só máis tarde é cando se espallan poloSahel.
Os comerciantes do pobo tuareg foron durante moito tempo responsables do intercambio de artigos de luxo e escravos en África, conectando as grandes cidades da estrema sur dodeserto do Sáhara mediante cinco rutas comerciais que ían ata a costa africana meridional nomar Mediterráneo.
Noséculo XIX, resistiron a colonizaciónfrancesa do que agora éMalí eNíxer, ata que asinaron a paz respectivamente en1905 e1917. Durante este período, os franceses entraron no sur deAlxeria. A facciónahaggar do pobo tuareg acaudillada poloamenokalMusa ag Amastan librou moitas batallas contra os franceses ata que a rexións se converteu finalmente nun protectorado francés. Antes de que fose desmantelado polos colonos, a nación tuareg tradicional organizábase nunha vaga confederación. Todos os grupos tiñan unamenokal, xunto coa asemblea de xefesimgharan (en singularamghar). Os grupos eran:
Kel-Ahaggar;
Axer;
Kel-Aïr;
Adrar n'fughas;
Iwel·ledmidan;
Kel Gras;
Trala independencia dos estados africanos na década de1960, o territorio tuareg dividiuse entre os cinco novos estados:Níxer,Malí,Alxeria,Libia eBurkina Faso.
Áreas cun número significativo de habitantes targuí
O seu atávico conflito con outras tribos africanas foi moi esaxerado noséculo XX, debido a que a desertificación forzounos a emigrar permanentemente cara ao sur na busca de mellores fontes de auga. A desertificación tamén provocou o abandono da vida nómade, xa que a maioría dos habitantes da etnia tuareg se volveron granxeiros en asentamentos ou emigraron ás cidades.
EnMalí, o levantamento tuareg comezou nas montañas deAdrar n'fughas xa na década de1960, trala independencia do país. Enmaio de1960, após os disturbios no exterior dunha prisión enTchin-Tabaraden, Niger, o pobo tuareg tanto en Níxer coma en Malí reivindicou a autonomía das súas rexións (respectivamenteTenere con capital enAgadez e as rexións deAzawad eKidal). Daquela sucedéronse enfrontamentos militares cos exércitos de ámbolos dous países cun número de baixas próximo ós milleiros. As negociacións, coa mediación deFrancia eAlxeria, levaron ós acordos do11 de xaneiro de1992 enMalí e de1995 enNíxer. Ámbolos dous acordos recoñecen a descentralización do poder nacional e garanten a integración dos guerrilleiros da resistencia tuareg nos exércitos dos respectivos países. O groso do enfrontamento entre a resistencia tuareg e os exércitos rematou cos acordos de1995 e1996, pero en2004, producíronse algunhas confrontacións enNíxer entre as forzas gobernamentais e grupos que reivindicaban outra vez a loita pola independencia tuareg.
O pobo tuareg habita unha enorme extensión que cobre case todo o centro e occidente dodeserto do Sáhara e o norte e centro doSahel. Na concepción tuareg, o Sáhara non é un deserto, senón varios. Así, chámanlleTinariwen, que significa "os desertos". Entre os moitos desertos do noroeste deÁfrica está o verdadeirodeserto do Teneré. Asemade, poden considerarse varios desertos consonte sexan máis ou menos áridos, chairos ou montañosos:Adrar,Fezzan,Azawagh,Ahaggar, Tagant, Tawat (Touat) Tanezruft, Adghagh N'Fughas, Tamasna, Adar, Damargu, Tagama, Manga, Tarramit (Termit), Kawar, Jado, Tadmait, Admer, Igharghar, Tadrart, Idhan, Tanghart, Kalansho, oTassili N'Ajjer, oTibesti,Aïr,deserto de Libia etc.
A cultura tuareg ématrilinear, inda que nonmatriarcal. Ó revés có resto das sociedades musulmás, as mulleres non visten veo tradicionalmente, mentres que os homes si o fan. O feito de os homes cubriren o rostro orixínase na crenza de que este acto prevén os malos espíritos, inda que probablemente tamén está relacionada coa protección contra a dureza das areas e ventos dodeserto; de calquera xeito, está fortemente establecido na tradición (e asemade portar unrescrito con versos doCorán). Os homes comezan con 25 anos a levar veo, que lles cobre completamente a face agás os ollos. Este veo nunca se quita, nin sequera perante membros da súa familia.[1][Ligazón morta],[2]
A sociedade tuareg é tradicionalmente xerárquica, connobreza e vasalos; antigamente, tamén tiñan escravos, ("Iklan"), a miúdo prisioneiros africanos, subsaharianos. Tradicionalmente, os comerciantes tiñan un status maior có dos seus compatriotas sureños máis asentados. Co tempo, estas diferenzas esvaéronse consonte á fortuna económica de ámbolos dous grupos.
Aínda hai moito tuareg con costumes ou ben agrícolas ou ben criadores nómades de vacún; tamén quedan ferreiros, criadores decamelos e condutores de caravanas.
Ás veces aínda se lle chama "o pobo azul" ó pobo tuareg debido á coríndigo das súas túnicas e turbantes. Porén, as súas roupas poden ser doutras cores. De feito, o turbanteíndigo úsase normalmente en celebracións. Normalmente vai perdendo a cor tinxindo a pel de quen o viste.
O tuareg é un pobo predominantementemusulmán, inda que flexible na súa práctica, máis tendente a "cumprir festas que fastos". Combinan dende oséculo XVI o chamado islammaliki (baseado nas ensinanzas doimánMalik bin Anas) con certas crenzas animistas preislámicas, coma a presenza do espíritoKel Asuf e crenzassincréticas coma a adiña mediante oQurán.[3]
Boa parte da arte tuareg traballa con alfaias, o coiro e o metal, coma no caso das espadas finamente laboradas.[4]
Tinariwen, unha banda Tuareg que fusiona guitarras eléctricas con estilos musicais tradicionais, fundouse contra os anos 1980 por uns guerrilleiros rebeldes. Sacaron o seu primeiro CD no ano 2000 e fixeron unha xira por Europa e os Estados Unidos no 2004.
O pobo tuareg é do grupoberéber group e están estreitamente vencellados tanto ósberéber norafricanos coma ós africanos occidentais, en termos de cultura e raza. Cando menos, hai algunhas fontes que defenden que o tuareg se define pola lingua, non pola súa etnicidade, e que se poden considerar así fundamentalmente falantes de tamaxeq negroafricanos e/ou do centro-leste do continente (e por extensión individuos de ascendencia tuareg que foron asimilados a varios países e non falan tamaxeq). Pode verse isto en[5]. Esta probablemente unha das razóns polas que varía tanto a estimación da cantidade de tuareg.
Pode verse: Rando et al.Análise do ADN mitocondrial das poboacións africanas, que revela que houbo intercambios xenéticos coas poboacións europeas, subsaharianas e as veciñas do leste. [Annals of Human Genetics] novembro de 1998; 62 (Punto 6):531-50;
Sobre este tema, véxase tamén: Watson et. al.mtDNA sequence diversity in Africa, [American Journal of Human Genetics] 1996 Aug; 59 (2), páxinas 437-444;
Finalmente tamén: Salas et al.The Making of the African mtDNA Landscape, [American Journal of Human Genetics] 2002; 71, páxinas 1082-1111. É unha boa fonte para informarse sobre a herdanza xenética dos tuareg e a súa relación con outras poboacións.
↑Lewis, M. Paul (ed.), 2009.Ethnologue: Languages of the World, Sixteenth edition. Dallas, Tex.: SIL International. Online version:http://www.ethnologue.com/.
↑"The World Factbook".Central Intelligence Agency. Arquivado dendeo orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 8 de outubro de 2016., Niger: 11% of 18.6 million