Pobo sentinelés |
---|
 Distribución comparativa dos pobos andamaneses. Os sentineleses están destacados en vermello. |
Poboación |
---|
Poboación total: 15[1]–500[2] |
Rexións principais: |
Illas Andaman | 15-500 |
---|
Aspectos culturais |
---|
Lingua | Lingua sentinelesa |
---|
Relixión | Posiblemente algunha forma deanimismo |
---|
Opobo sentinelés[3] é unpobo indíxena dasillas Andaman, naBaía de Bengala. Habitan nailla Sentinela do Norte. Os sentineleses son unha sociedadecazadora-recoletora que subsiste da caza, a pesca e a recolección de plantas. Non existen evidencias de prácticasagrícolas ou métodos de produción de lume.[4] A súalingua permanece sen clasificar e non é mutuamente intelixible coajarawa, os seus veciños máis achegados.[5] Os sentineleses rexeitan calquera contacto con outra xente, e están entreúltimos pobos illados que non foron contactados pola civilización moderna.[6]
- ↑Census of India, ed. (2011)."District Census Handbook: Andaman & Nicobar Islands"(PDF). p. 156. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 01 de agosto de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
- ↑European Space Agency, ed. (29 de abril de 2005)."Earth from Space: North Sentinel Island". Consultado o 1 de agosto de 2015.
- ↑García, Victoria (28 de novembro de 2018). GCiencia, ed."Sentinel do Norte: un misterio científico e un dilema ético". Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑B. K. Roy, ed. (1990).Cartography for development of outlying states and islands of India: short papers submitted at NATMO Seminar, Calcutta, December 3–6, 1990. p. 203.OCLC 26542161.
- ↑"Enumeration of Primitive Tribes in A&N Islands: A Challenge"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11 de decembro de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑Goodheart, Adam (outono de 2000).American Scholar, ed."The Last Island of the Savages". Arquivado dendeo orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 24 de abril de 2016.