Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pobo saami

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Saami.
Pobo saami
Poboación
Poboación total:
163 400
Rexións principais:
Laponia133 400
NoruegaNoruega37 890[1]
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos30 000[2]
SueciaSuecia14 600[3]
FinlandiaFinlandia9 350[4]
RusiaRusia1 991 (2002)[5]
UcraínaUcraína136 (2001)[6]
Aspectos culturais
LinguaLinguas saamis:
saami setentrional,saami de Lule,saami de Pite,saami de Ume,saami meridional,saami de Inari,saami de Skolt,saami de Kildin,saami de Ter

saami de Akkala (extinta),saami de Kemi (extinta),saami de Kainuu (extinta)

Outras linguas estatais:
Noruegués,sueco,finés,ruso
RelixiónLuteranismo,laestadianismo,igrexa Ortodoxa,xamanismo saami
Territorio habitado polos saamis.
Bandeira do pobo saami.

Opobo saami[7] é un grupo indíxenafino-úgrico que vive na zonaártica deLaponia, que abrangue partes deNoruega,Suecia,Finlandia, apenínsula de Kola enRusia, e a beira entre o sur e o centro de Suecia e Noruega. Os saamis son o único pobo deEscandinavia recoñecido e protexido baixo as convencións internacionais dos pobos indíxenas. Tamén son o pobo indíxena máis setentrional deEuropa.[8] As terras ancestrais dos saamis teñen unha extensión de 388.350 km², que é aproximadamente o tamaño de Noruega. As súas linguas tradicionais son aslinguas saamis, que están clasificadas dentro da familia daslinguas urálicas.

Tradicionalmente, o pobo saami desenvolveu diversos tipos de estilo de vida, destacando como pescadores, trampeiros para o comercio de peles ou na cría de ovellas. Porén, son principalmente coñecido pola cría derenos en réxime de seminomadismo. Actualmente, un 10% dos saamis teñen relación coa cría de renos e uns 2.800 está directamente relacionados con esta actividade.[9] Por razóns medioambientais, culturais e políticas, a cría de renos está legalmente reservada aos saamis en certas rexións dospaíses nórdicos.

Lingua

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Linguas saamis.

O pobo saami fala diversaslinguas saamis, pertencentes ao grupougrofinés da familia daslinguas urálicas. Existen nove linguas saamis diferentes, que se falan no norte deNoruega,Suecia eFinlandia, así como napenínsula de Kola, enRusia. Ás veces considérase que todas as linguas saamis non son máis que dialectos dunha única lingua saami. Se ben as linguas saamis non son próximas a ningunha outra lingua do seu grupo, as súas gramáticas son similares á dalingua finesa, aínda que a sintaxe foi influenciada polaslinguas nórdicas, e contan con moitos empréstitos das linguas escandinavas e dalingua rusa.[10][11]

Osaami setentrional é a variante máis falada e a súa área repártese entre os tres países nórdicos. Na península de Kola (Rusia) e en Finlandia fálanse variantes orientais, mentres que os dialectos meridionais son falados principalmente no centro de Noruega e no centro-norte de Suecia.[11]

Actualmente a lingua saami é a maior lingua no interior do condado deFinnmark. Se ben case todas as persoas saami son bilingües na súa lingua saami e na lingua do país no que habitan, e a pesar de contaren con literatura propia e seren empregadas en xornais, as linguas saami teñen un uso limitado na educación e na política.[10]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. SSB. (ed.)."Statistic Norway". Arquivado dendeo orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  2. Baiki (ed.)."The International Sami Journal". Arquivado dendeo orixinal o 10 de agosto de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  3. Ethnologue.com (ed.)."Languages of Sweden". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  4. Parliament (ed.)."Eduskunta — Kirjallinen kysymys 20/2009". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  5. "Censo de Rusia de 2002". Arquivado dendeo orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  6. "Censo de Ucraína de 2001". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  7. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parasaami.
  8. F. Norokorpi, Yrjö. UNESCO, ed."World Heritage and the Arctic". Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  9. "Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 19 de decembro de 2014. 
  10. 10,010,1"The Sami"(eninglés). nordnorge.com. Consultado o 12 de novembro de 2022. 
  11. 11,011,1"Sami language".Encyclopædia Britannica(eninglés). Consultado o 12 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Pobo saamiModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_saami&oldid=6361609»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp