Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pobo náhuatl

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo náhuatl
Nenas náhuatls.
 Instancia de
 Subclase de
Localización
Rexións principais
México2 690 089
O Salvador~500 000
Nicaragua20 000 (2005)[1]
Honduras6 339
Guatemala1 120
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos170 256 (diáspora)
Identificadores
Freebase/m/02254fEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 155408BNE: XX4576435
Wikidata C:Commons
Os náhuatls en México.

Osnáhuatls[2] son un grupo de pobos prehispánicos deMesoamérica que habitan enMéxico,O Salvador,Guatemala,Honduras eNicaragua.[3][4] Son o meirande pobo indíxenas de México e o segundo máis importante no Salvador.[5][6] Os seus devanceiros foron osaztecas oumexicas, que xunto a outros pobos antigos deAnáhuac tiñan en común alingua náhuatl. Actualmente o termomexicano é a súa autodenominación, pero esta contraponse ao xentilicio dunha nación que involucra a outros grupos indíxenas e estranxeiros que botaron raíces en territorio mexicano; con todo débese de ter en conta que os náhuatls son os mexicanos orixinarios dende un punto de vista estrito, aínda que se confunda o termo. O seu nexo principal en común era a súa lingua, onáhuatl ou nahuat, ademais de grandes similitudes na súarelixión ecosmovisión. Son náhuatls os pobos prehispánicos deTexcoco,Tlaxcala,Chalco,Cholula,Acolhuacan e osaztecas entre outros, destacan estes últimos pola fundación deTenochtitlán e a súa influencia sobre os outros pobos da rexión.

Cosmovisión náhuatl

[editar |editar a fonte]

Ao centro do universo atópasetlaltícpac, porción da Terra estendida horizontal e verticalmente, constitúe gran parte do mundo visible material. Este atópase rodeado de auga inmensa teo-atl que se prolonga ata que se reúne cos ceos, esta última é o Ilhuíca-atl, auga celeste.

Dimensión horizontal

[editar |editar a fonte]

O universo distribúese en catro cuadrantes ou rumbos que parten desde o mesmo embigo deTlaltícpac. Mirando cara ao poñente por onde o Sol de opón, é a casa deste, simbolízao a cor vermella; cara á esquerda está o sur que se simboliza co azul; a fronte da casa do sol (rumbo leste) simbolízase pola cor branca que representa a luz, a fertilidade e a vida; á dereita do camiño do Sol está o cuadrante negro do universo, o rumbo da rexión dos mortos.

Dimensión vertical

[editar |editar a fonte]

Os ceos eran capasesféricas superpostas separadas por traveseiros a entender dos propios náhuatls, sobre os primeiros movíanse os distintosastros celestes e arriba destes estaban as capas onde habitaban os deuses. Existen variantes na denominación dos distintos ceos, segundo a descrición pictórica docódice vaticano A temos que o primeiro ceo é por onde se move aLúa e asnubes,Ilhuícatl Metztli. O segundo ceo é o lugar dasestrelas,Citlalco, que se dividían en dous grandes grupos, as 400 estrelas do norte,Centzon Mimixcoa, e as 400 estrelas do sur,Centzon Huitznahua. O terceiro ceo,Ilhuícatl Tonatiuh, era o ceo por onde o Sol se movía diariamente desde o rumbo da luz á súa casa. O cuarto ceo,Ilhuícatl huitztlan era o ceo deVenus, que era o planeta mellor estudado polos náhuatls e asociado aQuetzalcóatl. As estrelas fumarentas oucitlalin popoca como se chamaba aoscometas pertencían ao quinto ceo. O sexto e sétimo ceo son os danoite e odía, o oitavo está en disputa, a versión máis aceptada é que é o lugar dastempestades. O noveno, décimo e undécimo; branco, amarelo e vermello respectivamente, son morada dos deuses,teteocam (lugar onde eles viven). Para rematar, o duodécimo e décimo terceiro constituían a mansión da dualidade,Omeyocan, onde habitaOmeteótl, rexiónmetafísica fonte de xeración e devida.

Os 9 infernos sonplanos e cada vez máis profundos, por eles deben de pasar os descarnados (osmortos) afrontando durante catro anos probas para poder descansar ao fin.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Nahoas. Territorio indígena y gobernanza.http://territorioindigenaygobernanza.com/web/nnic_09/
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paranáhuatl.
  3. "Pueblos Indígenas de Honduras | Territorio Indígena y Gobernanza". 
  4. "9. Nahoas | Territorio Indígena y Gobernanza". 
  5. Refugees, United Nations High Commissioner for."Refworld | World Directory of Minorities and Indigenous Peoples - El Salvador".Refworld(eninglés). Consultado o2019-05-06. 
  6. "Nahua Peoples | Encyclopedia.com".www.encyclopedia.com. Consultado o2019-05-06. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • León-Portilla, Miguel (1959)La filosofía nahuatl, estudiada en sus fuentes, 2ª ed., México, D.F.: UNAM.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_náhuatl&oldid=7295211»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp