A maioría dos armenios pertence áIgrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. Ocristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte deXesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos,Xudas Tadeu eBertomeu.[15] A comezos do século IV, oReino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.[16]
Historicamente, o nomearmenio chegou a designar internacionalmente ó pobo. Foi empregado primeiro polos países veciños da antigaArmenia. As fontes máis antigas do exónimoArmenia datan doséculo -VI. NaInscrición de Behistún trilingüe do ano-517,Darío I o Grande dePersia refírese aUrashtu (enbabilonio) comoArmina (enpersa antigo;Armina () eHarminuya (en elamita).Engrego, Αρμένιοι ("armenios") tamén aparece durante o mesmo período, sendo quizais a fonte máis antiga un fragmento atribuído aHecateo de Mileto (-476).[17]Xenofonte, un xeneral grego que serviu nalgunhas expedicións persas, describe moitos aspectos da vida e a hospitalidade dunha vila armenia arredor do ano -401. Relata que ese pobo falaba unha lingua que ó seu oído sonaba como a lingua dospersas.[18]
Os armenios chámanse a si mesmoshay (Հայ, pronunciado [ˈhaj]; plural: Հայեր, [haˈjɛɾ]). O nome deriva tradicionalmente deHayk (enarmenio:Հայկ), o lendario patriarca dos armenios e tatara-tataraneto deNoé, quen, segundoMoisés de Corene, derrotou ó rei babilonio Bel en-2492 e estabeleceu a súa nación na rexión deArarat.[19] Tamén se ten proposto[20][21] que o nomehay provén dun dos dous estados vasaloshititas, os Ḫayaša-Azzi (1600–1200 a.C.).
Moisés de Corene, un importante historiador armenio medieval, escribiu que a verbaarmenio provén do nome propio Armenak ou Aram (o descendente deHayk).
Os armenios tiveron presenza noaltiplano armenio por máis de 4 000 anos, dende os tempos nos queHayk, o lendario patriarca e fundador da primeira nación armenia, liderou ó seu pobo á vitoria fronte a Bel deBabilonia.[22] No presente, cunha poboación de 3,5 millóns, non só representan a maioría da poboación enArmenia, senón tamén na rexión en disputa deArtsakh. Os armenios na diáspora refírense a si mesmos informalmente comohayastantsi (Հայաստանցի), que quere dicir aqueles que proveñen de Armenia. Eles, ó igual que os armenios de Irán e Rusia, falan o dialecto oriental dalingua armenia. O propio país é secular como consecuencia da dominación soviética, pero a maioría dos seus cidadáns identifícanse como cristiáns armenios apostólicos.
Porén, a maioría da diáspora actual está formada por armenios espallados por todo o mundo como consecuencia directa do xenocidio de 1915, constituíndo a parte principal dadiáspora armenia. Porén, as comunidades armenios na capital de Xeorxia,Tbilisi, enSiria e enIrán existen dende aantigüidade.
Dentro da comunidade armenia na diáspora, existe unha clasificación non oficial de diferentesclases de armenios. Por examplo, os armenios orixinarios de Irán son coñecidos comoParskahay (Պարսկահայ), mentres que os armenios do Líbano son polo xeral coñecidos comoLipananahay (Լիբանանահայ). Os armenios da diáspora son os falantes maioritarios do dialecto occidental da lingua armenia. Este dialecto ten diferenzas considerables co armenio oriental, mais os falantes das dúas variedades poden entenderse sen dificultades. O armenio oriental na diáspora é falado en Irán e en países europeos como Ucraína, Rusia eXeorxia (onde constitúen a maioría da provincia deSamtskhe-Javakheti). En diversas comunidades (como no Canadá e nos Estados Unidos) onde viven moitos tipos diferentes de armenios, hai unha tendencia para que os diferentes grupos se xunten.
↑Richard G. Hovannisian,The Armenian people from ancient to modern times: the fifteenth century to the twentieth century, Volume 2, p. 427, Palgrave Macmillan, 1997.
↑Hastings, Adrian (2000). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed.A World History of Christianity. p. 289.ISBN978-0-8028-4875-8.
↑"Χαλύβοισι πρὸς νότον Ἀρμένιοι ὁμουρέουσι (The Armenians border on theChalybes to the south)".Chahin, Mark (2001).The Kingdom of Armenia. Londres:Routledge. pp. fr. 203.ISBN0-7007-1452-9.
I. M. Diakonoff,The Pre-History of the Armenian People (revisado, trans. Lori Jennings), Caravan Books, Nova York (1984),ISBN978-0-88206-039-2.
George A. Bournoutian,A History of the Armenian People, 2 vol. (1994)
Hovannisian, Richard G. (setembro de 1997).The Armenian People From Ancient to Modern Times. Volume I – The Dynastic Periods: From Antiquity to the Fourteenth Century. Nova York: St. Martin's Press.ISBN0-312-10169-4.
Russell D. Gray and Quentin D. Atkinson, "Language-tree divergence times support the Anatolian theory of Indo-European origin", Nature, 426, 435–439 (2003)
George A. Bournoutian,A Concise History of the Armenian People (Mazda, 2003, 2004).
Ayvazyan, Hovhannes (2003).hy:Հայ Սփյուռք հանրագիտարան / Encyclopedia of Armenian Diaspora(en armenia)1. Iereván: Armenian Encyclopedia publishing.ISBN5-89700-020-4.