Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Plutonismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Oplutonismo outeoría plutónica é unha teoríaxeolóxica proposta polo xeólogoescocésJames Hutton a finais delséculo XIX, que definía a xeración das rochas como o resultado de procesosvolcánicos.

A teoría recibiu o seu nome do deus romano das profundidades (e o inferno)Plutón. O plutonismo gozou de certa aceptación entre a comunidade científica, desacreditando aoneptunismo deAbraham Gottlob Werner, quen defendía a orixe submarina das rochas mediantesedimentación.

Os partidarios do plutonismo eran no científico completamente opostos aos do neptunismo: Estes defendían a formación submarina de minerais e o concepto dun "océano universal", que aqueles negaban; os plutonistas, de feito, negaban a idea de que a auga puidera producir efecto ningún sobre os minerais.

A teoría, por tanto, resultou moi polémica, principalmente porque negaba implicitamente o concepto deDiluvio universal e, polo tanto, a validez histórica dos textosbíblicos. Así, cando en 1788 aRoyal Society Transactions deEdimburgo publicou a teoría,James Hutton foi acusado de ateísmo.[1]

Algúns autores sinalaron que quizais fora precisamente o contrario: A teoría de Hutton baseábase en parte na convicción dunha orde natural equilibrada. Para Hutton, o proceso de erosión e destrución de material xeolóxico superficial debería necesariamente verse correspondido por un proceso análogo de xeración de novos materiais. Este proceso só podía producirse no núcleo terrestre a moi elevadas temperaturas, que eran as responsábeis das elevacións do terreo, movemento de terras etc.

Pero a notábel tensión entre neptunistas e plutonistas tiña un segundo aspecto de confrontación: O tempo xeolóxico. Os partidarios do neptunismo —entre os que se contaban científicos do prestixio deAlexander von Humboldt— admitían a certeza histórica da narración do libro daXénese; e a súa datación do mundo rondaba os 6.000 anos. Os plutonistas, polo contrario, non só negaban a validez histórica do diluvio senón que consideraban os procesos xeolóxicos como un conxunto de fenómenos moito máis lento, polo que a historia da Terra debería de ser de millóns de anos.

Entón cuñouse o termoidade xeolóxica, para definir as amplas marxes de tempo necesarias para calquera fenómeno xeolóxico. Este novo concepto coñeceríase comouniformismo, e baseábase sinxelamente en que os procesos xeolóxicos que interviran en épocas moi remotas seguían actuando no presente.[2]

A perspectiva deste "envellecemento" do mundo resultaba unha idea chocante para a sociedade da época, que só puido asimilala progresivamente, tal como indican as seguintes referencias:

Nos albores doséculo XX esta estimación subira xa até os 1.500 millóns de anos, e para candoArthur Holmes descubriu ladatación xeolóxica medianteradiación, esta cifra disparouse até 4.500 millóns de anos, que é a que se considera na xeoloxía contemporánea.

Tanto o plutonismo como o neptunismo considéranse actualmente posturas extremistas e obsoletas. Os xeólogos contemporáneos definiron tres procesos de xeración de rocha:ígneo,sedimentario emetamórfico.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Moledo, Leonardo;Historia de la Geología: El fuego infernalArquivado 21 de febreiro de 2009 enWayback Machine.(encastelán)
  2. O presente é a clave do pasado. Nótese que o concepto era radicalmente oposto aocatastrofismo no que se inspiraba oneptunismo

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Plutonismo&oldid=6220179»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp