OPlistoceno[1] é unhaépocaxeolóxica, comprendida entre hai aproximadamente 1.800.000 e uns 11.500 anos. Pertence aoperíodoNeoxeno, daEracenozoica, doeónfanerozoico. Sucede aoPlioceno e precede aoHoloceno, ambos os dous do seu período. Divídese nasidades doPlistoceno inferior,Plistoceno medio ePlistoceno superior, da máis antiga á máis recente.
No Plistoceno ocorreron asglaciacións máis recentes. O clima e as temperaturas mudaron drasticamente, e o período é hoxe estudado porpaleontólogos na tentativa de comprender osclimas da Terra no pasado. Osfósiles deste período son abondosos, ben preservados, e a súadatación é precisa. Entre eles, osforaminíferos,diatomáceas epole de plantas son moi informativos sobre ospaleoclimas. Os paleontólogos estudan actualmente, a través destes rexistros, a influencia das mudanzas climáticas sobre as biotas.
Moitos dosxéneros e mesmoespecies que viven hoxe xurdiron entón. Houbo, porén, naquel período, un bo número de animais de gran porte hoxe extintos, como omastodonte ou otigre dente de sabre.Camelos ecabalos nativos existían naAmérica do Norte. Un dos maiores animais do Plistoceno, cuxasbiotas eran moi semellantes ás actuais, foi omamut.
Durante o Plistoceno ocorreu a extinción dos grandesmamíferos e a evolución doshumanosmodernos. Unha das teorías sobre esa extinción baséase, en parte, á caza pola especieHomo sapiens.