Plateresco[1], tamén chamado degótico plateresco,Protorrenacenza,estilo Isabel,estilo Reis Católicos (estes dous últimos en referencia á súa primeira fase) eestilo Príncipe Filipe (referido á súa fase renacentista), é un estiloartístico, especialmentearquitectónico, que se desenvolveu enEspaña e nos seus territorios noséculo XVI, caracterizado pola fusión de elementosgóticos,mudéxares erenacentistas e pola elaboración e minuciosidade das súas obras[2]. Apareceu entre o últimogótico e aRencenza, xa a finais doséculo XV, estendéndose durante os dous séculos a seguir.
Resulta dunha modificación do espazo gótico e dunha fusión ecléctica de compoñentes decorativasmudéxares, dogótico flamexante eArquitectura románicalombarda, así como temperáns elementos renacentistas de orixetoscana.
Exemplos son a inclusión de escudos epináculos, as fachadas divididas en tres corpos (mentres que as renacentistas están divididas en dous) e as columnas de tradición renacentista. Chegou á súa máxima expresión durante o reinado deCarlos I,[3] especialmente enSalamanca, aínda que tamén floreceu notabelmente noutras cidades daPenínsula Ibérica comoLeón eBurgos e no territorio deNova España que hoxe éMéxico.[3] Considerado ás veces corrente renacentista e outras estilo propio, recibe ás veces os nomes de Protorrenacenza[4] e Primeira Renacenza como rexeitamento ao considerar un estilo en si mesmo. EnGalicia salienta oHospital Real de Santiago de Compostela naPraza do Obradoiro, hoxe Hostal dos Reis Católicos.
O estilo caracterízase por unha decoración prolífica que cobre as fachadas con elementos vexetais, candelabros,festóns, criaturas fantásticas e todo tipo de figuracións.[3] A configuración espacial, porén, seguía máis claramente un referente gótico. Esta fixación por partes concretas, sen modificacións estruturais respecto do gótico e apenas espaciais, fan que sexa clasificado moitas veces como variación e non coma estilo.[5] EnNova España o Plateresco adquiriu unha configuración propia, aferrado fortemente á súa herdanza mudéxar e mesturándose con influencias indíxenas.[3]
Noséculo XIX, co pulo doshistoricismos, a arquitectura plateresca reviviu baixo os nomes deestilo Monterrey e estilo español.[6]
O nome Plateresco vén docastelán:plata (prata) e fai referencia ao oficio de prateiro ou arxentador. O historiador sevillanoDiego Ortiz de Zúñiga utilizouno por vez primeira no século XVII, aplicándoo á descrición da sancristía dacatedral de Sevilla[7] no 3º volume dos seus Anales, algúns autores[3] erroneamente vincularon tal cualificativo coa Capela Real, que Ortíz de Zúñiga menciona na súa obra máis tarde, no 4º volume[8].
O plateresco segue a liña doEstilo Isabel, onde os elementos decorativos de tradicións ibéricas e italianizantes forman complexos enfeites que se superpoñen ás estruturas góticas. Posteriormente pódese falar dun Plateresco que conserva as formas góticas como base até 1530. Após esta data, aínda que continúan utilizándose e evolucionando os enfeites platerescos, estes pasan a formar parte dunha arquitectura que xa comeza a asumir as ideas renacentistas. En1563, co comezo da construción domosteiro do Escorial, a arquitectura renacentista depúrase grazas ás intervencións deJuan de Herrera, dando fin ao esplendor e á extensión do Plateresco na Península Ibérica. En México, porén, non se esqueceu, dando lugar a un Neoplateresco noséculo XVIII.
En calquera caso o Plateresco, considerado ou non como estilo e exclusivamente español ou por outra bandaeuropeo, representa a transición entre os estilosgótico erenacentista.
Foron típicas as fachadas-retablo, realizadas como se de coidadosas obras deourivaría se tratase, prolificamente decoradas. A decoración, se ben obtivo diversas inspiracións, foi fundamentalmente vexetal, aínda que tamén tivo profusión de medallóns, elementos heráldicos e figuracións animais, entre outros. Prodúcese tamén unha riqueza nos materiais: chapras douradas encristarías e coroamentos, vasos etc. Ao concluír o primeiro terzo doséculo XVI olláronse maiorespolicromías e aparecen cristarías de base histórica e asbalaustradas, ademais dunha decoración máis prolixa.[9]
A extensión da decoración por todas as superficies arquitectónicas redunda na creación de novas superficies e subespazos, fundamentalmente decorativos do lugar onde se achan, que á súa vez se ornamentan profusamente, tales comofornelas,nichos eedículas.[10]
Así mesmo foron incluíndose progresivamente elementos italianos como enfeite:almofadados,chapiteis clásicos,arcos romanos e especialmentegrutescos.[11]
A decoración empregada tiña significados concretos, non podéndose ler tan só descritivamente. Así, os loureiros, os motivos bélicos e a abundancia de cornos colocábanse nas vivendas de militares destacados. Polo mesmo a escenificación de fábulas gregas e romanas abstraía ideais humanistas, co que a lóxica decorativa se convertía nun medio para expresar e difundir ideas renacentistas.[10]
Tamén se implementaron e preferiron certos aspectos espaciais. Deste xeito construíronse escaleiras caustrais de caixa aberta.[12] No entanto, apenas houbo modificacións espaciais respecto do gótico.
NasAméricas, especialmente no actualMéxico, certas culturas autóctonas estaban en fases artísticas que poden considerarse barrocas cando os españois levaron con eles o Plateresco. Este mesturouse simbioticamente coas tradicións locais, de xeito que aarquitectura gótica non chegou ásAméricas propiamente ditas, senón a través dun Plateresco que axiña mudou primeiro coas influencias indíxenas e despois coas africanas, evoluíndo no que se deu en chamar unBarroco americano.[13]