Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Plantaginaceae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plantaginaceae

Plantago lanceolata
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Subclase:Asteridae
Orde:Lamiales
Familia:Plantaginaceae
Juss., 1789,nom. cons.
Xéneros
Sinonimia

Asplantaxináceas[1] (Plantaginaceae) son unhafamilia de dicotiledóneas que comprende preto de 2000 especies nuns 90 xéneros dentro da ordeLamiales.[2] Nunha clasificación anterior había unha soa familia da ordePlantaginales, pero este nome non se usa actualmente.

Son esencialmente plantas herbáceas, anuais ou perennes, das rexións frías e tropicais.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Herbas ou ocasionalmente pequenosarbustos ou semiarbustos (como algunhas das especies insulares). Follas comunmente todas basais e alternas, de cando en candocaulinares e alternas ou opostas, simples, a miúdo con base abrazadoira, as filodiais con lámina máis ou menos paralelinervia aparentemente representando unpecíolo expandido, ou ás veces moi reducidas; conestípulas ausentes.

Inflorescencia da chantaxe (Plantago sp.).

As flores, a maioría enespigas pedunculadas,bracteadas ou en capítulos, pero sen bractéolas (enLittorella as flores basais en grupos de tres, a central estaminada e longamente pedicelada, as 2 laterais pistiladas esésiles), tipicamente casmógamas, protóxinas, e anemófilas, pero algunhas veces cleistógamas en grao diverso, individualmente pequenas e non vistosas, principalmente actinomorfas e hermafroditas (plantas monoicas enLitorella, ginomonoicas enBougueria), polo común tetrámeras, de cando en cando trímeras.

Noperianto ocáliz lobado ou dividido, os dous segmentos abaxiais algunhas veces máis ou menos connados.Corola escariosa, simpétala.

Androceo conestames xeralmente isómeros e alternando cos lóbulos da corola (só 1-2 enBougueria); filamentos inseridos ao tubo da corola, anteras longamente exertas, como é propio dunha planta de polinización anemófila.

Xineceo de dous carpelos medianos unidos; ovario súpero, cun estilo terminal delgado e seco, xeralmente cunestigma bilobulado; ovario enPlantago basicamente bilocular con 1-40 óvulos nunha placenta axilar en cada lóculo, pero ocasionalmente aparecendo 4-locular por mor de particións intrusivas a partir do nervio medio carpelar; enBougueria eLittorella ovario unilocular cun simple primordio basal.

Tribos

[editar |editar a fonte]

Principais xéneros

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraplantaxináceas.
  2. 2,02,1Plantaginaceae en APG Web (require busca interna)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PlantaginaceaeModificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Plantaginaceae
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Plantaginaceae&oldid=5666951»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp