Situación da placenta.Placenta ao pouco de ser extraída.
Aplacenta (dolatíntorta plana referíndose á súa aparencia en humanos[1][2]) é unórgano presente na maioría dosmamíferos (osmarsupiais, por exemplo, non producen placenta) e que relaciona estreitamente ao bebé coa súa nai e atende as necesidades de respiración, nutrición e excreción dofeto durante o seu desenvolvemento. A placenta desenvólvese a partir das mesmas células que deron lugar ao feto e ten dous compoñentes, unha porción fetal, ocorion frondoso e unha porción materna oudecidua basal.
A placenta humana é de tipo hemocorial (ou discoidal), que quere dicir que o tecido fetal penetra o endometrio ata o punto de estar en contacto cosangue materno. Este tipo de placenta é a que presentan todos osprimates e osroedores[3]. Porén, entre os mamíferos existen outros tipos de placenta:
Sindesmocorial: nela oepitelio da mucosa uterina segue intacta, pero otrofoblasto chega a ter contacto co tecido uterino permitindo o paso de nutrientes necesarios. Existe enruminantes como aovella.
Epiteliocorial: o corion toca lixeiramente o endometrio materno, pero non o penetra, como é o caso daporca.