![]() | |
Tipo de prato | |
---|---|
Sobremesa /Snack | |
Datos | |
País | ![]() |
Ingredientes | Plátano,azucre,ovo,fariña eaceite |
Oplátano fritido ouchips de plátano é unha sobremesa orixinaria deCuba, moi estendida por todaAmérica do Sur eAsia. Poden ser doces ou salgadas, dependendo de se o plátano está maduro (doce) ou verde (salgado) e a adición de sal,azucre,mel ouespecias.
EnCuba, onde tamén se chamamariquitas ouchicharritas o uso do plátano fritido non só é doce, senón que tamén se utiliza como acompañamento en pratos dearroz,carnes eensaladas.
No resto de América, en países comoColombia,Venezuela ouPerú, os plátanos fritidos véndense como petiscos en bolsas, como se fosen patacas fritidas, recibindo o nome dePlatanitos, vendéndose comunmente en Europa como produto de exportación.
NaIndia, no estado deKerala, o prato é coñecido co nome deupperi. Frítese o plátano en aceite de coco, podendo usar o plátano verde ou maduro. Ás veces cóbrense conmasala oujaggery para obter variantes picantes ou doces. É unha parte integral da comida tradicional de Kerala chamadasadya, servida en vodas e festas tradicionais como oOnam.
Pela-los plátanos e cortalos en cinco anacos cada un. Bate-lo ovo, mesturalo coa fariña e un pouco de auga. Deseguido, utilizar esta mestura para reboza-los anacos de plátano e despois, pasalos á tixola, onde se friten ata que estean dourados. Unha vez retirados os anacos de plátano a un prato, botar unha cullerada de aceite e o azucre con dúas culleradas de auga nunha tixola e cocelo ata que estea ao punto de caramelo. Verter o caramelo quente sobre os anacos de plátanos fritos e servir.