Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.
Opirrol é un composto químico orgánico aromático eheterocíclico, formado por un anel de cinco membros coafórmula C4H5N. Os seus derivados substituídos tamén se chaman pirrois (por exemplo, oN-metilpirrol).
O pirrol ten unha basicidade moi baixa comparada coa dasaminas máis comíns e coa doutros compostos aromáticos como apiridina. Esta diminución da basicidade atribúese á deslocalización do par de electróns non compartidos do nitróxeno do anel. Aprotonación do pirrol orixina a perda da súaaromaticidade e, por tanto, é termodinamicamente desfavorable.
Como moitas outras aminas, o pirrol escurécese ao expoñerse ao aire e á luz, debido á formación depolipirrois eóxidos aminados, polo que debe ser destilado inmediatamente antes de usalo.[1]
Os reactivos iniciais para asíntese de Piloty-Robinson son dous equivalentes dunaldehido e dehidracina.[4][5] O produto é un pirrol consubstituíntes específicos nas posicións 3 e 4. O aldehido reacciona coadiamina dando un intermediario di-imina (R–C=N−N=C–R), no cal ao agregarácido clorhídrico prodúcese o peche do anel e a perda de amoníaco dando o pirrol.
Examinar as estruturas que contribúen á resonancia do pirrol dános unha visión máis clara da reactividade deste composto. Igual ca ofurano e otiofeno, o pirrol é máis reactivo ca obenceno ante asubstitución electrofilica aromática debido a que pode estabilizar a carga positiva nocarbocatión intermedio.
Formilación dun derivado do pirrol (Garabatos-Perera 2007[7]).
O pirrol tamén pode reaccionar con aldehidos para darporfirinas. Por exemplo, obenzaldehido condensa co pirrol para dartetrafenilporfirina. Ademais, os compostos do pirrol poden tamén participar encicloadicións como nareacción de Diels-Alder baixo certas condicións, por exemplo, en presenza de catálise ácida (de Lewis), quentamento ou alta presión.
O pirrol tamén polimeriza en presenza de luz. Pode utilizarse un axente oxidante como opersulfato de amonio a 0 °C na escuridade, para controlar dita polimerización.
O pirrol non ten unha aplicación comercial significativa, mais oN-metilpirrol é un precursor do ácido N-metilpirrolcarboxílico, o cal se usa como precursor na industria farmaceútica.[2]
↑7,07,1Jose R. Garabatos-Perera, Benjamin H. Rotstein, and Alison Thompson (2007). "Comparison of Benzene, Nitrobenzene, and Dinitrobenzene 2-Arylsulfenylpyrroles".J. Org. Chem.72 (19): 7382–7385.PMID17705533.doi:10.1021/jo070493r.
↑Os grupos 2-sulfenil no substrato pirrol serven como un grupo activador e como grupo protector, que pode ser eliminado co catalizadorníquel Raney