![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1945![]() Ceuta, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 174 cm![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 10 de novembro de 1963![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1978 | Mundial de Fútbol Arxentina 1978 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1966 | Mundial de Fútbol Inglaterra 1966![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() |
José Martínez Sánchez, máis coñecido comoPirri, nado enCeuta o11 de marzo de1945, é unexfutbolistaespañol, histórico xogador doReal Madrid.[1] Destacadocentrocampista que xogaba tamén como líbero, desenvolveu case toda a súa carreira no equipo madrileño, no que militou durante 16 tempadas, sendo o décimo futbolista con máis partidos (561) e o noveno con máis goles (172) da historia do club.[1] Gañou aCopa de Europa na tempada 1965/66 e un total de 10 ligas, cifra só superada porPaco Gento.
Foi internacional coaselección española en 41 ocasións, marcando 16 goles, e participou con ela en dousMundiais (1966 e1978).
Doutorado enmedicina, formou parte do persoal médico do Real Madrid nos anos 80 e 90,[2] pasando a ser posteriormente secretario técnico e brevemente director deportivo.
Comezou a xogar ao fútbol no Riffien, na SD Ceuta e noClub Atlético de Ceuta.[1] Aos 18 anos trasladouse aGranada para comezar os seus estudos deMedicina e ingresou noGranada CF, co que debutou naSegunda División nun partido ante oLas Palmas no que marcou un gol. A pesar de non debutar ata a xornada 8, acabou a tempada como un dos máximos goleadores do campionato, con 12 tantos.
No verán de 1964 incorporouse aoReal Madrid, co que debutou aos 19 anos nun partido contra oBarcelona, saíndo de titular no lugar do sancionadoFerenc Puskás.[3] Continuou como titular durante o resto da tempada e marcou o seu primeiro gol coa camiseta branca no seu cuarto partido, superando ao gardameta doDeportivo da Coruña,Benegas.
Militou no club branco durante 16 tempadas, ata 1980, destacando pola súa entrega e sacrificio. En 1968 disputou a final daCopa do Xeneralísimo afectado defebre tifoide e durante o partido fracturou unhaclavícula. Con todo, mantívose no campo ata o final do partido, motivo polo que foi condecorado porSantiago Bernabéu coa Laureada, máximo galardón outorgado polo club e do que foi o primeiro receptor.[4] En 1971 disputou a final daRecopa de Europa contra oChelsea de novo cunha fractura de clavícula.
Gañou un total de 10 ligas co Real Madrid, cifra só superada no fútbol español polo seu compañeiroPaco Gento. En 1966 marcou o único gol no partido de ida das semifinais daCopa de Europa contra oInter de Milán deHelenio Herrera, que co empate 1-1 da volta serviu para clasificar o equipo español para a final continental. Pirri foi titular na final ante oPartizan de Belgrado noEstadio Heysel deBruxelas, na que o Real Madrid conseguiu a súa sexta Copa de Europa.[5]
Sumou un total de 561 partidos e 172 goles co Real Madrid, sendo no momento da súa marcha o segundo futbolista con máis partidos e o cuarto máximo goleador histórico do club.
En 1980 cruzou oocéano Atlántico recalando enMéxico, onde xogou dúas tempadas noPuebla antes de poñer fin á súa carreira noOaxtepec, tendo en ambos equipos como compañeiro aJuan Manuel Asensi.[6][7][8][9]
Foi 41 veces internacional coaselección española desde o seu debut noMundial de 1966 ante aselección arxentina enBirmingham, partido no que marcou o seu primeiro gol.[10] Participou tamén noMundial de 1978 e marcou un total de 16 goles internacionais durante a súa carreira.[11]
De volta enMadrid e tras recoñecementos e homenaxes á súa traxectoria deportiva, traballou no persoal médico doReal Madrid, xa como doutorado, durante 13 anos. En 1996 foi nomeado secretario técnico do club,[12] e no ano 2000, brevemente, director deportivo ata a chegada á presidencia deFlorentino Pérez.[13] No ano 2002 foi anunciado como novo director deportivo noCórdoba CF,[14] pero acabou renunciando pouco despois.[15][16]
Casou en 1969 coa actrizSonia Bruno. O seu fillo Daniel Martínez Oyamburu, máis coñecido como Dani Pirri, foi tamén fisioterapeuta doReal Madrid.