Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Piratería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Suxeriuse que"Historia da pirataría" sexafusionado con este artigo ou apartado (conversa).
Para realizar a fusión dos artigos sigueestes pasos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Pirataría (homónimos).
Piratería
Imaxe da bandeira
Imaxe
(2008)
 Instancia de
 Subclase de
 Aspecto de
 Historia
Implicados
 Practicado por
Identificadores
Freebase/m/0ddctEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Jolly Roger deCalico Jack Rackham, tida como representación clásica e simbólica da piratería.

Apiratería oupirataría é unha práctica que consiste en que unhaembarcación ataca a outra co propósito de roubarlle a carga, esixir rescate polos pasaxeiros, convertelos enescravos e moitas veces apoderarse da nave. A súa definición segundo odereito internacional pode atoparse no artigo 101 daConvención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar. A pirataría refírese tamén, desde mediados doséculo XX a un tipo de accións realizadas enavións que buscan reter pola forza tripulacións e pasaxeiros, así como as propias aeronaves. Outros autores, como Wolfram zu Mondfeld, consideran tamén pirataría os ataques privados realizados desde o mar contra buques e posicións en terra para roubar ou conquistar.

Xunto coa actividade dos piratas que roubaban pola súa conta pola cobiza, oscorsarios eran mariñeiros contratados para traballar en naves privadas conpatente de corso, que atacaban embarcacións dun país inimigo. A distinción entre pirata e corsario é necesariamente parcial, pois corsarios comoFrancis Drake ou a frotafrancesa no desembarque da Baía das Mós foron considerados piratas polas autoridades españolas, ao entenderen estas que non existía unha guerra declarada entre as súas nacións. Dispor dunha patente de corso ofrecía certas garantías de ser tratado como soldado doutro exército e non coma un ladrón e asasino, se ben ao mesmo tempo carrexaba certas obrigacións. Os termosfilibusteiro ebucaneiro, máis específicos, están relacionados coa piratería nomar Caribe.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A vozpirata vén do grego πειρατής (peiratés), que á súa vez vén do verbo πειράω (peiráo), que significa «esforzarse», «tratar de», «intentar a fortuna nas aventuras».

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia da pirataría.

A piratería, como forma de delincuencia, foi unha constante na historia dende a Antigüidade ata os nosos días. Coñecida por referencias entre os gregos, converteuse nun problema de estado enRoma, cando os piratascilicios ameazaban as rotas comerciais e a subministración noMediterráneo. Unha expedición de Pompeio, que foi investido como máxima autoridade marítima con poderes especiais, acabou con esa ameaza noséculo I a. C.

Pistolas na exposición"Piratas, os ladróns do mar".

Na derradeira etapa do Imperio Romano as rutas comerciais comezaron a sufrir ataques dos pobos xermánicos, entre eles os dosHérulos, que foron avistados nas costas galegas segundoHidacio no século V.Coa caída doImperio Romano a maior ameaza pirata en Occidente representárona osviquingos. Estes mantiveron durante máis de douscentos anos unha política de ataque a todas as costas da fachada atlántica europea, avanzando amplamente cara ao interior. Foron os viquingos os primeiros piratas que lanzaron ataques coñecidos contra as cidades daGalicia medieval (ano840).

O peso e dinamismo económicoárabe motivou a recuperación da pirataría no Mediterráneo, cos piratasbérberes eotománs, contra os queEspaña librou abatalla de Lepanto. Ademais, a piratería comezou neste tempo a estar indisolublemente asociada cotráfico de escravos, que os árabes do norte de África comezaban a realizar cos reinos subsaharianos.

Pero o contacto de Europa con América e a creación de numerosas rotas comerciais no Atlántico estimularon a aparición da época máis brillante da piratería. Os piratas, ben pola súa conta (bucaneiros), ben seguindo as ordes dun monarca e protexido por el (corsario) atacaron as frotas española e portuguesa, que posuían a maior parte do negocio americano. OCaribe e as súas illas, moitas delas baixo goberno francés ou inglés, foron porto seguro para estes piratas, que tamén importaron escravos e estimularon o comercio na área favorecendo o contrabando e permitíndolles aos produtores escapar do prezo único que fixaba aCasa da Contratación.

A pirataría comeza a diminuír noséculo XVII cando os estados desenvolven armadas estábeis e adestradas e non necesitan máis do smercenarios. Porén, durante todo o oXVIII e boa parte doXIX, o proceso de independencias americanas estimulou a acción dos piratas que, ou ben aproveitaban a fraqueza das metrópoles europeas, ou ben participaban das estratexias expansionistas das novas nacións americanas, como foi o caso dosEstados Unidos. Desta época é o pirata galego máis famoso,Benito Soto.

Na actualidade, a piratería marítima está restrinxida a unhas poucas áreas subdesenvolvidas, fundamentalmente nas costas deSomalia e noÍndico, entreIndonesia eMalaisia.

Literatura e piratería

[editar |editar a fonte]

A presenza da pirataría é un tema común e recorrente na literatura, en particular a partir doRomanticismo. Algúns exemplos:

Piratas de sona

[editar |editar a fonte]

Reais

[editar |editar a fonte]
Imaxe cómica dun pirata

De ficción

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Piratería&oldid=7045985»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp