Gravado dos templos de Karnak mostrando os seus pilonos
Opilono é unha construción con forma de pirámide truncada, de grosos muros, que erixidos por pares, flanquean a entrada principal dos templos doantigo Exipto; no espazo deixado entre ambos atópase a porta de acceso.
Segundo a súa magnitude e importancia poden ir precedidos dundromos, ou paseo deesfinxes, dousobeliscos,estatuas e estandartes. Tras eles xeralmente atópase un gran patio descuberto, ás veces porticado en varios dos seus lados. Aínda que son construcións macizas, adoitan albergar pasaxes e escaleiras para o seu mantemento. Están rematados por unhagola na súa coroación. Os seus paramentos decorábanse conbaixorrelevos policromados que narraban fazañas dosfaraóns.
Os máis monumentais e de maiores dimensións atópanse enKarnak, erixidos a partir doImperio Novo.