Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pilocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPilocha
Biografía
Nacemento29 de xullo de 1957Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Vigo, EspañaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de CompostelaEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupacióncantanteEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1978Editar o valor en Wikidata -
Membro de
InstrumentoVozEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio CañadaEditar o valor en Wikidata

Pilar Martínez Conde,"Pilocha",[1] nada enVigo o29 de xullo de1957, é unha cantantegalega.[2][3]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Estudou Psicoloxía naUniversidade de Santiago de Compostela. Traballou como profesora nunha escola de música en Lugo.[4]

Comezou a cantar formando parte de grupos comoDe catro a catro eRoi Xordo, e tamén doMovemento Popular da Canción Galega. Foi contralto do Grupo Universitario de Cámara de Compostela, co que gravou o primeiro disco da formación, cantando as cantigas deMartín Códax eAfonso X.[2]

No ano2000 gravou con Milladoiro a canción da Marcha Mundial de Mulleres que representa a Galicia, cun texto deCarmen Blanco.[5] En2006 formou grupo conXavier Constenla,Quique Alvarado eMiguel Cabana, cos que fixo unha xira polaArxentina e oUruguai convidados polaConsellería de Cultura da Xunta.

En2007, colaborou coa súa voz no espectáculo poético musicalMemoria do 36 da compañíaTeatro do Atlántico, con música de Xavier Constenla, narración deXosé Luís Bernal, baixo a dirección de Xulio Lago.[6] Coa mesma compañía fixo de asesora musical e auxiliar de dirección enA bombilla máxica deWoody Allen.[7]

En2010 fixo recitais con poético-musicais conMaría Barcala, recitais poético-musicais polos Institutos de ensino secundario de Galiza.[8]

Presentou e dirixiu na Televisión local deLugo un programa mensual consistente nunha tertulia de mulleres que levaba por títuloFeminino Plural e que permaneceu en antena varios anos.[2]

En2016 preparou unhazarzuela en galegoUnha lúa para Belido. O libreto é orixinal de Ramón Area (novelista), a música de Vadim Yukhnévich (Banda Crebinsky), os textos da propia Pilocha e a dirección de escena de María Barcala.[4][9]

En2022 aDeputación da Coruña informou do nacemento do cicloPioneirxs da música galega, unha serie de concertos nos que se interpretan álbums que "marcaron a historia recente da música galega e en galego". O concerto inaugural é a cargo de Pilocha.[10]

Traballos

[editar |editar a fonte]

Premios

[editar |editar a fonte]
  • 1999:Calamidá sentimental foi premiado como mellor traballo melódico nos Premios Luar da TVG.
  • Premio da Música2007 doOrfeón Lucense.[14]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "p".www.ogalego.eu. Consultado o2022-01-28. 
  2. 2,02,12,2"Pilar Martínez Conde Galegos".galegos.galiciadigital.com. Consultado o2022-01-28. 
  3. "Pilocha".www.gzmusica.com. Arquivado dendeo orixinal o 28 de xaneiro de 2022. Consultado o2022-01-28. 
  4. 4,04,1Diario, Nós."Pilocha regresa cunha zarzuela en galego".Nós Diario. Consultado o2022-01-28. 
  5. "Feminismo Galego".www.feminismo.info. Consultado o2022-01-28. 
  6. "Teatro do Atlántico presenta «Memoria do 36»".La Voz de Galicia. 2007-05-02. Consultado o2022-01-28. 
  7. "Teatro do Atlántico representa "A bombilla máxica" de Woody Allen o venres no Teatro Municipal Concello de Tui".tui.gal. Consultado o2022-01-28. 
  8. "Teatro do Atlántico presenta «Memoria do 36»".La Voz de Galicia. 2007-05-02. Consultado o2022-01-28. 
  9. Galiciae."Tags Unha lúa para Belido".Galiciae. Consultado o2022-01-28. 
  10. Diario, Nós."Pilocha e Casabella darán inicio ao ciclo ‘Pioneirxs da música galega’ na Coruña".Nós Diario. Consultado o2022-01-28. 
  11. culturagalega.org (2004-06-30)."Música pícara".culturagalega.org. Consultado o2022-01-28. 
  12. Losada, Óscar (2007-01-15)."`O Quiquiriquí´, un álbum no que se recollen diferentes cantos de Nadal".La Opinión de A Coruña. Consultado o2022-01-28. 
  13. "O Instituto de Estudos Miñoranos publica unha homenaxe artística a nove represaliados en 1936".La Voz de Galicia. 2008-04-05. Consultado o2022-01-28. 
  14. "Premios da Música 2007 do Orfeón Lucense.". Arquivado dendeo orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 20 de marzo de 2010. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pilocha&oldid=6713700»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp