Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pierre Trudeau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre Trudeau

(1975)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Joseph Philippe Pierre Yves Elliott TrudeauEditar o valor en Wikidata
18 de outubro de 1919Editar o valor en Wikidata
Montreal, CanadáEditar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 2000Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Montreal, CanadáEditar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de próstata
doenzaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSt-Rémi-de-Napierville Cemetery(en)Traducir
Saint-Rémi(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Primeiro ministro do Canadá
3 de marzo de 1980 – 30 de xuño de 1984
← Joe Clark(pt)TraducirJohn Napier Turner →
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
18 de febreiro de 1980 – 3 de setembro de 1984 (disolución do parlamento)
Lexislatura:32nd Canadian Parliament(en)Traducir

Circunscrición electoral:Mount Royal(en)Traducir

Líder da oposição da Câmara dos Comuns do Canadá(pt)Traducir
4 de xuño de 1979 – 3 de marzo de 1980
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
22 de maio de 1979 – 17 de febreiro de 1980 (disolución do parlamento)
Lexislatura:31st Canadian Parliament(en)Traducir

Circunscrición electoral:Mount Royal(en)Traducir

Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
8 de xullo de 1974 – 21 de maio de 1979 (disolución do parlamento)
Lexislatura:30th Canadian Parliament(en)Traducir

Circunscrición electoral:Mount Royal(en)Traducir

Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
30 de outubro de 1972 – 7 de xullo de 1974 (disolución do parlamento)
Lexislatura:29th Canadian Parliament(en)Traducir

Circunscrición electoral:Mount Royal(en)Traducir

Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
25 de xuño de 1968 – 29 de outubro de 1972 (disolución do parlamento)
Lexislatura:28th Canadian Parliament(en)Traducir

Circunscrición electoral:Mount Royal(en)Traducir

15ºPrimeiro ministro do Canadá
20 de abril de 1968 – 4 de xuño de 1979
← Lester Bowles PearsonJoe Clark(pt)Traducir →
Leader of the Liberal Party of Canada(en)Traducir
6 de abril de 1968 – 16 de xuño de 1984 (xubilación)
← Lester Bowles PearsonJohn Napier Turner →
President of the King's Privy Council for Canada(en)Traducir
11 de marzo de 1968 – 1 de maio de 1968
← Walter L. Gordon(en)TraducirAllan MacEachen(en)Traducir →
Minister of Justice and Attorney General of Canada(en)Traducir
4 de abril de 1967 – 5 de xullo de 1968
← Louis-Joseph-Lucien Cardin
Membro da Cámara dos Comúns do Canadá
8 de novembro de 1965 – 24 de xuño de 1968 (disolución do parlamento)
Lexislatura:27th Canadian Parliament(en)Traducir

Circunscrición electoral:Mount Royal(en)Traducir

Datos persoais
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónFaculté de droit de l'Université de Montréal(en)Traducir
Instituto de Estudos Políticos de París
Escola de Goberno John F. Kennedy
London School of Economics
Collège Jean-de-Brébeuf(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura1,72 mEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoOttawaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, memorialista, xurista, mestre, profesor de dereito, autor de diarios, xornalista, xuíz, avogado, escritorEditar o valor en Wikidata
EmpregadorCité Libre(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal do CanadáEditar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarofficer cadet(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaTrudeau family(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
CónxuxeMargaret Trudeau(1971–1984),divorcioEditar o valor en Wikidata
FillosJustin Trudeau, Alexandre Trudeau, Michel Trudeau, Sarah CoyneEditar o valor en Wikidata
PaisCharles TrudeauEditar o valor en Wikidata  e Grace ElliottEditar o valor en Wikidata
IrmánsCharles Elliott TrudeauEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0874047Enciclopedia Galega Universal: 194893BNE: XX1002195WikiTree: Trudeau-148Find a Grave: 12792Editar o valor en Wikidata

Joseph Philippe Pierre Yves Elliott Trudeau, nado enMontreal o18 de outubro de1919 e finado na mesma cidade o28 de setembro de2000), foi un político canadense, 15.°primeiro ministro doCanadá. Exerceu o cargo entre 1968 e 1979, foi reelixido en 1980 e en 1984 renunciou ao cargo.

Trudeau liderou a idea dun estado unido por un Goberno central forte cofrancés e oinglés comolinguas oficiais. Está considerado como o fundador do Canadá moderno que asumiu ofederalismo, obilingüismo e omulticulturalismo como sinais de identidade.[1] Mesmo os seus adversarios políticos recoñeceron unha fonda admiración pola súa figura.[2] Comoescritor publicou o seu primeiro libro en 1956. Foi despedido nun multitudinario funeral ao que asistiron persoeiros de relevancia mundial. OAeropuerto Internacional de Montreal foi bautizado co seu nome o 1 de xaneiro de 2004.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Trudeau naceu en Montreal no seo dunha familia adiñeirada, de nai escocesa (Grace Elliott) e pai francés (Charles-Émile Trudeau). Educouse nalgunhas das escolas máis prestixiosas do mundo, incluíndo auniversidade Harvard.[2]

Carreira política

[editar |editar a fonte]

Ao rematar os seus estudos percorreuEuropa durante varios anos. Regresou ao Canadá en 1943 e comezou a traballar comoavogado. Tamén regresou áUniversidade do Quebec como profesor adxunto, mentres establecía os seus primeiros contactos políticos como funcionario na Secretaría do Gabinete deOttawa, converténdose no principal asesor en cuestións dedereito laboral eliberdades civís.

En 1961 foi nomeado catedrático adxunto da facultade de dereiro da universidade de Montreal en que estivo ata 1965. Ese mesmo ano presentouse ás eleccións parlamentarias polo Partido Liberal e foi elixido deputado por primeira vez. Un ano máis tarde foi nomeado secretario parlamentario do primeiro ministroLester Pearson, posto que desempeñou ata abril de 1967 cando foi nomeado ministro de Xustiza e procurador xeral do Canadá, cargos que desempeñou ata 1968. Na súa etapa como ministro de Xustiza practicou reformas liberais en asuntos como oaborto e ahomosexualidade.[2]

En 1968 gañou as eleccións e foi nomeado primeiro ministro sucedendo aLester Pearson. Durante este mandato destacaron entre outras medidas o decreto deestado de guerra ante diversos actos deterrorismo, entre os que se incluíu o asasinato do ministro de traballoPierre Laporte.

En 1972 estableceu un goberno minoritario que o reelixiu como primeiro ministro. Durante este período tivo o apoio dos socialdemócratas doNDP. Aínda que o 9 de maio de 1974 perdeu unha moción de censura, o 8 de xuño do mesmo ano foi reelixido con maioría absoluta nas eleccións lexislativas. En 1976 visitouCuba nunha visita en que levou a súa familia. Foi o primeiro xefe de estado dun país membro daOTAN que o fixo e estableceu unha forte amizade conFidel Castro, que acudiu ao funeral de Trudeau, onde saudou a toda a familia. Non obstante, en 1978 decretou o embargo a Cuba que se mantivo ata o verán de 1993, ao ter coñecemento da presenza militar enAngola.

En 1979 foi derrotado polos conservadores deJoe Clark, converténdose no líder da oposición. O novo goberno durou oito meses e Trudeau foi reelixido por cuarta vez o 18 de febreiro de 1980. Ese mesmo ano, cunha apaixonada campaña en contra do separatismo, conseguiu que nun referendo formulado no Quebec sobre a cuestión, a proposta fose derrotada por un 60 % dos votos.[2]

En 1982 promoveu a sinatura da nova constitución. Durante este mandato a súa popularidade tocou fondo, chegado ao 23 %, a máis baixa para un primeiro ministro canadense dende asegunda guerra mundial. Isto fíxoo dimitir do seu partido e despois, en 1984, do seu cargo.

Últimos anos

[editar |editar a fonte]

Trudeau foi membro do Consello de Interacción, grupo de ex-gobernantes de diversos países formado co propósito de analizar os problemas económicos, estratéxicos e ecolóxicos mundiais. Así mesmo foi membro do Consello de xefes de Goberno Libremente Elixidos, entre os que tamén estaba o expresidente estadounidenseJimmy Carter.

Manifestouse ante distintos comicios canadenses e fixo unha campaña en contra do referendo sobre a secesión do Quebec en outubro de 1992, alegando que provocaría un caos que levaría á desintegración do país. En 1993 tamén se manifestou en contra do acabado de crearBloc québécois, sostendo que o seu ascenso ao poder sería unha ameaza para o Canadá.

Vida persoal

[editar |editar a fonte]

Trudeau casou o 4 de marzo de 1971 conMargaret Sinclair nunha cerimonia secreta no norte de Vancouver. Coñecéranse enTahití cando ela tiña vinte anos, vinte e nove menos ca el. Formaron unha parella con grande impacto social ata a súa separación en 1977. Tiveron tres fillos e divorciáronse oficialmente en 1984.[3]

En 1998 faleceu o seu fillo máis novo, Michel, con vinte e tres anos nunhaavalancha mentres practicabaalpinismo. O seu fillo máis vello,Justin, seguiu os seus pasos na política, converténdose en primeiro ministro do Canadá en 2015.[1] O seu fillo mediano,Alexandre, é cineasta e xornalista.[4]

Despois do divorcio en 1984, Trudeau converteuse no primeiro xefe de goberno canadense pai solteiro. Mantivo unha relación romántica coa actriz canadenseMargot Kidder, nos últimos meses do seu exercicio[5] e despois de deixar o cargo.[6]

En 1991, foi pai de novo, conDeborah Margaret Ryland Coyne, da súa única filla, Sarah.[7]

Legado

[editar |editar a fonte]

Probablemente pode ser cualificado como o primeiro ministro máis popular e polémico nahistoria do Canadá. Unha vez no cargo fíxose responsable do establecemento como oficiais das linguas francesa e inglesa, creou a lexislación daCarta Canadense dos Dereitos e as Liberdades, que establece aigualdade de dereitos e implica que todos os cidadáns teñen "dereito á protección e beneficio da lei sen discriminación ningunha por orixe, cor, raza, sexo, idade ou discapacidade mental ou física". Esta carta inclúe aliberdade de expresión e deprensa.

O documento establece na sección 27 que "esta Carta deberá interpretarse dunha maneira consistente coa preservación e mellora do patrimonio multicultural dos canadenses".

Tamén tivo que ver na repatriación dende Inglaterra da Constitución de 1867,British North America Act, terminando deste xeito cun dos últimos lazos coloniais. Estableceu ademais aconstitución do Canadá de 1982.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1"La ‘trudeaumanía’ resurge en Canadá".El País. 18 de outubro de 2015. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  2. 2,02,12,22,3"Fallece el ex primer ministro de Canadá Pierre-Elliot Trudeau".El País. 20 de setembro de 2000. Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  3. Reilly, Sarah."History Spotlight: Pierre and Margaret Trudeau".Canada's History(eninglés). Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  4. "Alexandre Trudeau Documentary Filmmaker"(eninglés). Consultado o 18 de outubro de 2015. 
  5. Carl Mollins (29 de abril de 1983)."Dating Superman's girl Trudeau's major impact".Ottawa Citizen. Canadian Press. Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  6. "Trudeau steals the spotlight at Montreal film premiere".Ottawa Citizen. CP. 3 de agosto de 1984. Consultado o 1 de febreiro de 2013. 
  7. Popplewell, Brett (24 de novembro de 2010)."Pierre Trudeau's daughter, Sarah, lives under the radar".The Toronto Star (Toronto). Consultado o 6 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Pierre TrudeauModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pierre_Trudeau&oldid=7249149»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp