Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pierre Loti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre Loti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr)Louis Marie Julien ViaudEditar o valor en Wikidata
14 de xaneiro de 1850Editar o valor en Wikidata
Rochefort, FranciaEditar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1923Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Hendaia, FranciaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMaison des aïeules de Pierre Loti(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
14ºCadeira 13 da Academia Francesa(pt)Traducir
21 de maio de 1891 – 10 de xuño de 1923
← Octave FeuilletAlbert Besnard(pt)Traducir →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónLycée Henri-IV
École Navale(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, autor de diarios, xornalista, escritor de viaxes, ensaísta, oficial da armada, novelista, fotógrafoEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1875Editar o valor en Wikidata - 1923Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLe Figaro(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Membro de
Pseudónimo literarioPierre LotiEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcapitaine de vaisseau(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundialEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeOkané-San
Jeanne-Amélie-Blanche Franc de FerrièreEditar o valor en Wikidata
ParellaJuana Josefa Cruz GainzaEditar o valor en Wikidata
FillosSamuel Viaud
 ()Jeanne-Amélie-Blanche Franc de FerrièreEditar o valor en Wikidata
PaiThéodore ViaudEditar o valor en Wikidata
IrmánsGustave Viaud
Marie BonEditar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm0521464IBDB: 8176
BNE: XX982274Dialnet: 308966IMSLP: Category:Loti,_PierreFind a Grave: 17711966Editar o valor en Wikidata
Edición de 1900 co nome Julien Viaud e o alcume Pierre Loti.

Louis Marie Julien Viaud, nado enRochefort (Charente Marítimo) o14 de xaneiro de1850 e finado enHendaye o10 de xuño de1923, foi un militar e escritor francés, máis coñecido comoPierre Loti.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Julien Viaud foi o terceiro neno dunha familia deprotestantes deRochefort. Durante o verán 1863 escríbelle ao seu irmán Gustave, médico da mariña, a súa determinación de ser oficial na mariña. En outubro de 1867, entra na escola naval deBrest.

Ao final do ano1869, a bordo doJean-Bart, descobreAlxer eAmérica do Sur. En1870, ano do falecemento do seu pai, embarca sobre unha corveta da mariña, oDecrès e participa naguerra contra Alemaña. Serve igualmente sobre oVaudreuil para unha campaña en América do Sur.

Ao final do ano1871, embarca enValparaíso sobre o buque insignia oFlora cara aTahití. Descobre ailla de Pascua, cando oFlora fai escala, e desembarca en Tahití. A raíña Pomaré dálle o alcume deLoti, do nome dunha flor tropical. A obriga de reserva polo feito da súa calidade de oficial da mariña, non lle permite coller o nome nise momento, agarda o ano 1876 para collelo como nome de pluma. Durante a súa estanza, escribeLe Mariage de Loti. Esta obra constitúe olibreto daópera de xuventude deReynaldo Hahn (1874/1947) baixo o título deL'Île du rêve creado en1898 á Opéra-Comique enParís.

Pierre Loti, gran parte da súa obra é autobiográfica, inspirouse das súas viaxes de mariño para escribir as súas novelas, por exemplo aTahití paraLe Mariage de Loti (Rarahu) (1882), aSenegal paraLe Roman d’un spahi (1881) ou aoXapón para aMadame Chrysanthème (1887). Gardou toda a súa vida unha atracción considerable porTurquía, onde o fascinaba a atención que se dá a sensualidade, en particular á sensualidade feminina: ilústrao sobre todo enAziyadé (1879), e na súa continuaciónFantôme d’Orient (1892). Explotou igualmente o exotismo rexional nalgunhas das súas obras máis coñecidas, como o daBretaña enMon frère Yves (1883) ouPêcheur d'Islande (1886), e doPaís Vasco enRamuntcho (1897).

Foi enterrado na illa de Oléron despois de funerais nacionais. A súa casa en Rochefort a día de hoxe é unmuseo.

Obra

[editar |editar a fonte]
  • Aziyadé (1879)
  • Rarahu (1880)
  • Le Roman d'un spahi (1881)
  • Le Mariage de Loti (Rarahu). Fleurs d'ennui. Pasquala Ivanovitch (1882)
  • Trois journées de guerre en Annam (1883)
  • Mon frère Yves[1] (1883)
  • Les Trois Dames de la Kasbah (1884)
  • Pescador de Islandia (Pêcheur d'Islande, 1886), traducido por Xavier Senín, Hugin e Munin
  • Madame Chrysanthème,Propos d'exil (1887)
  • Japoneries d'automne (1889)
  • Au Maroc,Le Roman d'un enfant (1890)
  • Le Livre de la pitié et de la mort (1891)
  • Fantôme d’Orient, continución deAziyadé (1892)
  • L'Exilée,Le Matelot (1893)
  • Le Désert. Jérusalem,La Galilée (1894)
  • Ramuntcho,Figures et choses qui passaient (1897)
  • Judith Renaudin (1898)
  • Reflets de la sombre route (1899)
  • Les Derniers Jours de Pékin (1902)
  • L'Inde sans les Anglais (1903)
  • Vers Ispahan (1904)
  • O rei Lear, tradución ao francés da obra deWilliam Shakespeare canda aÉmile Vedel (1904)
  • La Troisième Jeunesse de Madame Prune (1905)
  • Les Désenchantées (1906)
  • Vies de deux chattes (1907)
  • La Mort de Philæ (1909)
  • Le Château de la Belle au Bois dormant (1910)
  • Un Pèlerin d'Angkor (1912)
  • La Turquie agonisante (1913)
  • La Hyène enragée (1916)
  • Quelques aspects du vertige mondial (1917)
  • L'Horreur allemande,Les Massacres d'Arménie (1918)
  • La Mort de notre chère France en Orient (1920)
  • Suprêmes visions d'Orient (1921)
  • Un jeune officier pauvre (1923)
  • Lettres àJuliette Adam (1924)
  • Journal intime, 1878-1881 (1925, primeiroa parte)
  • Journal intime, 1882-1885 (1929, segunda parte)
  • Correspondance inédite 1865-1904 (1929)
  • Un pèlerin d'Angkor (1930) Ilustracións de F. de Marliave e Henri Cyral

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. A acción desenvólvese en Bretaña
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Pierre LotiModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pierre_Loti&oldid=6999792»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp