Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pierogi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pierogi
Gastronomía de UcraínaEditar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Nome orixinal
Pierogi (pl)
Pirohy (sk)Editar o valor en Wikidata
Características
 Ingredientes
Localización
 País de orixe
Identificadores
TasteAtlaspierogiEditar o valor en Wikidata
Freebase/m/028ph1Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons
Un prato deRússkie pirozhkí.

Ospierogi (outras posíbeis denominacións:perogi,perogy,piroghi, oupyrohy), en Rusia coñecido comapirozhkí ouvaréniki, é un dos pratos máis típicos da Europa do leste, principalmente da cociña polonesa, ucraína e rusa.Pierogi é a denominación en plural deste prato (enpolacopieróg). A verba provén da forma do eslavo arcaico "pir" (festividade).

Consiste enpasta rechea de diferentes tipos e variedades de vexetais (posúe algunha similitude cosravioli).

Orixe

[editar |editar a fonte]

Ospierogi seica teñen a súa orixe nos países daEuropa central eoriental; son moitos os países desta área que claman pola orixinalidade da súa invención, comoPolonia,Rusia,Lituania,Ucraína,Eslovaquia, eRepública Checa. Téñense atopado semellanzas con algúns pratos orientais coma osjiaozi, dando lugar á especulación (ben fundada ou non) de que foran as invasiónsmongois etártaras as que levaron esta receita aoleste de Europa.

Pierogi en elaboración.

Características

[editar |editar a fonte]

Pierogi son un tipo depasta con forma semicircular que adoitan estar recheos dequeixo,puré de patacas,repolo,cebolas,carne,ovo cocido (este elemento é máis específico dosMenonitas), ou calquera combinación deles, podendo levar incluso un recheo defroita. Adóitanse fritir ou cocer até flotaren na tona da auga e posteriormente úntanse conmanteiga ouaceite; as alternativas inclúen a tradición menonita de cociñar e servir cunborsch (caldo), e a polonesa de cocer e posteriormente fritir enmanteiga.

En Rusia sérvense cunha boa cantidade desmetana, e acompáñase con anacos detouciño entrefebrado ou cebolas fritidas. Os máis populares recheos son de queixo, puré de patacas e cebolas. Cando son de forma redonda e recheos de carne denomínansepelmeni (пельмени) e son orixinarios deAsia, son moi populares ao longo de todaRusia, así coma nalgunhas outras exrepúblicassoviéticas.

É doado atoparpirozhkí, pelmeni evaréniki en calquera parte de Rusia, así coma nos países onde existan comunidades destas nacionalidades.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PierogiModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pierogi&oldid=7308389»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp