Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Picus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Picus

Femia dopeto verdeal europeo (Picus viridis)
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
Reino:Animalia
Filo:Chordata
Clase:Aves
Orde:Piciformes
Familia:Picidae
Xénero:Picus
Linnaeus,1758
Especie tipo
Picus viridis
Linnaeus, 1758
Especies

ver lista

Sinonimia

Gecinus[1]

Picus é un xénero deaves na familia dospícidos, xeralmente chamados petos verdeais. Ten representantes enEuropa,Asia enorte de África. O nome do xénero procede da palabralatina para "peto". O xéneroPicus foi creado polo naturalista suecoCarl Linné en 1758 nadécima edición da súa obraSystema Naturae.

Son petos de tamaño grande, característicamente coas partes superiores de cor verde. Viven en bosques espesos ou máis abertos, e poñen ovos brancos nun burato nunha árbore, normalmente sobre unha camada de estelas de madeira. Os petos do xéneroPicus comen principalmenteinsectos, con varias especies especializadas en comerformigas outérmites. Algunhas especies aliméntanse tamén defroitos ouovos. Os insectos son capturados sacando rapidamente a súa lingua longa e de punta con saliva pegañenta que teñen. Este xénero é menos completamente arbóreo que outros pícidos, e os seus membros tamén se poden alimentar no chan, atacando formigueiros ou termiteiros.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

O xéneroPicus foi creado en 1758 porCarl Linné na10ª edición de Systema Naturae.[2] O nome do xénero é a palabra latina para peto.Pico (Picus) era tamén unha figura damitoloxía romana, o primeiro rei doLacio que foi convertido en peto pola feiticeiraCirce.[3] Das 13 especies deste xénero listadas por Linné, despois o naturalista inglésWilliam John Swainson designou comoespecie tipo opeto verdeal europeo (Picus viridis).[4]

Oxénero comprende 14especies:[5]

ImaxeNome comúnNome científicoDistribución
Picus chlorolophusIndia,Bután,Nepal,Bangladesh eSri Lanka e cara ao leste enTailandia,Myanmar,Camboxa,Laos,Indonesia,Malaisia eVietnam.
Picus puniceusBrunei, Indonesia, Malaisia, Myanmar,Singapur e Tailandia.
Picus viridanusdo sueste de Bangladesh ao centro dapenínsula de Malaca.
Picus vittatusCamboxa,China, Indonesia,Laos, Malaisia, Myanmar, Singapur, Tailandia e Vietnam.
Picus xanthopygaeussubcontinente indio esueste asiático
Picus squamatusAfganistán,Irán, India, Nepal,Paquistán eTurcomenistán.
Picus awokeraXapón.
Peto verdeal europeoPicus viridisEuropa ao sur desde o sur da antigaIugoslavia,Bulgaria,Asia Menor, norte de Irán e suroeste de Turcomenistán.
Peto verdeal ibéricoPicus sharpeiEuropa.
Peto mouriscoPicus vaillantiiMarrocos,Alxeria eTunisia no noroeste de África
Picus rabieriCamboxa, China, Laos, e Vietnam.
Picus erythropygiusCamboxa, Laos, Myanmar, Tailandia e Vietnam.
Picus canusEuropa central, setentrional e oriental, e un amplo cinto ao sur do bosque boreal de coníferas a través de Asia e ata a costa do Pacífico,Sakhalin eHokkaido.
Picus dedemiIndonesia

Antigas especies

[editar |editar a fonte]

As seguintes son especies que antes estaban clasificadas dentro do xéneroPicus, pero que agora están no xéneroChrysophlegma.

Un peto extinguido describiuse a partir dunfósil duntarsometatarso esquerdo que data doMioceno trdío. Pode pertencer a este xénero e recibiu o nome binomial dePicus peregrinabundus.[6]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Por exemplo:John GouldThe Birds of Great Britain (vol. 3 (1873), Plate 74) para opeto verdeal europeo:Gecinus viridis. Ver tamén:peto verdeal ibérico, denominado orixinalmenteGecinus sharpei.
  2. Linnaeus, Carl (1758).Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis(en latín)1 (10ª ed.). Holmiae (Estocolmo): Laurentii Salvii. p. 112. 
  3. Jobling, James A. (2010).The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. p. 306.ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  4. Swainson, William John (1820).Zoological illustrations, or, Original figures and descriptions of new, rare, or interesting animals1. Londres: Baldwin, Cradock, and Joy; and W. Wood. Texto da placa 4. 
  5. Gill, Frank; Donsker, David;Rasmussen, Pamela, eds. (agosto de 2022)."Woodpeckers".IOC World Bird List Version 12.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 25 de xaneiro de 2023. 
  6. Kessler, Jenő (Eugen) (2016)."Picidae in the European fossil, subfossil and recent bird faunas and their osteological characteristics".Ornis Hungarica24 (1): 96–114.doi:10.1515/orhu-2016-0006. 
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Picus&oldid=6927095»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp