Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pictos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atención!
Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
falta a bibliografía citada nas notas
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde xaneiro de 2022)
Pedra picta en Escocia, que representa unha aguia
A pedra de serpe deAberlemno, amosando (de arriba a abaixo), a serpe, o disco dobre, o símbolo en Z e o espello
Placa de prata deNorrie's Law,Fife, con disco dobre e o símbolo en Z

Pictos (latínpicti) é o nome que se lle dá aos antigoscaledonios que vivían na modernaEscocia. Foron un grupo de pobos celtas daIdade de Ferro británica e o baixo medievo que viviron no leste e no norte deEscocia.[1]Ammiano Marcelino preséntaos divididos en dúas tribos en tempos do emperadorFlavius Iulius Constante: osdicalidóns (dicalidonae) e osverturións (verturiones) e aliados cosattacoti (do gaélicoathach tuatha, que significa pobo ou xente que paga rendas, oposto a xente ceibe) e cosescotos. O seu nome significaba "pintado" e debíase ao costume dos caledonios de pintarse para o combate. Pictia ou Pictavia (Pictland en inglés) convértese noreino de Alba (Escocia) durante o século X, co que os pictos pasan a ser coñecidos comoAlbannach ou escoceses.

Hai unha asociación coa distribución xeográfica defíbulas, nomes de lugaresbritónicos epedras pictas. Os pictos son rexistrados desde antes daconquista romana de Britania ata o século X, momento no que se pensa que se mesturaron cosGaels. Vivían ó norte dos ríosForth eClyde, e falaban a extintalingua picta, a cal se pensa que estaba relacionada coaslinguas britónicas faladas polos pobos do sur. Asúmese que son os descendentes dos antigosCaledonii e outras tribos nomeadas polos historiadores romanos, atopados tamén nomapamundi deTolomeo. Pictia ou Pictavia, mesturouse gradualmente co reinogaélico deDál Riata para formar oReino de Alba (Escocia). Alba expandiuse, absorbendo os reinos deStrathclyde eLothian, e no século XI, a identidade dos pictos foi incluída na amálgama de pobos que son os escoceses.

A arqueoloxía dá algunhas aproximacións sobre a sociedade dos pictos. A pesar de que sobreviviu moi pouco da súa forma de escritura, a historia deste pobo, a partir do século IV, é coñecida por unha gran variedade de fontes, incluíndo haxiografías como a deSan Columba deIona, así como variosAnais irlandeses. Aínda que a impresión popular sobre os pictos pode ser a dun pobo escuro e misterioso, non é así en absoluto. A historia e a sociedade pictas son semellantes ás dos pobos de Europa Central, Setentrional ou Oriental na Antigüidade ou na Alta Idade Media cando son comparados con eles.

Nome

[editar |editar a fonte]

O nome co que os pictos se chamaban a si mesmos é descoñecido. A palabra gregaΠικτοί (picti enlatín) aparece por primeira vez nunpanexírico escrito porEumenio en 297 d.C. e significa "os pintados" ou "os tatuados". Porén, poderíase deber a unha etimoloxía popular anterior, pode vir do célticoPehta,Peihta (loitador).

Osescotos e osDalriada deIrlanda chamábanosCruithne (cru(i)then-túathirlandés primitivo), procedente doproto célticokwriteno-toutā. Tamén haiCruithne noUlster, especialmente os reis de Dál nAraidi. Osbretóns (devanceiros dosgaleses) no sur coñecíanos no dialecto céltico P comoPrydyn. Os termos "Bretaña" e "britano" proveñen da mesma raíz. A forma en gaélico escocés modernoPecht provén doinglés antigo.

Sociedade

[editar |editar a fonte]

As fontes arqueolóxicas proporciónannos evidencias da cultura material dos pictos, onde vemos unha sociedade non moi diferente nin dos seus veciños gaélicos e bretóns nin dosanglosaxóns do sur. Aínda que pode servir de moito utilizar a analoxía e o coñecemento doutras sociedades "célticas", estas esténdense por unha área moi grande, polo que basearse, por exemplo, nosgalos prerromanos ou na Irlanda do século XIII como fonte para estudar a sociedade picta do século IV pode dar como resultado equivocacións ou malas interpretacións.

Como pasa coa maioría dos pobos do norte de Europa naAntigüidade, os pictos eran granxeiros que vivían en comunidades pequenas: o gando bovino e os cabalos considerábanse un signo de riqueza e prestixio, tamén había gran número de ovellas e porcos. Os topónimos suxiren que atranshumancia era común entre eles. Os animais en xeral eran pequenos para os estándares posteriores, aínda que os cabalos de Gran Bretaña exportáronse a Irlanda para cruzalos cos cabalos irlandeses e aumentar a súa medida. De fontes irlandesas chegounos que a elite adoitaba competir na cría do armentío para ter as cabezas de gando de maior tamaño e non hai razón para non pensar que os pictos tamén facían o mesmo.

Arte

[editar |editar a fonte]
O broche de Rogart, Museo Nacional de Escocia, FC2. Fíbula picta, século VIII, prata con ouro e cristal. Clasificado como tipo Fowler H3.[2]
Pedra Kirkyard deAberlemno, Clase IIPedras pictas.

A arte picta aparece nas pedras, naourivaría e en pequenos obxectos de pedra e óso. Ten unha forma distintiva do desenvolvemento xeral da arte celta de precoz medieval deestilo de La Tène con influencias crecentes daarte insular do século VII e VIII en Irlanda eNorthumbria, e despois daarte anglosaxoa e irlandesa da Idade Media. O legado artístico máis característico son as numerosaspedras pictas que hai por toda Pictia, dende Inverness ata Lanarkshire. Un catálogo ilustrado desas pedras foi producido por J. Romilly Allen como parte doThe Early Church Monuments of Scotland, con listas dos seus símbolos e patróns. Os símbolos e patróns consisten en animais, incluída tamén aBesta picta, o "rectángulo", o "espello e peite", o "dobre disco e símbolo Z", alén de moitos outros. Hai tamén patróns e lentes con debuxos en espiral e remuíños. As chamadas cruces forxados son esculpidas con símbolos pictos, osentrelazados da arte insular e imaxinería cristiá, aínda que a interpretación é moitas veces difícil, debido ao desgaste e á escuridade. Moitas das imaxes cristiás esculpidas en pedras, como as de David o arpista, David e o león, ou escenas de St Paul e St Anthony no deserto, foron influenciadas pola tradición daarte insular.[3]

O traballo do metal é atopado por toda Escocia e mesmo máis ó sur; parece que os pictos dispoñían unha cantidade considerable de prata, probablemente a partir de incursións máis ao sur ou en pago de impostos. O enorme tesouro de prata do período romano enTraprain Law puido orixinarse das dúas formas. O máis grande achado de traballo de metais pictos foi atopado en 1819 enNorrie's Law, Fife, pero gran parte do tesouro desapareceu ou foi fundido. Dúas famosas placas de prata conesmalte doséculo VII pertencen a ese tesouro, unha amosada enriba, cun símbolo en "Z" cunha forma particularmente ben preservada e elegante. Desafortunadamente poucas pezas comparables sobreviviron.[4] Arredor de pesadas cadeas de prata, de 0,5 m de longo, foron atopadas deste período; aCadea de Whitecleuch é unha das dúas que ten un anel penanular, con decoración simbólica esmaltada, o que suxire que moi probablemente fosen usados como colares.[5]

No séculosVIII eIX, após a cristianización, a elite picta adoptou unha particular forma defíbulas de Irlanda, preferindo certos broches penanulares con terminais en lóbulos. Algunhas fíbulas pseudo-penanulares irlandesas tardías foron adoptadas polo estilo picto, como por exemplo a de Breadalbane (Museo Británico). O tesouro daIlla de St Ninian ten a mellor colección de exemplos pictos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Foster 1996. p. 11-13.
  2. Youngs, no. 111, with a plate showing the decoration much better; Laing, 310.
  3. Henderson, Isabel,‘"The "David Cycle" in Pictish Art.' Early Medieval Sculpture. Ed. J.Higgitt. Oxford, 1986. pp. 87-113., ….. ‘The Meeting of Saint Paul and Saint Anthony: Visual and Literary Uses of a Eucharistic Motif.' Keimelia. Eds. P. Wallace and G.M Niocaill. Galway, 1989. pp 1-58.
  4. Youngs, 26-28;Poor image of 19th century illustration
  5. Youngs, 28

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PictosModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Antigos celtas
Estudos celtas
Pobos
Lugares
Relixión
Mitoloxía
Sociedade
Arte
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pictos&oldid=6954650»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp