Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Philips

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Philips
Logotipo
Imaxe
 Composto por
 Nome oficial
Koninklijke Philips NV (nl)
Koninklijke Philips N.V. (nl)Editar o valor en Wikidata
 Campo de traballo
Implicados
 Fundador/a
 Director/a executivo/a
Roy Jakobs15 de outubro de 2022
Frans van Houten1 de abril de 2011- 15 de outubro de 2022Editar o valor en Wikidata
Cadro de persoal81592(31 de decembro de 2020)Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Forma xurídica
 Membro de
Economía e industria
 Produto ou servizo
 Bolsa de valores
Ingresos totais17156000000 €(31 de decembro de 2021)Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto3323000000 €(31 de decembro de 2021)Editar o valor en Wikidata
Activos totais30961000000 €(31 de decembro de 2021)Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
15 de maio de 1891Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF156603850Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000403989387Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05w3yEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: PhilipsTwitter: PhilipsInstagram: philipsYoutube: UCgZneuDnLKItwzVkXLI_rUAPinterest: philipsglobalMusicbrainz: 98009f86-2783-4173-9a0d-dc1655dd3229Songkick: 561147Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Philips é unha empresa holandesa de electrónica. Ten a súa sede na cidade de Ámsterdam, pero a orixe da empresa está en Eindhoven. A empresa produce electrónica de consumo, iluminación, telecomunicacións e equipamento médico.

Philips é o fundador e patrocinador do club de fútbolPSV Eindhoven.

Historia

[editar |editar a fonte]
Etatua de Anton Philips en Eindhoven.

En 1891 Gerard Philips xunto co seu pai Frederik Philips fundaron Philips & Co. nun local en Eindhoven. Os primeiros produtos foron bombillas, actualmente o local foi convertido nun museo. Orixinalmente a planta de Philips adicábase á montaxe de lámpadas de filamento de carbono. Gerard Philips estaba particularmente interesado na investigación e sentou as bases para o Laboratorio de Física de Philips (NatLab), o sucesor foi, o High Tech Campus de Eindhoven. Coa incorporación do irmán Gerard Anton Philips, en 1895, a dirección da empresa compleméntase cun home de negocios que era capaz de facer medrar a empresa. En 1899 Anton pasa a ser socio xerente da empresa. En 1907, fúndase NV Philips Metal Factory en Eindhoven, seguindo en 1912 co establecemento de NV Philips, Gerard e Anton Philips foron os primeiros directores.

Cronoloxía

[editar |editar a fonte]
Radio a válvulas Philips 930A (1931).
DCC
  • 1891 fundación de Philips porGerard Philips o seu irmánAnton e seu pai Benjamin Frederik David, primo irmán deKarl Marx, para producir lámpadas incandescentes na zona deEindhoven
  • 1918 saída ao mercado dun tubo de raios X médico e dun servizo de reparación de aparellos radiográficos. Créase a división de sistemas médicos
  • 1925 primeiros experimentos da compañía coa televisión
  • 1926 fundación de Philips en España
  • 1927 inicia a fabricación de radios e pequenos electrodomésticos
  • 1940 iníciase asegunda guerra mundial, as fábricas do país foron destruídas polos bombardeos daLuftwaffe. A empresa instalouse enBélxica, osEstados Unidos eInglaterra
  • 1950 fúndasePhilips Records
  • 1963 lanzamento da cinta de son
  • 1965 primeiro circuíto integrado experimental e fabricación de equipamentos electrónicos transistorizados
  • 1972 Philips fundaPolyGram
  • 1978 introdución do seu primeiro aparelloVHS fabricado enReino Unido
  • 1979 presentación do formato de vídeo para o fogar V2000
  • 1983 xunto conSony, lanza oCD (compact disc)
  • 1992 lanzamento do DCC, cinta de son dixital
  • 1995DVD desenvolvido xunto conSony eToshiba
  • 1998 Philips Royal Electronics vendePolyGram aSeagram, fusionada con MCA, formando aUniversal Music Group
  • 2001 Philips lanzou acafeteiraSenseo
  • 2001 Philips e LG iniciaram unhajoint venture para producir monitores coa marca LG Philips
  • 2001 a sede da Philips foi transladada deEindhoven aÁmsterdam
  • 2006 presentación xunto con Sony do Blu-ray
  • 2009 inicia a produción da primeira lámpada con tecnoloxiaLED
  • 2010 Philips presenta televisores con tecnoloxíaLED eAmbilight Spectra II.
  • 2010 primeira televisiónLED 3D
  • 2011 Philips renovou a liña de cafeteirasSenseo

Philips en España

[editar |editar a fonte]
Mira de axuste de Philips.

Philips chega a España en 1926 nun principio como importadora e distribuidora. En 1927 merca a empresa Lámparas Eléctricas “Z” (SELEZ). Unha empresa fundada en 1908 polo enxeñeiro barcelonés Luis Muntadas Rovira adicada á fabricación de lámpadas de alumbrado. En 1945 comezou a fabricación de tubos fluorescentes e dez anos despois a fabricación de tubos de imaxe para televisores. En 1959 inaugúrase a primeira instalación para fabricar ferritas na Zona Franca de Barcelona, onde no ano seguinte funda Miniwatt, S.A. adicada á fabricación de compoñentes electrónicos.

Nos anos 1980 e 1990 Philips reorganizou toda a súa estrutura produtiva e de organización[1].

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Historia en España

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Philips&oldid=7086080»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp