Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pezizales

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pezizales

Aleuria aurantia
Clasificación científica
Dominio:Eukaryota
Reino:Fungi
División:Ascomycota
Clase:Pezizomycetes
Orde:Pezizales
J.Schröt. (1897)
Familias

Generaincertae sedis

AsPezizales son unhaorde do subfiloPezizomycotina dentro dofiloAscomycota. A orde contén 16familias, 199xéneros e 1683especies.[1] Contén varias especies de importancia económica, como oscogomelos de Coresma, astrufas negras etrufas brancas e astrufas do deserto. As Pezizales poden sersaprobias,micorrícicas ou parasitas de plantas. As especies crecen no solo, madeira, follas e excrementos. As especies que habitan nos solos a miúdo frutifican en hábitats con pH alto e baixo contido de materia orgánica, como terreos alterados. A maioría das especies danse en climas das rexións temperadas ou a alturas elevadas. Varios membros dasSarcoscyphaceae eSarcosomataceae son comúns en rexións tropicais.

Descrición

[editar |editar a fonte]

Os membros desta orde caracterízanse por terascos que se aben caracteristicamente por rotura para formar unha tapa terminal ou excéntrica ouopérculo. Osascomas sonapotecios ou son estruturas pechadas de varias formas derivadas dos apotecios. Os apotecios varían en tamaño desde menos dun milímetro a aproximadamente 15 cm, e poden ter pedúnculo ou ser sésiles. A orde inclúe taxonsepixeos, semihipoxeos ouhipoxeos (trufas). Asascósporas son unicelulares, simetricamente bipolares e xeralmente bilateralmente simétricas, e varían de case esféricas a elipsoidais ou ocasionalmente fusoides (fusiformes).[2] As ascósporas dalgunhas especies desenvolven ornamentacións superficiais con verrugas, cristas ou espiñas. Os tecidos dos ascomas son carnosos e a miúdo fráxiles. Aínda que a maioría das especies se coñecen só en estadoteleomórfico, coñécense os anamorfos dalgunhas especies.

Taxonomía

[editar |editar a fonte]

Unha análisefiloxenética de datos moleculares e morfolóxicos suxire que dentro de Pezizales hai tres liñaxes.[3] A liñaxe A comprende as familiasAscobolaceae ePezizaceae. A primeira non ten especies hipoxeas. A liñaxe B inclúe as dúas familias epixeasRhizinaceae eCaloscyphaceae, así como as dúas subliñaxes con especies hipoxeas coñecidas,MorchellaceaeDiscinaceae eHelvellaceaeTuberaceae. A liñaxe C contén aAscodesmidaceae,Sarcoscyphaceae eSarcosomataceae sen especies hipoxeas coñecidas, así como aGlaziellaceae ePyronemataceae. Non se sabe onde se colocarían asCarbomycetaceae nesta liñaxe.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Kirk PM, Cannon PF, Minter DW, Stalpers JA (2008).Dictionary of the Fungi (10th ed.). Wallingford: CABI. p. 512.ISBN 978-0-85199-826-8. 
  2. Hansen K, Pfister DH (2006). "Systematics of the Pezizomycetes--the operculate discomycetes".Mycologia98 (6): 1029–40.PMID 17486978.doi:10.3852/mycologia.98.6.1029. 
  3. Læssøe, Thomas; Hansen, Karen (2007-09-01)."Truffle trouble: what happened to the Tuberales?".Mycological Research. New Bottles for Old Wine(eninglés)111 (9): 1075–1099.ISSN 0953-7562.PMID 18022534.doi:10.1016/j.mycres.2007.08.004. 
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pezizales&oldid=7124910»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp