Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Peste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde agosto de 2018.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Peste (homónimos).
Peste
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención:A Wikipedianon dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Instancia de
 Historia
 Causado por
Características
 Especialidade médica
 Fármacos para tratamento
Identificadores
Freebase/m/01195hyqEditar o valor en Wikidata
MeSHD010930Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC85015Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB14226Editar o valor en Wikidata
CIE-111596449540Editar o valor en Wikidata
CIE-10A20Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus000596Editar o valor en Wikidata
eMedicine235627Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778059882Editar o valor en Wikidata
KEGGH00297Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Ilustración da Peste nunha Biblia Medieval. A epidemia da Biblia poderá ou non ter sido Peste

Apeste é unhaenfermidade infectocontaxiosa que afecta tanto a animais como a humanos, e que causa abacteriaYersinia pestis que se espalla a través daspulgas dasratasRattus rattus ou outros roedores.

Historia

[editar |editar a fonte]

A peste é, de todas as doenzas, unha das poucas que tiveron influencia determinante no desenvolvemento da historia da Humanidade.

Abacteria da peste presente nosroedores é sempre a orixe das epidemias. Hai dous reservatorios antigos, un ao pé dosHimalaias e outro na rexión dos Grandes Lagos enÁfrica. As restantes poboacións de roedores infectados existentes foron contaminadas en períodos históricos.

As poboacións dalgúns roedores das pradarías viven en altísimos números en enormes conxuntos de galerías subterráneas que comunican unhas coas outras. O número de individuos nestas comunidades permite á peste establecerse porque, co constante nacemento de crías, hai sempre suficiente número de novos hóspedes de forma continua. Naturalmente, as poboacións de ratos e de humanos nas (pequenas) cidades medievais nunca tiveron a masa crítica continua de individuos susceptibles para se manteren. Nesas comunidades de homes, a peste infecta todos os individuos susceptibles ata só restaren os mortos e os inmunes. Só despois de que xorde unha nova xeración non inmune e se volta maioritaria, pode a peste regresar. Nas comunidades humanas, polo tanto, a peste ataca enepidemias.

A Peste na Antigüidade

[editar |editar a fonte]

Hai varias referencias a epidemias mortíferas naBiblia. No período medieval, en que a peste era a principal doenza epidémica mortífera, estas alusións foron interpretadas como referentes a ela, unha idea que ten sido aceptada por moitos historiadores ata o presente. Porén, non existe ningún dato clínico que permita identificar as doenzas epidémicas da Biblia, como aquela queDeus mandou contra osfilisteos como castigo por roubaren aArca da alianza.

A peste en Ashdod, cadro deNicolao Pousin, 1630. (Na verdade, a epidemia bíblica deAshdod podería non ter sido peste)

A epidemia descrita porTucídides que atinxiuAtenas no século dePericles (século V a.C.), durante aGuerra do Peloponeso contraEsparta, matando un terzo da poboación, tamén foi considerada como peste. É moito máis probable, non obstante, que fora outra doenza como oXarampón ou aVaríola. Daquela, de calquera forma, a poboación deGrecia era insuficiente para lle permitir establecerse, polo que desapareceu sen rastro.

Noséculo I,Rufo de Éfeso, un médico grego, dá unha descrición máis clara de peste naLibia,Exipto eSiria. Describe os bubos duros, febre alta,dor e delirio. A descrición da doenza por Rufo deixa claro que a doenza era entón extremadamente infrecuente na rexión, a pesar da súa referencia por un médico do século III a.C. que a describiría, o que leva algúns historiadores a supor que xa sería endémica nomar Mediterráneo desde había moito. Porén, será máis probable que estas epidemias do século I sexan debidas a raros viaxantes infectados. De feito, foi por volta dos primeiros anos daEra de Cristo cando se estableceron as primeiras ligazóns regulares por barco doExiptoRomano coaIndia. A peste é transmisible de persoa a persoa, mais ese modo de transmisión mata axiña (en 2-3 días) e é ineficaz, logo as epidemias deste tipo son de curta duración e extensión. Como non existían poboacións de roedores infectados nesa época preto doMediterráneo, a transmisión epidémica da peste por toda aEuropa eMedio Oriente sería imposible.

A Peste deXustiniano

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Peste de Xustiniano.

A peste de Xustiniano afectou o Imperio romano do Oriente, máis coñecido coñecido comoImperio Bizantino, en541 e542, chegando ao occidente do Mediterráneo en543 e544. Os historiadores da época dannos a primeira descrición inconfundible da peste.

Esta epidemia debe ter tido orixe naEtiopía a partir dos Grandes Lagos, ou polos navíos romanos que facían comercio coaIndia, e entrou no territorio deBizancio porExipto. Nesa altura o Exipto pagaba aanona, o imposto de gran detrigo, para abastecer os mercados deConstantinopla, como fixera anteriormente aRoma. Serían neses navíos onde se levou a peste á capital. Nesta cidade, a peste matou no seu pico preto de 10.000 persoas por día, segundo o historiador da épocaProcopio, acabando por matar ao 40% da poboación da cidade. A nobreza foi tamén decimada, levando oEmperadorXustiniano a promulgar novas leis de sucesión para lidar coa situación da perda aguda dos seus militares e burócratas.

Nesa altura, o Imperio Bizantino loitaba contra a ocupaciónbárbara das terras do antigoImperio romano occidental, tendo xa, grazas aos seus xeneraisBelisario e aoescravo imperial eeunucoNarsés, recuperado oNorte de África, incluíndoCartago dosVándalos, e aItalia e o sur deEspaña (incluíndo oAlgarve) dosOstrogodos eVisigodos. A perda de fondos e de homes na capital debido á peste foi determinante na cesación das hostilidades no período de maior éxito, levando finalmente á derrota da campaña pola presión continua das tribos bárbaras non conquistadas que alí habitaban.

En total morrería o 25% da poboación das costas domar Mediterráneo Oriental, preto de 25 millóns de persoas.

Peste Negra

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Peste negra.

APeste negra foi unha epidemia que chegou aEuropa, aChina, oMedio Oriente e outras rexións do Mundo durante oséculo XIV (1347-1350), matando un terzo da poboación de Europa e proporcións probabelmente semellantes noutras rexións. A peste non só decimou a poboación senón que destruíu a brillante civilización europea da baixaIdade Media, da construción dascatedrais e doFeudalismo eMercantilismo, que foi substituída pola bastante diferente civilización dosDescubrimentos e doRenacemento, logo que a poboación volveu a medrar.

Durante o período de revolución que causou, cuestionáronse institucións como aIgrexa católica, prosperaron novas formas de relixión místicas e de pensar e minorías inocentes como osleprosos e osxudeus foron perseguidas e acusadas de seren a causa da peste.

A "Terceira Pandemia"

[editar |editar a fonte]

A terceira pandemia ocorreu noséculo XIX, mais a súa diseminación foi efectivamente trabada polos esforzos dos médicos.

Iniciouse probabelmente na estepa daManchuria, onde asmarmotas infectadas foron cazadas en grandes números polos inmigrantes chineses que as vendían aos occidentais para producir casacas. A partir de1855 espallouse por toda a China, ameazando os europeos deHong Kong en1894, o que levou ao envío de equipos médicos e bacterioloxistas á rexión. Porén, foi imposible espallar a súa diseminación por navíos para portos en todo o mundo, incluíndo na Europa eCalifornia. Sería entón cando se infectaron os roedores salvaxes das pradarías americanas e doBrasil.

Esta pandemia matou a 12 millóns de persoas na China e maila India.

A Ciencia da Medicina e a Peste

[editar |editar a fonte]

O primeiro investigador en considerar a peste negra unha doenza infecciosa foiRhases, unmédicoárabe, noséculo X.

As primeiras medidas eficaces de saúde pública foron tomadas nos portos mediterráneos europeos. Acorentena permitía aos portuarios verificar a presenza da peste e conter a súa diseminación eficazmente, secuestrando os ocupantes dun navío durante un período superior ao da incubación da doenza.

Porén, coa Terceira Pandemia foi cando comezou a investigación científica máis seria sobre a doenza, por investigadores traballando na Asia nos anos de 1890. O francésPaul Louis Simond identificou a pulga dos roedores como principalvector de transmisión. En1894, enHong Kong, o bacterioloxistasuízoAlexandre Yersin illou pola primeira vez aYersinia pestis, e determinou o seu modo de transmisión, tendo sido homenaxeado coa nomeación a partir do seu nome da especie responsable. Tamén en1894 o médico XaponésShibasaburo Kitasato identificou independentemente obacilo responsable.

A última epidemia de peste na Europa ocorreu naUcraína eRusia en1877-1889, nas rexións daestepa (Urais eCaspio). Grazas ás medidas de contención, morreron apenas 420 persoas. A localización da última epidemia é reveladora xa que é na estepa onde se sitúa a poboación de roedores que albergan a bacteria endemicamente.

Medicina

[editar |editar a fonte]

Hoxe en día a peste non é un problema maior de saúde.

Yersinia pestis

[editar |editar a fonte]

Hai varias especies doxéneroYersinia, e a maioría son bacterias inocuas daflora intestinal normal. Son da familia dasEnterobacteriaceae.

AY. pestis é un pequenobaciloencapsuladoGram-negativo, encapsulado e inmóbil,aerobio eanaerobio facultativo. Como todos osgramnegativos, non tolera exposición ao ar seco por moito tempo e contén externamente a moléculalipopolisacárido (LPS), ou endotoxina, que activa de forma despropositada osistema inmunitario, levando á produción decitocinas que producen vasodilatación excesiva con risco dechoque séptico e morte.

É capaz de variar os seusantíxenos externos e é resistente á acción docomplemento (secretaencimas que o destrúen). Alén diso resiste á morte porfagocitose, a través dosistema de secreción tipo III, con que inxectaproteínas que bloquean pordesfosforilación varias proteínas do fagocito envolvidas no proceso da fagocitose; destruíndo os filamentos deactinia, inhibindo a formación decitocinas e inducindo aapoptose domacrófago. A súacápsula é protección adicional contra a fagocitose.

Transmisión

[editar |editar a fonte]
Rattus rattus, a especie de ratazana responsable pola diseminación da peste durante a Idade Media

A peste bubónica é unha doenza fundamentalmente deroedores (ratos,ratazanas,coellos,marmotas,esquíos). Espallase entre eles por contacto directo ou polas pulgas, séndolles normalmente fatal.

A peste nos humanos é unha típicazoonose, causada polo contacto con roedores infectados. As pulgas dos roedores recollen a bacteria do sangue dos animais infectados, e cando estes morren, procuran novos hóspedes. Mentres a bacteria multiplicase no intestino da pulga. Cans, gatos e seres humanos poden ser infectados, cando a pulga libera bacterias napel da vítima. AY.pestis entra entón nalinfa a través de feridas ou microabrasións na pel, como a da picada da pulga.

Outra forma de infección é por inhalación de gotas de líquido deesbirros ou tose dun individuo doente.

Epidemioloxía

[editar |editar a fonte]
En amarelo: países con casos de Peste; en vermello, países con comunidades de roedores salvaxes infectados con peste

A peste foi unha epidemia extremadamente mortífera naEuropa,China,Medio Oriente,Asia eÁfrica durante varias épocas, principalmente durante a baixaIdade Media. A última epidemia significativa ocorreu no fin doséculo XIX, naChina e aIndia, mais aínda hoxe se rexistran casos en varios países, principalmente naqueles en que hai poboacións de roedores salvaxes infectados. Hai preto de 2000 casos por ano en todo o mundo, nas rexións en que hai roedores infectados.

Hai hoxe poboacións de roedores con pesteendémica no Occidente dosEUA, á carón dosHimalaias, chairas da Eurasia setentrional (Mongolia,Manchuria naChina,Ucraína), rexión dos grandes lagos naÁfrica oriental e algunhas rexións doBrasil e dosAndes. A transmisión da peste é rara e debida a contacto directo cos animais infectados e non a través de pulgas.

Progresión e Síntomas

[editar |editar a fonte]

A bacteria entra por pequenas quebras invisibles da integridade dapel. De aí espallase polosganglios linfáticos, onde se multiplica.

Despois de, no máximo, sete días, no 90% dos casos presentafebre alta, mal estar e os bubos, que son protuberancias azuladas na pel. San na verdade apenas ganglios linfáticos hemorráxicos e inchados debido á infección. A cor azul-esverdeada vén da dexeneración dahemoglobina. O surximento dos bubos corresponde a unha taxa media de supervivencia que pode ser tan baixa como 25% se non for tratada. As bacterias invaden entón a corrente sanguínea, onde se multiplican causando pestesepticémica.

A peste septicémica caracterízase polas hemorraxias en varios órganos. As hemorraxias para apel forman manchas escuras, de onde ven o nome de peste negra. Do sangue poden invadir calquera órgano, sendo común a infección dopulmón.

A peste pneumónica pode ser un desenvolvemento da peste bubónica ou unha inhalación directa de gotas infecciosas expelidas por outro doente. Hai tose conexpectoración sanguinolenta e purulenta altamente infecciosa. A peste inhalada ten menor período de incubación (2-3 días) e é logo de inicio pulmonar, sen bubos. Despois do surximento dos síntomas pulmonares a peste non tratada é mortal no 100% dos casos.

Mesmo tratada conantibióticos, e descontando a fase inicial, a peste ten aínda unha mortalidade do 15%.

Diagnóstico

[editar |editar a fonte]

O diagnóstico é feito por recolla de mostras de líquido dos bubos,pus ou sangue e cultura en meos de nutrientes para observación aomicroscopio e análise bioquímica.

Prevención

[editar |editar a fonte]

Evitar o contacto con roedores e erradicalos das áreas de habitación é a única protección eficaz. Ovinagre foi utilizado na Idade Media, xa que as pulgas e as ratas evitan o seu cheiro.

A peste é unha doenza de comunicación obrigatoria ás autoridades. Contactos de individuos afectados aínda hoxe son postos encorentena durante seis días.

Tratamento

[editar |editar a fonte]

Osantibióticos revolucionaron o tratamento da peste, tornándoa en axente da morte case certa en doenza facilmente controlable. San eficaces aestreptomicina,tetraciclinas ecloranfenicol.

Como arma biolóxica

[editar |editar a fonte]

A peste foi inicialmente introducida enCaffa comoarma biolóxica. Cadáveres deturcos que morreran desa doenza foroncatapultados para dentro das murallas da cidade, de onde se espallou dando orixe á Peste Negra doséculo XIV.

Durante aPrimeira guerra mundial, o exército doXapón desenvolveu a peste en canto arma biolóxica de diseminación por pulgas. Foi usada contra civís chineses eprisioneiros de guerra naManchuria.

Durante aGuerra fría osEUA e aURSS desenvolveron estirpes xeneticamente modificadas de bacilosY.pestis para a diseminación aerosolizada polo ar. A Unión Soviética probabelmente desenvolveu armas eficaces en grande volume, segundo algúns relatorios dos servizos secretos dos Estados Unidos, mais os datos específicos non son coñecidos e é probábel que os arsenais xa teñan sido destruídos.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PesteModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • McNeil, Willian (1976).Plagues and Peoples.Anchor Books. ISBN. 
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Peste&oldid=6947909»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp