Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pervez Musharraf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPervez Musharraf

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1943Editar o valor en Wikidata
Delhi (Imperio Británico)Editar o valor en Wikidata
Morte5 de febreiro de 2023Editar o valor en Wikidata (79 anos)
American Hospital Dubai, Emiratos Árabes Unidos(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Causa da morteAmiloidoseEditar o valor en Wikidata
10ºPresidente de Paquistán
20 de xuño de 2001 – 18 de agosto de 2008
← Muhammad Rafiq TararMuhammad Mian Soomro →
Primeiro ministro de Paquistán
12 de outubro de 1999 – 21 de novembro de 2002
← Nawaz SharifZafarullah Khan Jamali(pt)Traducir →
Ministro de Defensa de Paquistán
12 de outubro de 1999 – 23 de outubro de 2002
← Nawaz SharifRao Sikandar Iqbal(pt)Traducir →
Chairman Joint Chiefs of Staff Committee(en)Traducir
8 de outubro de 1998 – 7 de outubro de 2001
← Jehangir Karamat(en)TraducirAziz Khan(en)Traducir →
Chief of Army Staff(en)Traducir
6 de outubro de 1998 – 28 de novembro de 2007
← Jehangir Karamat(en)TraducirAshfaq Parvez Kayani(en)Traducir →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAncara(1949–1956)
Karachi(1947–1949)
Delhi(1943–1947)Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslamEditar o valor en Wikidata
EducaciónSt Patrick's High School, Karachi (1957–2023)
Royal College of Defence Studies
National Defence University(en)Traducir
Pakistan Military Academy(en)Traducir
Forman Christian College(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, financeiro, militarEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1961Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorCommand and Staff College(en)Traducir
National Defence University(en)Traducir
Exército do Paquistão(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Partido políticoLiga Musulmá de Paquistán(–2010)
All-Pakistan Muslim League(en)Traducir(2010–2023)Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército do Paquistão(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Rango militarXeneralEditar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra Indo-Paquistanesa de 1965(pt)Traducir
Guerra Indo-Paquistanesa de 1971(pt)Traducir
Conflito no Baluchistão(pt)Traducir
Guerra no Noroeste do Paquistão(pt)Traducir
Golpe de Estado no Paquistão em 1999(pt)Traducir
Guerra Civil Afegã(pt)Traducir
Conflito de Siachen(pt)Traducir
Guerra de Kargil(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeSehba Musharraf(1968–2023),morte da persoaEditar o valor en Wikidata
IrmánsJaved MusharrafEditar o valor en Wikidata
Condenado portraizón(2019)Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Lentapedia
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
Sitio webgeneralpervezmusharraf.comEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm1519635Facebook: pervezmusharrafTwitter: P_MusharrafDiscogs: 5500467Editar o valor en Wikidata
Este artigo amosaletras urdús. Sen osoporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.

Pervez Musharraf (enurdúپرويز مشرف), nado enDelhi o11 de agosto de1943 e finado enDubai o5 de febreiro de2023, foi unmilitar epolíticopaquistaní,presidente de Paquistán dende o20 de xuño de2001 ata a súa dimisión o18 de agosto de2008, aínda que xa asumira o goberno do país despois dogolpe de estado do12 de outubro de1999.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Orixes e formación militar

[editar |editar a fonte]

Nado enDelhi durante odominio británico no berce dunha familiaislámica, trasladouse aKarachi canda ela logo dapartición da India e o nacemento dePaquistán. Pasou estadías enTurquía durante a súa mocidade dado que o seu pai exercía alí comodiplomático, e tivo unha formación escolaranglófona e en colexioscatólicos, o que lle daría un perfilsecularizado.[1]

Ingresou na Academia Militar de Paquistán en1961, graduándose en1964. Como oficial participou na guerras contra a India de1965 porCaxemira e na de1971 no contexto da secesión deBangladesh, nesta como comandante dunha compañía dasforzas especiais.[2]

Nadécada de 1990 accedeu á cúpula militar de Paquistán: no1991 foi ascendido a xeneral, en1993 foi nomeado director de Operacións Especiais do Cuartel Xeral do Exército, e en1998 xefe doEstado Maior.

Golpe de Estado de 1999

[editar |editar a fonte]

A finais doséculo XX, as forzas armadas de Paquistán observaban con preocupación a tensión militar coaIndia (choques fronteirizos enCaxemira e a escaladanuclear) e o establecemento do réximetalibán enAfganistán, que, se ben este movemento fora favorecido pola intelixencia paquistaní, agora era visto como unha ameaza desestabilizadora.[3] Neste escenario, as relacións entre o poder civil, representado polo primeiro ministroNawaz Sharif, e o alto mando militar de Pervez Musharraf, deterioráronse ata o punto que o 12 de outubro de 1999, o goberno de Paquistán cesou a Pervez Musharraf. Este foi notificado cando regresaba dunha visita oficial aSri Lanka nun avión ao que se lle denegou a aterraxe en territorio paquistaní. Mais, as forzas armadas responderon á orde que Pervez Musharraf dera dende o voo de tomar o control de diversos puntos estratéxicos e de deter ao primeiro ministro Nawaz Sharif. Así, logo de chegar aKarachi, Pervez Musharraf anunciou en televisión que as forzas armadas asumían o poder impoñendo alei marcial.[4] As súas primeiras medidas foron a suspensión da constitución, a disolución da Asemblea Nacional, o Senado e as lexislaturas provinciais e o cesamento do primeiro ministro, ministros e outros altos representantes do goberno. Pola súa banda, confirmou a continuidade do Presidente do Estado,Muhammad Rafiq Tarar.[5] Aínda que o golpe de Estado acabou cun goberno democrático lexitimamente constituído, oTribunal Supremo de Paquistán validou os actos fixando un período de tres anos como o prazo máximo para a extensión da lei marcial.[6]

Goberno (1999-2008)

[editar |editar a fonte]

Pervez Musharraf estivo á fronte do goberno de Paquistán durante case década, primeiro como xefe executivo mentres se mantiña vixente a lei marcial (1999-2001) e logo como Presidente (2001-2008).

As consecuencias dosAtentados do 11 de setembro e da chamadaguerra contra o terror que levou á invasión estadounidense deAfganistán marcaron estes anos. Paquistán enfrontouse a un forte cuestionamento internacional logo dos atentados debido ás conexións cos talibáns.[7] Musharraf tentou inicialmente que as autoridades afgás entregaran aOsama bin Laden, sen éxito; decantándose logo polo apoio ás accións norteamericanas dando.[8] Con todo, a posición foi internamente contestada por sectores islamistas e sucedéronse as protestas que identificaban a Musharraf como un traidor. Durante a campaña os países occidentais eEstados Unidos aceleraron o envío de axuda ao desenvolvemento e a asistencia militar e económica.[9]

Pervez Musharraf con uniforme militar nunha rolda de prensa de 2005

Paralelamente, nestes anos, as rexións fronteirizas con Afganistán integradas na denominada Áreas Tribais baixo Administración Federal, poboadas mormente porpaxtos e cunha porosa fronteira con Afganistán, viron como o fundamentalismo islámico e o contrabando erosionaban a, xa feble, autoridade paquistaní.[10][11] Coa complicidade local, estas rexións foron acubillo de moitos líderes talibáns e deAl Qaida, entre eles do seu fundador,Osama bin Laden.[12] Aínda que diferentes fontes sinalaron isto cedo, o goberno de Paquistán rexeitou sempre esas informacións: xa en 2002 Pervez Musharraf consideraba que probablemente bin Laden estaría morto polos problemas renais que padecía.[13] En2011, tras a operación estadounidense que localizou e matou a bin Laden en Paquistán, Musharraf alegou "neglixencia mais non complicidade" por parte do goberno deIslamabad.[14]

Durante o seu goberno, o conflito deCaxemira foi un frecuente foco de tensión coa India. En decembro de 2001, uns terroristas de orixe caxemira asaltaron o parlamento daIndia e o primeiro ministroAtal Bihari Vajpayee responsabilizou a Paquistán de estar detrás da acción.[15] Pero, aínda que a fronteira contou con reforzos militares eses días, Musharraf acabou ilegalizando diversos grupos vencellados ao terrorismo e o islamismo de Caxemira a principios de 2002.[16] Tamén, nun aplaudido xesto para rebaixar a tensión bilateral, Musharraf estreitou as mans aAtal Bihari Vajpayee no IX Cumio da Asociación de Asia do Sur para a Cooperación Rexional enKatmandú.[17] Porén, posteriormente, a India expulsou o embaixador paquistaní e Pervez Musharraf mandou facer probas de mísiles quen de portar cabezas nucleares nun intento por intimidar á India.[18][19]

Tamén en política exterior, o seu ministro de Exteriores,Khurshid Kasuri, mantivo unha reunión co seu homólogo deIsrael,Silvan Shalom, en2005, por primeira vez na historia de ambos estados.[20] Outra liña importante, foi o cultivo das estreitas relacións bilaterais coaChina, favorecendo investimentos e contratos militares.[9]

Se ben en 2001 asumira a presidencia de Paquistán, en 2002 consolidou o seu réxime. Logo dos tres anos que o Tribunal Supremo fixara como prazo máximo de aplicación da lei marcial, Pervez Musharraf fixo un referendo o 30 de abril para continuar no poder outros 5 anos. A proposta contou con máis do 97% de aprobación, aínda que a oposición boicoteou o plebiscito e foron denunciadas múltiples irregularidades.[21] Ademais, un partido aliado do réxime, a Liga Musulmá de Paquistán, gañou as primeiras eleccións parlamentarias dende o golpe.[22]

O xeneral Pervez Musharraf canda oPresidente da India,Abdul Kalam, nunha visita enNova Deli no2005

Durante o seu goberno, Paquistán albo de diferentes atentados islamistas masivos. Ademais, o propio Pervez Musharraf tivo varios intentos de asasinato, responsabilidade de islamistas, dous deles en decembro de 2003.[23][24]

En 2007, Pervez Musharraf propuxo dar pasos para favorecer unhas eleccións libres no país e entregar o poder aos civís. Nese vieiro, mantivo unha reunión coa política e antiga primeira ministraBenazir Bhutto enDubai.[25] Posteriormente foron retirados os cargos que pesaban contra ela en Paquistán e regresou ao país logo de oito anos de exilio. Aínda que posteriormente ficaría baixo arresto domiciliario enLahore cando Musharraf decretou o estado de emerxencia o 3 de novembro.[26] Semanas máis tarde, Pervez Musharraf dimitiu como ser xefe do Estado Maior e en decembro de2007 restableceu a constitución.[27] As eleccións de 2008 celebráronse o 18 de febreiro, logo de seren adiadas por mor do asasinato de Benazir Bhutto, e foron unha vitoria para os rivais políticos de Pervez Musharraf: o gañador foi o Partido Popular de Paquistán, deAsif Ali Zardari,viúvo de Bhutto, e a segunda forza máis votada foi o partido do primeiro ministro contra o que Musharraf fixera o golpe de Estado en 1999,Nawaz Sharif. Estes partidos impulsaron a destitución do presidente pero antes de que rematase o procedemento, politicamente illado, Pervez Musharraf renunciou á presidencia o18 de agosto de2008.[28][29]

Últimos anos

[editar |editar a fonte]

Tras a súa retirada política, Pervez Musharraf marchou de Paquistán durante 4 anos, regresando en 2013 con idea de participar nas eleccións presidenciais, aínda que logo foi declarado inelixible.[30] Paralelamente, abríronse varios procesos xudiciais na súa contra. O 17 de decembro de2019 foi condenado a morte por alta traizón, tras unha acusación que pesaba sobre el desde 2013 por suspender a Constitución e impoñer o estado de emerxencia en 2007.[31] Foi a primeira vez na historia do país en que un xefe militar foi declarado culpable de alta traizón e tamén condenado a morte, aínda que o Tribunal Supremo acabou revogando a pena en 2020 por considerar que o tribunal especial que se constituira para xulgado era inconstitucional.[32] Ademais, Musharraf foi xulgado "in absentia" pois residía enDubai (Emiratos Árabes Unidos) dende2016, cidade na que faleceu doente deamiloidose o5 de febreiro de2023.[33][34]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Shaikh, Farzana (2023-02-05)."General Pervez Musharraf obituary".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Consultado o2023-02-18. 
  2. Chitkara, M. G. (2001).Indo-Pak Relations: Challenges Before New Millennium(eninglés). APH Publishing.ISBN 978-81-7648-272-1. 
  3. "Regateo con el Gobierno civil por las esferas de poder. Biografía de Pervez Musharraf".CIDOB. Consultado o2023-02-18. 
  4. "How the 1999 Pakistan coup unfolded"(eninglés). 2007-08-23. Consultado o2023-02-18. 
  5. "Text of Musharraf's declaration".news.bbc.co.uk. Consultado o2023-02-18. 
  6. Hirschl, Ran (2010-11-01).Constitutional Theocracy(eninglés). Harvard University Press.ISBN 978-0-674-05937-5. 
  7. "Pakistan: "The Taliban's Godfather"?".nsarchive2.gwu.edu. Consultado o2023-02-18. 
  8. Burns, John F. (2001-09-20)."Pakistan Leader Defends Joining U.S. in Hunt for bin Laden".The New York Times(eninglés).ISSN 0362-4331. Consultado o2023-02-18. 
  9. 9,09,1Bennett Jones, Owen (marzo de 2006)."Pakistan’s foreign policy under Musharraf: between a rock and a hard place"(PDF). Consultado o 18-02-2023. 
  10. ""No-Go" Tribal Areas Became Basis for Afghan Insurgency Documents Show".nsarchive2.gwu.edu. Consultado o2023-02-18. 
  11. "Paquistán: os dilemas de Musharraf - IGADI". 2005-08-05. Consultado o2023-02-18. 
  12. "El fiasco de Tora Bora".El País(encastelán). 2011-05-02.ISSN 1134-6582. Consultado o2023-02-18. 
  13. "CNN.com - Pakistan's Musharraf: Bin Laden probably dead - January 18, 2002".edition.cnn.com. Arquivado dendeo orixinal o 17 de febreiro de 2023. Consultado o2023-02-18. 
  14. "Musharraf says Pakistan not complicit on bin Laden".Reuters(eninglés). 2011-07-21. Consultado o2023-02-18. 
  15. Misra, Neelesh (2001-12-16)."India Accuses Pakistan of Sponsoring Suicide Raid".Washington Post(eninglés).ISSN 0190-8286. Consultado o2023-02-18. 
  16. "Musharraf bans LeT, Jaish-e-Mohammad".www.tribuneindia.com. Consultado o2023-02-18. 
  17. Naqvi, Jawed (2002-01-06)."Musharraf offers sustained talks: Handshake with Vajpayee charms Saarc".DAWN.COM(eninglés). Consultado o2023-02-18. 
  18. French, Celia W. Dugger With Howard W. (2002-05-19)."To the Drums of War, India Expels Pakistan Ambassador".The New York Times(eninglés).ISSN 0362-4331. Consultado o2023-02-18. 
  19. "Pakistán prueba un misil capaz de llevar cabezas nucleares para intimidar a India".La Voz de Galicia(encastelán). 2002-05-25. Consultado o2023-02-18. 
  20. "Israel, Pakistán y la geopolítica - IGADI". 2005-09-14. Consultado o2023-02-18. 
  21. "Musharraf wins huge backing"(eninglés). 2002-05-01. Consultado o2023-02-18. 
  22. "General Elections 2002 - After three years of military rule, Pakistan again headed towards democracy on October 2002".Story Of Pakistan(eninglés). 2004-02-21. Consultado o2023-02-18. 
  23. "FACTBOX-Assassination attempts against Pakistan's Musharraf".Reuters(eninglés). 2007-07-06. Consultado o2023-02-18. 
  24. "The rise and fall of Musharraf".www.aljazeera.com(eninglés). Consultado o2023-02-18. 
  25. a Qudoos, M."Musharraf, Benazir meet in Abu Dhabi".Khaleej Times(eninglés). Consultado o2023-02-18. 
  26. "Bhutto, under house arrest, says Musharraf must quit power".The Seattle Times(eninglés). 2007-11-13. Consultado o2023-02-18. 
  27. "Kayani takes over command from Musharraf today".DAWN.COM(eninglés). 2007-11-28. Consultado o2023-02-18. 
  28. "President Musharraf Resigns – DW – 08/18/2008".dw.com(eninglés). Consultado o2023-02-18. 
  29. "Facing Impeachment, Pakistan's Musharraf Resigns".npr.org. 
  30. "Musharraf returns to Pakistan despite threats".BBC News(eninglés). 2013-03-24. Consultado o2023-02-18. 
  31. "Condenado á morte o expresidente de Paquistán Pervez Musharraf por traizón".Faro de Vigo. 17 de decembro de 2019. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  32. "Pakistan court overrules Musharraf death sentence – DW – 01/13/2020".dw.com(eninglés). Consultado o2023-02-19. 
  33. Ayub, Imran (2016-03-19)."Musharraf meets well-wishers at his Dubai residence".DAWN.COM(eninglés). Consultado o2023-02-18. 
  34. Staff, Al Jazeera."Pervez Musharraf: The Pakistani ex-president’s chequered legacy".www.aljazeera.com(eninglés). Consultado o2023-02-05. 
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pervez_Musharraf&oldid=6900341»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp