A súa capital e cidade máis poboada éRecife. Outras importantes cidades pernambucanas sonJaboatão dos Guararapes,Olinda, Caruaru, Paulista, Petrolina, Cabo Vitória de Santo Antão e Santa Cruz do Capibaribe. Ailla deFernando de Noronha forma parte administrativa do estado de Pernambuco.
En1534 a capitanía de Pernambuco foi doada a Duarte Coelho, quen fundou Recife e Olinda, e iniciou a cultura dacana de azucre, que tivo importante papel na historia económica do país.
Entre1630 e1654, quedou baixo dominioneerlandés, pasando por importantes transformacións culturais, económicas e sociais no goberno do conde Maurício de Nassau. Ó final, os holandeses foron expulsados. O sentimento nativista e autonomista, derivado da expulsión dos holandeses, acabou provocando aGuerra dos Mascates, entre as cidades de Olinda e Recife, nos anos1710 e1711.
A partir dese momento e coa decadencia da produción azucreira, a rexión entrou en declive. Noséculo XIX, Pernambuco foi escenario dunha serie de revoltas separatistas, verificadas en 1811 (Conspiración dos Suasunas), 1817 (Revolución Pernambucana), 1825 (Confederación do Ecuador) e 1848 (Revolución Praieira). Despois da independencia do Brasil en1822 tornouse provincia do Imperio. Coarepública en1889, tornouse estado.
Orelevo do estado é moderado: 76% do territorio están abaixo dos 600m. Osríos principais son oSão Francisco, Capibaribe, Ipojuca, Una, Pajeú e o Jaboatão.
Oclima é basicamentetropical, presentando tamén variantes nalgunhas áreas: as cidades de Triunfo eGravatá, por exemplo, presentan un clima máis ameno influenciado pola altitude. Apluviosidade tamén é variada. NaZona da Mata (rexión plana xunta a costa, ao leste do estado) e noAgreste (zona de transición situada no interior), o clima é predominantemente tropical - quente e húmido, con forteschoivas de inverno. Na maior parte dosertão (centro e oeste do estado), o clima é semiárido - quente e bastante seco, debido ás poucas choivas. Nalgunhas rexións, as precipitacións anuais son inferiores a 300 mm. Assecas máis intensas poden durar máis dun ano.
As excepcións na zona dosertão son algunhas cidades con clima de altitude, con temperaturas que poden caer a 8 °C durante o inverno, como Triunfo, e nas beiras do río São Francisco, área máis húmida que as veciñas por conta do río.
A economía baséase na agricultura (cana de azucre,mandioca),gandería, naindustria (alimenticia, química, metalúrxica, electrónica, téxtil) e turismo. Opau brasil, que despertou a cobiza dos europeos posibelmente ata antes da descuberta do Brasil, hoxe non ten máis importancia económica. Nos últimos anos, oturismo tamén se destaca economicamente.
Dende o inicio da colonizaciónportuguesa, o estado foi basicamente agrícola, destacando na produción nacional decana de azucre debido ó clima e ao chan fértil. Nas últimas décadas, con todo, esa casemonocultura feita para a produción deazucre ealcohol, vén terminando. Están a ser exploradas tamén a extracción doutros produtos vexetais, ademais dafloricultura. Tamén ten grande importancia internacional a produciónirrigada de froitas - case que totalmente dirixida á exportación - ao longo dorío São Francisco e concentrada na cidade dePetrolina, en parte debido ó seu aeroporto internacional, con gran capacidade para avións de carga. O municipio deGravatá é o segundo máis grande produtor de flores do país, detrás soamente deSan Paulo.
Industrias modernas concéntranse próximo óporto de Suape, instalado en1979. As principais industrias son dealimentos, química, de materiais eléctricos, comunicacións,metalurxia e minerios non-metálicos.
Nos últimos anos, unha das grandes fontes de renda do estado é oturismo, grazas ós atractivos naturais, históricos e culturais do estado. Este crecemento atraeu grandes redes internacionais dehoteis e levou á modernización e ampliación do aeroporto de Recife.
monumentos históricos: o Recife Antigo, o centro histórico de Olinda, o Forte Orange (fortaleza construída polosholandeses na illa de Itamaracá) e outros.
as festas tradicionais: oCarnaval de Olinda e Recife cos seus bloques defrevo, e asFestas Juninas (celebración dos santos populares católicos no mes dexuño) na cidade deCaruaru son os principais.