Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Perciformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maragota (Labrus bergylta)

OsPerciformes (tamén chamados percomorfos (Percomorphi) ou acantópteros (Acanthopteri)) son unha orde de peixesteleósteos, da superordeAcantopterixios (Acanthopterygii). Constitúe a orde máis grande devertebrados (Fish Base), e comprende máis de 7.000 especies diferentes, con ó redor do 40% de tódolos peixes. Presentan moi diferentes formas e tamaños, e habitan en case tódolos medios acuáticos, principalmente mariños.

Características

[editar |editar a fonte]

Xeralmente teñen unhaaleta dorsal de ampla base, cun rebaixe. Nas aletas dorsal e anal, os primeiros radios están transformados en espiñas en número variable. O habitual é unha espiña nas aletas pélvicas. Asescamas adoitan ser ctenoides pero tamén hai especies con escamas cicloides ou doutros tipos.

Clasificación

[editar |editar a fonte]

A clasificación taxonómica dos Perciformes é controvertida e hai autores que os consideran un grupoparafiléticoFish Base. Divídese en 18 subordes:

Salmonete de rocha (Mullus surmuletus), exemplar da suborde Percoidei

OITIS[1] non contempla a suborde Scombrolabracoidei pero si inclúe osXiphioidei.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Perciformes
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Perciformes
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Perciformes&oldid=6147637»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp