OPeríodo dos Reinos Combatentes (enchinés tradicional:戰國時代; enchinés simplificado:战国时代; pinyin:Zhànguó shídài) foi a era entre mediados doséculo V a.C. até a unificación daChina porQin Shi Huang en221 a.C.. O período normalmente está considerado como unha segunda parte daDinastía Zhou Oriental (a primeira foi oPeríodo das Primaveras e dos Outonos). Como nese período, o rei de Zhou continuou a ter só un papel simbólico. A data considerada como inicio do período aínda se discute. Frecuentemente cítase 475 a.C., data de tripartición do reino deJin como o inicio do período.
O Período dos Reinos Combatentes (475-221 a.C.) toma o seu nome dunha obra histórica compilada no século I a.C.,As estratexias dos Reinos Combatentes (戰國策,Zhàn Guó Cè), coetánea de textos que se remontan aos séculos III e II a.C. Foi unha época rica para o pensamento filosófico e para a ciencia chinesa, marcada pola decadencia política, pola fin da capacidade de arbitrio e da soberanía dos Zhous sobre os problemas internos e o inicio de enfrontamentos.
Os tratados militares escritos polos xenerais de período, algúns dos cales foron atopados parcialmente, demostran a rápida evolución no xeito de se executar a guerra. A época tivoestrategos militares chineses, comoSun Tzu eSun Pin. Eses célebres xenerais ousaron establecer tácticas cada vez máis refinadas. Os relatos traen ao mundo unha atmosfera única, que envolveu a China nun dos períodos mais singulares da súa historia. Unha fase turbulenta e escura, con continuos enfrontamentos, alianzas que podían corromperse facilmente, traizóns, ataques sorpresa e asasinatos. Estes foron os ingredientes dun cadro político en rápida evolución, que levou ao fortalecemento do estado de Qin, beneficiado pola súa posición estratéxica favorábel, ao oeste dorío Amarelo, enShaanxi, e protexido por sólidas defensas naturais.
Durante este período, existían sete reinos combatentes: Qin, Qi, Zhao, Han, Wei, Chu e Yan.[1] Alén deses sete estados principais, outros estados menores sobreviviron no período. Estes inclúen o Territorio Real do Rei Zhou e os estados de Yue, Zhongshan, Song, Lu, Zheng, Wey, Teng e Zou e no extremo suroeste, os estados non-Zhou de Ba e Shu. O Reino de Qin acabou por conquistar todos no final do período, ficando a China unificada baixo un mesmo goberno e o mesmo sistema de escritura e de pesos e medidas.
Este foi un período de moita actividade guerreira na China, así como de moitas reformas burocráticas e militares. Os estados maiores buscaban a consolidación do seu dominio sobre vastas rexións, o que levou ao debilitamento definitivo do poder da dinastía Zhou. Como sinal diso, os gobernantes dos maiores estados (con excepción de Chu, que xa reivindicara o título de rei moito tempo antes, abandonaron os seus títulos feudais formais e reivindicaron o título rei (王,wáng), clamando pola igualdade en relación aos gobernantes Zhou.
Mencio tentou implantar o confucianismo como filosofía de estado, e propuxo un goberno baseado en principios morais como a benevolencia e a equidade. Segundo o filósofo, isto provocaría o apoio popular ao estado e a admiración dos estados veciños, afastando a posibilidade deas guerras. Mencio tentou convencer o reiHui de Liang para que adoptase as súas ideas, mais non o conseguiu.[2]
O moísmo foi creado por Mozi (468–376 a.C.). A doutrina propuña unha filosofía política e social baseada na imparcialidade e na benevolencia.[3] Mozi estaba contra as guerras, a pesar de ser un grande especialista en tácticas de defensa. Axudou o estado de Song a se defender do estado de Chu.[4]
O taoísmo era defendido por Laozi, que cría que a natureza humana era orixinariamente boa e que a perfección podía ser atinxida se o ser humano regresaba á súa natureza orixinaria. Laozi cría que como os bebés, os seres humanos eran orixinariamente simples e inocentes mais que, co desenvolvemento da civilización perderan a súa inocencia, que fora substituída pola fraude e polo orgullo. Contrariamente ás outras escolas, Laozi non procurou gañar influencia nas cortes dos estados, mesmo rexeitando ser ministro do estado de Chu.[5]
O legalismo creado por Shang Yang en 338 a.C. rexeitaba a relixión e avogaba porque o estado fose guiado só polas leis. Segundo Yang, os castigos debían ser rigorosos e estendidos tamén ás familias dos criminais. Propuxo reformas radicais e unha sociedade baseada en clasificacións ríxidas. Os campesiños deberían ser animados a exercer a súa ocupación, e o bo desempeño dos militares tiña que ser recompensado. As leis debían ser aplicadas a todas asclases sociais sen excepcións, e nin o rei podería estar por riba da lei. Esta filosofía foi adaptada pola estado de Qin, que creou un estadocentralizado e ben organizado, cunhaburocraciaescolida con base no mérito.[2] O período destacou polo xurdimento de burocracias complexas, gobernos centralizados e sistemas legais claramente estabelecidos. Os desenvolvementos na organización política e militar foron a base do poderío do estado de Qin, que conquistou os demais estados e os unificou baixo oimperio Qin en 221 a.C.
A guerra intensiva, baseada máis en grandes formacións deinfantaría que nos tradicionaiscarros de guerra, levou á formación de grandes burocracias centralizadas nos maiores estados. Ao mesmo tempo, o proceso defeudalismo secundario que caracterizara o período das Primaveras e dos Outonos e que levara a eventos como a partición do estado de Jin e a usurpación do estado de Qi polo clan Tian, foi revertido por ese proceso de burocratización.
As reformas de Shang Yang en Qin e as de Wu Qi en Chu baseáronse na centralización, na supresión danobreza e nas ideas legalistas, todas elas medidas necesarias para a mobilización dos grandes exércitos do período.
Lewis, Mark Edward (1999)."Warring States Political History". En Loewe, Michael; Shaughnessy, Edward L.The Cambridge history of ancient China: from the origins of civilization to 221 B.C. Cambridge University Press. pp. 587–649.ISBN978-0-521-47030-8.
Lu, Liqing; Ke, Jinhua (2012).A Concise History of Chinese Psychology of Religion.Pastoral Psychology61. pp. 623–639.doi:10.1007/s11089-011-0395-y.
Tzu, Sun; Griffith, Samuel B. (1963).The Art of War. Nova York: Oxford University Press.