People é unharevista semanal estadounidense sobre celebridades e historias de interese humano, publicada polaTime Inc. Cun público de 46,6 millóns de persoas, a revista ten máis audiencia que calquera outra revista do país.[1] APeople gañou 997 millóns de dólares en concepto de publicidade en 2011, a maior recadación de publicidade de calquera revista estadounidense.[2] En 2006, tiña unha circulación de 3,75 millóns.[3]
Foi clasificada como a "Revista do Ano" pola revistaAdvertising Age en outubro de 2005, pola súa excelencia editorial, circulación e publicidade.[4] A páxina web da revista, People.con, concéntrase en novas de celebridades e historias de interese humano. En febreiro de 2015, o sitio web quebrou unha nova marca: 72 millóns de visitantes únicos.[5]
APeople é se cadra máis coñecida pola publicación anual de especiais do tipo "o máis guapo/a do mundo". A sede da revista está enNova York e mantén oficinas editoriais nos Ánxeles e enLondres. Por razóns económicas fechou súas oficinas enAustin,Miami eChicago en 2006.