Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pensilvania

Coord.:41°00′N77°30′O / 41,-77.5
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2020.)
Modelo:Xeografía políticaPensilvania
Commonwealth of Pennsylvania (en)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoPennsylvania(en)TraducirEditar o valor en Wikidata

Lema«Virtue, Liberty, and Independence(en)Traducir»Editar o valor en Wikidata
AlcumeKeystone State eQuaker StateEditar o valor en Wikidata
EpónimoWilliam Penn(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 41°00′N77°30′O / 41,-77.5
EstadoEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
CapitalHarrisburgEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.002.700(2020)Editar o valor en Wikidata (109,01hab./km²)
Número de fogares5.106.601 (2020)Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialsen valorEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie119.283 km²Editar o valor en Wikidata
Auga2,85 %Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costasen valorEditar o valor en Wikidata
Bañado porLago Erie erío DelawareEditar o valor en Wikidata
Altitude335 mEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoMount Davis(en)Traducir (979 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixorío DelawareEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de decembro de 1787Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Pennsylvania(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
• Governador da Pensilvânia(pt)TraducirEditar o valor en WikidataJosh Shapiro(2023–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Pensilvania ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo de PensilvaniaEditar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2US-PAEditar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1779798Editar o valor en Wikidata

Sitio webpa.govEditar o valor en Wikidata
BNE: XX453139

Pensilvania[1] é un dos 50estados dosEstados Unidos de América. O seu nome oficial éCommonwealth of Pennsylvania. O estado deu nome ao períodoxeolóxicoPennsylvaniano. A capital do estado éHarrisburg.

É un dos estados máis industrializados e urbanizados dos Estados Unidos, sendo un dos berces daRevolución Industrial do país, a mediados doséculo XIX. É un gran produtor de alimentos, química e electrónica. Produceantracita, un tipo decarbón de altísima calidade e, alén diso, é o maior produtor decarbón bituminoso do país.

Filadelfia é a maior cidade do Estado, sendo un grancentro portuario,bancario, financeiro e industrial. A segunda maior cidade do estado éPittsburgh, que é un polo educativo e da industria de alta tecnoloxía. Ambos son grandes centros históricos e culturais americanos.

Pensilvania é famosa pola rexión dePensilvania Dutch (Países Baixos pensilvano), localizada no sur do estado. A rexión é famosa pola súagastronomía[2] e pola súaarquitectura[3]. A pesar do nome, a gran maioría dos habitantes da rexión sonalemáns; de feito, o nome "Dutch" foi unha mala interpretación da palabra alemádeutsch, que significa "alemán" nalingua alemá. Esta rexión é famosa nos Estados Unidos e no Canadá, sendo unha rexión de cuño turístico, histórico e cultural do Estado.

O nome do estado vén deWilliam Penn. O reiinglésCarlos II cedeu a rexión a Penn en1681. A palabraPensilvania significa"bosques (silva) de Penn". William Penn era uncuáquero que estabeleceu na súa colonia a liberdade relixiosa, permitindo a grupos relixiosos perseguidos tales como os cuáqueros, entre outros, que se instalaran na rexión. Por isto, por veces o estado denomínaseThe Quaker State, porque a maioría dos seus habitantes, nos principios da colonización europea do estado, eran cuáqueros. O cognome do Estado éThe Keystone State (en inglés: Estado Pedra Angular) e o seu lema é"Virtue, Liberty and Independence" (en inglés: "Virtude, Liberdade e Independencia")[4].

Pensilvania é un dos estados americanos máis ricos historicamente. Foi colonizado inicialmente porsuecos eneerlandeses, sendo posteriormente expulsados da rexión polosbritánicos. Pensilvania foi unha dasTrece Colonias que se rebelaron contra o dominio inglés na rexión naRevolución Americana de 1776. Foi en Pensilvania onde se creou a declaración de independencia e a constitución estadounidense polos pais da nación americana. Converteuse no segundo estado americano despois de ratificar aConstitución americana o12 de decembro de1787. Durante aGuerra Civil Americana, Pensilvania presenciou da batalla máis sanguenta da guerra civil, aBatalla de Gettysburg.

Historia

[editar |editar a fonte]

Ata oséculo XVIII

[editar |editar a fonte]

Nativos indíxenas tales como osiroqueses e osalgonquinos vivían na rexión que actualmente constitúe o Estado de Pensilvania millares de anos antes da chegada dos primeiros europeos. En1609, o explorador inglésHenry Hudson, na súa tentativa de achar un camiño rumbo ásindias, desembarcou naBaía de Delaware. Navegando en nome da coroa neerlandesa, Hudson reivindicou a área para os Países Baixos que, logo, mandarían outras expedicións co intento de explorar a rexión.

En1643, exploradoressuecos fundaran o primeiro asentamento de carácter permanente da rexión, próximo á actualFiladelfia. Este asentamento converteuse na capital da colonia sueca deNova Suecia, que foi conmquistada por tropas neerlandesas en1655, anexionándoa aosNovos Países Baixos. En1664, os ingleses conquistaron toda a rexión, que quedou baixo o dominio da colonia de Nova York, e que é actualmente oestado de Nova York.

En1681, o ReiCarlos II de Inglaterra cedeu a rexión aWilliam Penn, como pagamento dunha débeda que a coroa tiña co seu pai, un importante almirante da mariña inglesa. William quería nomear a rexión comoNovo País de Gales. Porén, un membro galés do Consello Real de Inglaterra, onde era necesaria a aprobación unánime de todos os membros para que o nome fose aceptado, rexeitou o nome. Penn entón decidiu nomear a rexión como"Sylvania" ("bosque"). O rei Carlos II complementou este nome conPenn.

William Penn (1644-1718), fundador da colonia de Pensilvania.

Penn planeou persoalmente o primeiro asentamento inglés permanente, nomeándooFiladelfia, fundada en1685, e garantiu o dereito de liberdade de expresión relixiosa dentro da súa colonia. Posteriormente explorou o interior do territorio, pagando aos nativos indíxenas polas terras que o rei lle dera. Alén diso, Penn instituíu un trato igualitario nos xuízos aos indíxenas con relación aos brancos. Isto fixo que os indíxenas e os colonos europeos mantivesen boas relacións ata mediados doséculo XIX, mellores que en calquera outra colonia do nordeste dos Estados Unidos. Grazas á liberdade de expresión relixiosa, variosescoceses,irlandeses ealemáns instaláronse no estado.

En1688, o entón rei da Inglaterra,Xacobe II, foi deposto pola súa filla,María, e o seu marido,Guillerme de Oranxe. A amizade entre Xacobe e Penn foi a causa de que María e Guillerme confiscasen todas as terras de William Penn nas Américas, e o destituísen do cargo de gobernador da colonia de Pensilvania. O gobernador da veciña colonia de Nova York ocupou o seu lugar. En1693, Penn conseguiu convencer a Guillerme e María de que el, William Penn, era totalmente leal á casa real, o que lle permitiu -un ano despois- recuperar as súas terras e o cargo de gobernador. William Penn morreu en1718, mais a súa familia continuou gobernando a colonia ata o inicio daRevolución Americana de 1776.

Aguerra dos oito anos comezou en1754, entre colonos británicos efranceses. Unha das principais razóns foron as disputas territoriais entre a colonia británica de Pensilvania e a colonia francesa deNova Francia sobre o territorio localizado na confluencia dos ríosAllegheny eMonanhaguela, formando oRío Ohio, onde actualmente se localiza a cidade dePittsburgh. As confrontacións estendéronse a Pensilvania ata1758, cando os franceses recuaran.

O territorio capturado polos británicos estaba poboado polos nativos indíxenasottawa, que encabezaran unha revolta contra os británicos en1763. Porén, esta revolta logo acabou coa derrota dos ottawa naBatalla de Bushy Run, o que non impediu que continuase o resentimento dos ottawa contra os británicos. En1768, para solucionar o problema, o goberno de Pensilvania pagou polas terras onde estaban instalados os ottawa.

Enabril de1775, comezou aRevolución Americana de 1776. Enmaio do mesmo ano, o Segundo Congreso Continental reuniuse en Filadelfia, onde os seus membros votaran pola independencia das 13 colonias, do Reino Unido. O4 de xullo de1776, o Congreso americano escribiu a Declaración de Independencia das 13 colonias.

Endecembro, debido á ameaza dun ataque británico, o Congreso mudouse paraBaltimore,Maryland, para regresar a Filadelfia enmarzo de1777. Porén, un ataque británico á Pensilvania ensetembro forzou ao Congreso a mudarse definitivamente, aLancaster, en Pensilvania. O26 de setembro, os británicos capturaron Filadelfia. As tropas americanas lideradas porGeorge Washington atacaron as forzas británicas o4 de decembro, para forzar os británicos a saíren da cidade, mais Washington foi derrotado.

A pesar das vitorias en Pensilvania, os británicos estaban tendo dificultades noutras rexións das 13 colonias, e enxuño de1778, decidiran retirar as súas tropas de Pensilvania. Parte destas tropas inglesas xuntaríanse cos iroqueses, atacando un forte americano, no Val Wyoming, Pensilvania, e matando todos os seus soldados.

Entre maio e setembro de1787, os membros da Convención Constitucional reuníronse en Filadelfia. Pensilvania tornouse o segundo estado en ratificar aConstitución americana, o12 de setembro. Filadelfia foi a capital provisional dos Estados Unidos entre1790 a1800, cando a sede de goberno se mudou definitivamente aWashington DC.

Século XIX

[editar |editar a fonte]
Johann Georg Rapp,1757-1847.

Despois do fin da guerra, e coa independencia dos Estados Unidos, Pensilvania converteuse no maior centro industrial do novo país. A abundancia de carbón, madeira e ferro na rexión, así como a presenza de ríos e a construción deferrocarrís, foron os principais motivos desta situación. A industria do estado creceu aínda máis axiña despois do descubrimento das primeiras reservas deantracita no territorio americano, un tipo de carbón de altísima calidade. A substitución do carbón bituminoso pola antracita nas industrias siderúrxicas de Pittsburgh, ao longo dadécada de 1830, xunto á crecente demanda nacional, fixeron de Pittsburgh o maior polo siderúrxico do país, en canto que Filadelfia pasaba a ser un dos maiores fabricantes de produtos de aceiro e de coiro, así como un forte centro téxtil. Naquela época, ambas as cidades eran importantes centros portuarios americanos. A construción dunha malla de canais navegables e de liñas ferroviarias ao longo do estado realizouse durante adécada de 1840.

A maior parte da poboación de Pensilvania era pro-abolicionista, e querían o fin inmediato do uso dotraballo escravo. Ao longo daGuerra Civil Americana, entre1861 e1865, Pensilvania, que loitou do lado da Unión, enviou aproximadamente 340.000 soldados ás frontes de batalla, máis que calquera outro estado nortista, exceptuandoNova York. O estado foi o escenario daBatalla de Gettysburg, a batalla máis sanguenta da guerra, e unha das máis sanguentas da historia, ocorrida entre o1 e o4 de xullo de1863, onde 83.000 soldados nortistas comandados porGeorge G. Meade derrotaron 75.000 soldados confederados comandados porRobert E. Lee. Por causa das 55.000 baixas, o19 de novembro de 1863, o entón presidente americanoAbraham Lincoln dedicou aG Adress nunha homenaxe a todos os soldados americanos mortos na batalla.

Coa demanda material de guerra, Pittsburgh tornárase o maior polo siderúrxico do mundo, e tamén o maior fabricante de vidro do mundo. O estado era o maior produtor de petróleo, cemento e aluminio do país, e el só producía máis do 60% do aceiro americano. Esta prosperidade industrial atraeu moitos inmigrantes e, no fin do século, vivían máis persoas encidades que no campo, mais tamén trouxo varios problemas socioeconómicos. Traballadores industriais traballaban en pésimas condicións e eran mal pagados. Moitos se xuntaron ensindicatos que organizaron varias manifestacións, que foron reprimidas violentamente pola policía.

En1889,Johnstown sufriu unhainundación na que morreron máis de 2.200 persoas. A inundación produciuse despois de que oencoro de South Fork cedese despois de días de fortes choivas.

Século XX - actualidade

[editar |editar a fonte]

O crecemento industrial de Pensilvania continuou nas primeiras décadas do século XX, atinxindo o seu máximo nos anos daprimeira guerra mundial e nos anos que sucederan á guerra. Porén, aGran Depresión interrompeu o crecemento económico do estado. Millares de persoas perderon os seus empregos, e moitas empresas quebraron. Para tentar minimizar estes problemas, o goberno do estado comezou a construírautoestradas, grandes edificios gobernamentais e a reforestar as montañas, para así xerar empregos; e promulgar leis que estipulaban un salario mínimo para os traballadores e programas de axuda social. A economía do estado recuperaríase por completo coa chegada dasegunda guerra mundial.

Varias das cidades de Pensilvania, por causa do inmenso crecemento industrial das décadas anteriores, creceran sen ordeamento urbano. Entre as décadas de 1940 e 1950 varias cidades do estado comezaran a pasar por programas de planificación urbana, especialmente Pittsburgh e Filadelfia.

Porén, durante a década de 1950 en diante, Pensilvania tivo que enfrontarse con varias recesións económicas. A demanda por carbón diminuíra no país, grazas ao crecente uso do petróleo como materia prima para centrais xeradoras de electricidade, e isto causou o peche de varias minas. Durante a década de 1960, moita da industria téxtil se desprazou aos estados do sur, onde os custos operacionais eran máis baixos, e as industrias téxtiles que se mantiveron automatizaron gradualmente as súas fábricas, modernizándoas. Alén diso, debido á concorrencia do aceiro estranxeiro, varias das siderúrxicas foron pechando durante as décadas de 1970 e 1980. Todo isto fixo que millares de persoas ficasen desempregadas e que moitos habitantes, especialmente os novos, deixaron o estado, buscando oportunidades de traballo noutros lugares do país.

O 28 de marzo de 1979, tivo lugar unha fusión parcial do reactor da central nuclear de Three Mile Island, nas proximidades de Harrisburg.[5] Foi o maior accidente no uso civil de enerxía nuclear ataChernóbil. As investigacións oficiais consideraron que o accidente fora provocado por un erro humano[6].

Para resolver os problemas industriais, o goberno de Pensilvania comezou un agresivo programa para atraer industrias ao estado. Para custear este programa, o estado decidiu aumentar os impostos e a economía foise recuperando gradualmente, para estabilizarse na década de 1990. Nun estado principalmente industrial, a economía de Pensilvania diversificouse e o estado foise convertendo nun gran polo financeiro, comercial, cultural e educativo americano. E a pesar da crise da década de 1970 e 1980, Pensilvania aínda é o maior produtor de aceiro dos Estados Unidos.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Casa Kaufmann, situada nos Montes Allegheny. Un proxecto deFrank Lloyd Wright (1934).

O apelido de Pensilvania,The Keystone State, fai referencia á localización xeográfica do Estado. Keystone, en inglés, significa "pedra angular", e Pensilvania forma unha ponte xeográfica entre os estados do norte e do sur americano, e entre as planicies litorais doocéano Atlántico e as rexións centrais do país. Pensilvania limita ao norte e ao nordeste conNova York, ao sueste coaNova Jersey, ao sur conDelaware,Maryland eVirxinia Occidental, ao leste conOhio e no extremo noroeste coLago Erie.

Pensilvania posúe 255 quilómetros de extensión norte-sur e 455 quilómetros leste-oeste. A superficie do estado é de 119.283 km², dos cales 2.990 km² son corpos de auga. Os maiores ríos que atravesan o estado son os ríosAllegheny,Monongahela, oOhio e oDelaware. O estado, pola gran presenza de ríos e polo terreo accidentado, posúe unha gran cantidade de cascadas, algunhas de ata 30 metros de altura. Pensilvania é o único dos 13 estados orixinais dos Estados Unidos que non posúe litoral co océano Atlántico.

Pensilvania pódese dividir en sete rexións:

  • O extremo noroeste do estado fai parte dasPlanicies do Erie, á beira do lago Erie. Está caracterizada pola baixa altitude e polo seu solo fértil. Anteriormente facía parte do leito do lago.
  • AMeseta dos Apalaches abrangue todo o leste e o norte do estado, agás o extremo nordeste, cubrindo máis do 50% de Pensilvania. Está caracterizada por un terreo moi accidentado, con vales profundos, irregulares e estreitos. Aquí localízase o punto máis alto do estado, oMonte Davis, cos seus 979 metros de altitude.
  • ARexión dos Vales e Serras dos Apalaches esténdese inmediatamente ao leste e ao sur da Meseta dos Apalaches. A súa principal característica é a presenza de vales estreitos e moi profundos, que están aproximadamente aliñados, correndo no sentido leste-sur, formando un cuarto dun círculo. O solo da rexión é moi fértil.
  • OBlue Ridge, unha pequena rexión inmediatamente ao leste dos Vales dos Apalaches, está localizado no centro-sur de Pensilvania. É o comezo dunha cadea de montañas que se estende desde Pensilvania ataXeorxia.
  • AMeseta da Nova Inglaterra esténdese do extremo oeste de Pensilvania ataMaine. En Pensilvania, forma unha estreita faixa de terra entre o Piemonte e os Vales dos Apalaches. Caracterízase pola súa grande altitude, en relación ás rexións veciñas. O seu solo é menos accidentado que os Vales do Apalache.
  • OPiemonte esténdese inmediatamente ao leste do Blue Ridge, sueste dos Vales do Apalache e ao sur do Meseta da Nova Inglaterra. Caracterízase pola presenza do solo máis fértil do estado. Posúe baixas altitudes e é pouco accidentado.
  • AsPlanicies litorais do Atlántico están localizadas no extremo sueste do estado. Debido á súa proximidade co océano Atlántico, posúe as máis baixas altitudes de Pensilvania.

Clima

[editar |editar a fonte]

O clima de Pensilvania étemperado, con catro estacións distintas, converáns quentes, einvernos fríos. A proximidade de grandes masas de auga no noroeste e no sueste do estado tornan estas áreas máis agradables ao longo do ano, en tanto que o nordeste e o oeste do estado posúen as temperaturas de Pensilvania máis baixas no inverno.

A temperatura media do estado no inverno é de -3,3 °C no norte, -2,8 °C no noroeste e de 1 °C no sueste. No verán, as maiores temperaturas rexístranse no sueste. A temperatura media, no verán, no noroeste é de 21 °C, de 24 °C no suroeste e de 25 °C no sueste. A temperatura máis alta xa rexistrada en Pensilvania é de 44 °C, o10 de xullo de1936, enPhoenixville; e a temperatura baixa rexistrada foi de -41 °C, o5 de xaneiro de1904.

As taxas deprecipitación media anual dechoiva de Pensilvania son de 104 centímetros. As maiores medias rexistráronse na rexión metropolitana dePittsburgh e no leste do estado, onde a media é de 130 centímetros. O centro-norte e o oeste posúen as menores medias de precipitación, de apenas 98 centímetros. As taxas de precipitación media anual deneve varían entre 50 centímetros no suroeste a 230 centímetros no noroeste.

Política

[editar |editar a fonte]
Vista do edificio do concello de Filadelfia.

A actual Constitución de Pensilvania adoptouse en1968, substituíndo outras constitucións máis antigas aplicadas en1776,1790,1838 e1874.[7] As emendas á constitución deben ser propostas polo Poder lexislativo e, para aprobarse, precisan recibir ao menos dous terzos dos votos do Senado e da Casa dos Representantes do Estado, e logo ao menos dous terzos dos votos da poboación electoral de Pensilvania, nunreferendo.[8]

O principal oficial doPoder executivo é o gobernador. Este é elixido polos electores do estado para mandatos de ata 4 anos de duración.[9] Unha persoa pode ser elixida cantas veces quixer para o cargo de gobernador, pero non máis de dúas veces consecutivas. Os oficiais que se escollen polo gobernador-tesoureiro,commonwealth (secretario de estado), entre outros, tamén serven por períodos máximos de 4 anos. Como o gobernador, poden ser escollidos cantas veces quixeren, mais non poden desempeñar as súas funcións máis de dúas veces consecutivas.

OPoder lexislativo do estado consiste naAsemblea Xeral formada poloSenado e aCámara de Representantes. O Senado posúe un total de 50 membros, en tanto que a Casa dos Representantes posúe un total de 203 membros.[8] Pensilvania está dividido en 50 distritos senatoriais e 203 distritos representativos. Os electores de cada distrito elixen un senador ou representante, que representará o distrito. O mandato dos senadores é de 4 anos e o dos representantes de 2 anos. As sesións lexislativas comezan na primeiraterza feira dexaneiro para estenderse ata o final denovembro. Tales sesións realízanse diariamente.

O tribunal máis alto doPoder xudicial é oTribunal Supremo de Pensilvania. Fundado como Tribunal Provincial (Provincial Court) en 1684, é considerado o máis antigo tribunal de apelación dos Estados Unidos[10]. Os seus sete xuíces escóllense pola poboación para mandatos de ata 10 anos de duración, podendo ser reelixidos só unha vez. Aquel que leva máis tempo exercendo no tribunal convértese no Xuíz Presidente. A sede do Tribunal Supremo está repartida entreHarrisburg,Filadelfia ePittsburgh.

En Pensilvania está vixente apena capital para certos crimes. Dende que oTribunal Supremo dos Estados Unidos declarou este castigo como constitucional, en 1976, foron executados 3 reos neste estado. En 2015, o gobernador Tom Wolf anunciou unha moratoria na aplicación destas penas[11]. Con todo, en outubro de 2020, Pensilvania era o quinto estado por número de presos no corredor da morte (142).[12]

O estado está dividido en 67 condados, municipalidades rurais (townships), 56 cidades (cities) e distritos municipais (boroughs). É un dos poucos Estados americanos en usarboroughs como subdivisión estatal.

A nivel federal, Pensilvania está representada por doussenadores: o republicano Pat Toomey e o demócrata Bob Casey[13]; e por 18 deputados naCámara de Representantes[14].

Máis da metade do orzamento de Pensilvania vén deimpostos estatais. O resto vén de orzamentos recibidos do goberno federal e depréstamos. En2002, o goberno do estado gastou 55.171 millóns de dólares, xerando 46.165 millóns de dólares. A débeda gobernamental de Pensilvania é de 20.983 millóns de dólares. A débeda per capita é de 1.702 dólares, o valor dos impostos estatais per capita é de 1.795 dólares, e o valor dos gastos gobernamentais per capita é de 4.475 dólares.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Crecemento demográfico de Pensilvania
AnoHabitantes
1790434 373
1800602 365
1810810 091
18201 049 458
18301 348 233
18401 724 033
18502 311 786
18602 906 215
18703 521 951
18804 282 891
18905 258 113
AnoHabitantes
19006 302 113
19107 665 111
19208 720 017
19309 631 350
19409 900,180
195010 498 012
196011 319 366
197011 800 766
198011 864 751
199011 924 710
200012 281 054

Segundo as estimacións da Oficina do Censo dos Estados Unidos, en xullo de 2019, 12.801.989 persoas residían en Pensilvania. A veciñanza que non é cidadá dos Estados Unidos supón o 8,3%. O 21,6% ten menos de 18 anos e os maiores de 65 supoñen o 14,4%

De acordo cocenso nacional de2000, a poboación de Pensilvania en 2000 era de 12 281 054 habitantes. Unha estimación realizada en2004 aumentou esta cifra a 12 406 292. O 4,6% da poboación do estado (568 800 habitantes) non naceu nos Estados Unidos. Pensilvania posúe unha das poboacións hispanas e asiáticas en máis rápido crecemento de todo país. O crecemento de poboación estancouse na década de 1970 e 1980, por causa da recesión económica que se abateu sobre o estado nese momento. Durante a década de 1990, maiores niveis de inmigración e a recuperación económica do Estado fixeron que a poboación volvese a crecer novamente. Por primeira vez, os niveis de inmigración aumentaran desde asegunda guerra mundial.

Etnias

[editar |editar a fonte]

Composición racial da poboación de Pensilvania segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos é[15]:

A principal razón para a alta porcentaxe de brancos no Estado está nas grandes poboacións de brancos en certos condados e na pequena inmigración a estes condados. A inmigración é máis común nas cidades de gran tamaño tales como Erie, Filadelfia, Pittsburgh e Scranton. A poboación do estado é maioritamente branca en certas áreas como o norte do estado e no contorno de Pittsburgh. A rexión metropolitana de Filadelfia e os condados que a rodean posúen gran número de afroamericanos, hispanos, asiáticos e árabes.

Os cinco maiores grupos étnicos do estado sonalemáns (que forman 25,4% da poboación),irlandeses (16,1%)italianos (11,5%), afroamericanos (10%) eingleses (7,9%). O 6,9% da veciñanza do estado non ten a cidadanía estadounidense.

O 5,5 % da poboación de Pensilvania ten menos de 5 anos de idade, o 20,6 % é menor de 18 anos, e o 18,7 % ten máis de 65 anos. As persoas do sexo feminino compoñen o 51% da poboación do estado. A porcentaxe de persoas que viven na pobreza ascende o 12%.

Relixión

[editar |editar a fonte]

Porcentaxe da poboación de Pensilvania por afiliación relixiosa:

Historicamente, oscuáqueros instalaron unha política de tolerancia relixiosa despois da fundación da colonia de Penn, aPennsylvania inicial, o cal beneficiou a outros grupos relixiosos que xa vivían na rexión tales comoluteranos daNova Suecia, e que tamén atraeu a grupos relixiosos europeos, tales como osamish e osmenomitas. Outros grupos tamén se instalaron, como os moravianos, que fundaran a cidade deBethlehem, e ospresbiterianos, que se instalaron na fronteira. Esta diversidade relixiosa era rara durante os séculos XVIII e XIX.

Posteriormente, inmigrantes de varios países católicos europeos comezaron a instalarse en gran número en Pensilvania despois do comezo da industrialización do estado. Alén diso, o estado posúe unha das maiores comunidades xudaicas do país, con aproximadamente 440 mil xudeus. Nas últimas dúas décadas[cando?], a maior parte dos inmigrantes que se instalaron no estado foronbudistas,hindús,mulsumáns esikhs.

Principais cidades

[editar |editar a fonte]

Máis de 85% da poboación de Pensilvania vive nas cidades, e máis de 80% vive en rexións metropolitanas. As maiores cidades de Pensilvania son, en orde decrecente,Filadelfia,Pittsburgh,Allentown,Erie,Reading,Scranton,Bethlehem eHarrisburg.

E por orde alfabética:

Economía

[editar |editar a fonte]
Moeda de 1/4dólar dedicada aPensilvania, que reproduce o mapa doEstado (deseño:J. Mercanti).

Oproduto interior bruto de Pensilvania foi de 383 000 millóns de dólares, o sexto maior do país. Arenda per capita do estado, á súa vez, foi de 29 539 dólares, a décimo oitava maior do país.

Ata adécada de 1970, Pensilvania era un estado fundamentalmente industrial. As súas principais fontes de renda eran, entón, a industria siderúrxica e a fabricación de produtos industriais. Despois dunha gran recesión económica que sufriu entre as décadas de 1970 e 1980, a industria siderúrxica, pola concorrencia do aceiro máis barato doutros países, caeu drasticamente. Varias fábricas pecharon, e outras mudáronse a outras partes do país. O estado aínda é o maior polo siderúrxico dos Estados Unidos, pero desde entón, a economía diversificouse notablemente. Hoxe, a principal fonte de renda do Estado é o comercio en xeral. A capital industrial de alta tecnoloxía é Pittsburgh, e a capital financeira é Filadelfia.

O sector primario representa un 1% do PIB. O estado posúe 59 mil facendas, e emprega a case 151 mil persoas.

O sector secundario representa un 24% do PIB. Pensilvania é un dos principais centros industriais dos Estados Unidos e un dos líderes nacionais na industria de alta tecnoloxía, como robótica e biotecnoloxía. O valor total dos produtos fabricados no estado é de 93.000 millóns de dólares. Os principais produtos industrializados fabricados no estado son aceiro e derivados, produtos químicos, produtos alimenticios e maquinaria. A industria de manufactura aínda é a segunda maior fonte de renda de Pensilvania, representando un 19% do PIB, empregando aproximadamente a 960.000 persoas. A industria de construción, que emprega a 371.000 persoas, representa un 4% do PIB. A minería (de carbón e de ferro, principalmente) representa un 1% do PIB, empregando menos de 26.000 persoas.

O sector terciario representa un 75% do PIB. Cerca do 23% do PIB vén de servizos comunitarios, persoais e comerciais. Este sector emprega a máis de 2,4 millóns de persoas. Pensilvania é un gran polo financeiro: os servizos financeiros e inmobiliarios representan máis do 19% do PIB, empregando aproximadamente a 525.000 persoas. O comercio representa un 13% do PIB, e emprega a máis de 1,5 millón de persoas. Os servizos gobernamentais representan o 10% do PIB, empregando aproximadamente a 790.000 persoas. E transportes e telecomunicacións empregan a 350 mil persoas e representan o 8% do PIB.

Educación

[editar |editar a fonte]
Estatua de Benjamin Franklin diante da Universidade de Pensilvania (Filadelfia)

Inicialmente, a gran maioría dasescolas de Pensilvania estaban administradas por entidades relixiosas. A primeira destas escolas relixiosas foi instituída a mediados da década de 1640, porsuecosluteranos. En1834, unha lei aprobada polo estado instituíu a obrigatoriedade do ensino a todos os nenos entre 6 e 16 anos. Tamén instituíu escolas públicas, para o ensino de nenos de pais pobres.

Actualmente, todas as institucións educativas en Pensilvania precisan seguir regras e normas ditadas polo Consello Estatal de Educación. Este consello controla directamente o sistema de escolas públicas, que está dividido en diferentesdistritos escolares. O Consello está composto por 21 membros, 17 deles escollidos polo gobernador e 4 pola Asemblea Lexislativa, por ata 4 anos de duración. Cada cidade primaria (city), diversas cidades secundarias (towns) e cada condado, é servida por un distrito escolar. Nas cidades, a responsabilidade de administrar as escolas é do distrito escolar municipal, en tanto que en rexións menos densamente habitadas, esta responsabilidade é dos distritos escolares operando en todo o condado en xeral. Todos asnenos eadolescentes entre 6 e 16 anos de idade deben asistir á escola.

En1999, as escolas públicas do estado atenderon a 1.817.000 estudantes, empregando aproximadamente 114.500profesores. As escolas privadas atenderon a 339.500 estudantes, empregando aproximadamente 24.500 profesores. O sistema de escolas públicas do Estado consumiu preto de 13.532 millóns de dólares, e o gasto das escolas públicas por estudante é de aproximadamente 8.000 dólares.

Pensilvania posúe centos debibliotecas públicas, algunhas administradas polo estado e outras polos municipios onde están localizadas as bibliotecas.

Posúe máis de 40universidades efacultades, varias de renome internacional. Entre estas destaca a Universidade de Pensilvania enFiladelfia, fundada en 1740 porBenjamin Franklin[16].

Cultura

[editar |editar a fonte]

Música

[editar |editar a fonte]

A Orquestra de Filadelfia, fundada en 1900, é considerada unha orquestras sinfónicas máis prestixiosas dos Estados Unidos facendo parte das chamadas "big five" xunto coa Filharmónica deNova York, a Sinfónica deBoston, a Sinfónica deChicago e a deCleveland.

Nos anos 60 e 70 do século XX desenvolveuse un estilo de músicasoul coñecido como Philly Soul, caracterizado pola influenciafunk.

Deportes

[editar |editar a fonte]

As dúas principais cidades do estado acollen os equipos deportivos máis seguidos. En béisbol, osPhiladelphia Phillies e osPittsburgh Pirates compiten naMLB. En fútbol americano,Philadelphia Eagles ePittsburgh Steelers participan naNFL e manteñen unha rivalidade que fai que os seus encontros se coñezan como "a batalla de Pensilvania". Pola contra, en baloncesto, osPhiladelphia 76ers, chamados "Sixers", son o único equipo deste estado naNBA.

Transportes e telecomunicacións

[editar |editar a fonte]

Pensilvania, desde os principios da colonización europea, foi un gran polo de transportes. As primeiras estradas do estado datan da década de 1650. Construíu un gran sistema de canais navegables e unha extensa rede ferroviaria ao longo doséculo XIX. O estado xa foi o maior polo ferroviario dos Estados Unidos. A recesión económica das décadas de 1970 e 1980 levaran ao peche de varias delas.

Filadelfia e Pittsburgh continúan a ser grandes centros portuarios americanos e, alén diso, ambas as cidades son grandes polos ferroviarios e de estradas. Tanto unha como outra dispoñen dunaeroporto internacional cada. En2002, Pensilvania posuía 8.206 quilómetros de vías ferroviarias e, en2003, 193.802 km de estradas e autoestradas, dos que 2.869 km eran considerados parte do sistema federal de autoestradas interestatais.

O primeiroxornal publicado en Pensilvania foi oAmerican Weekly Mercury, publicado pola primeira vez en Filadelfia, en1719, sendo o primeiro xornal publicado fóra deBoston, e a cuarta publicada en toda asTrece Colonias. Actualmente publícanse no estado preto de 400 xornais, dos que aproximadamente 85 son diarios. A primeira estación deradio de Pensilvania fundouse en1919, en Pittsburgh, e a primeira emisora detelevisión fundouse en1941, en Filadelfia. Actualmente, Pensilvania posúe preto de 370 emisoras de radio e aproximadamente 45 de televisión.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapensilvano.
  2. ShareAmerica (2016-01-27)."Pennsylvania: History, cultural hubs, candy".ShareAmerica(eninglés). Consultado o2021-01-24. 
  3. "Pennsylvania German Traditional 1700 - 1870 | PHMC > Pennsylvania Architectural Field Guide".www.phmc.state.pa.us. Consultado o2021-01-24. 
  4. "Guide: State Symbols".PA.Gov(eninglés). Consultado o2021-01-24. 
  5. "Backgrounder on the Three Mile Island Accident".NRC Web. Consultado o2021-02-25. 
  6. Welle (www.dw.com), Deutsche."1979: Acidente nuclear em Three Mile Island | DW | 28.03.2017".DW.COM(enportugués). Consultado o2021-01-24. 
  7. "PENNSYLVANIA'S CONSTITUTION: A BRIEF HISTORY".Pennsylvania Bar Association Constitutional Review Commission. Consultado o2022-09-04. 
  8. 8,08,1"The Constitution of Pennsylvania".The official website for the Pennsylvania General Assembly.(en English). Consultado o2021-01-23. 
  9. "Constitution of the Commonwealth of Pennsylvania – 1968".PA Constitution(eninglés). Consultado o2022-09-04. 
  10. "Learn | Unified Judicial System of Pennsylvania".www.pacourts.us. Consultado o2021-01-23. 
  11. "Moratorium on the Death Penalty in Pennsylvania Is Announced".Governor Tom Wolf(eninglés). 2015-02-13. Arquivado dendeo orixinal o 29 de xaneiro de 2021. Consultado o2021-01-24. 
  12. "Facts about the Death Penalty: Death priosioners by state. (October 1, 2020)"(PDF).Death Penalty Information Center. Consultado o 24-01-2021. 
  13. "U.S. Senate: Senators of the 117th Congress".www.senate.gov. Consultado o2021-01-23. 
  14. "Representatives | house.gov".www.house.gov. Consultado o2021-01-23. 
  15. "U.S. Census Bureau QuickFacts: Pennsylvania".www.census.gov(eninglés). Consultado o2021-01-23. 
  16. "Penn’s History | University of Pennsylvania".www.upenn.edu. Consultado o2021-01-23. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Pennsylvania

Constitución de Pensilvania

Divisións políticas dosEstados Unidos
Estados
Distrito Federal
Áreas insulares
Illas exteriores
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pensilvania&oldid=6649051»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp