Apenínsula de Corea é unhapenínsula situada no leste deAsia, entre oMar Amarelo e oMar do Xapón. Limita ao norte coaChina eRusia, e polo sur coestreito de Corea que o separa doXapón. Politicamente divídese en dous estados, aRepública de Corea e aRepública Democrática Popular de Corea.
Segundo oSamguk Yusa (escrito noséculo XII d.C.), a primeira dinastía de Corea foiHwuanin.
A segunda dinastía foiGojoseon (entre os séculosXXIV e oII a.C.), foi creado por Tangun ouDangun no sur deManchuria e norte de Corea. Recentes estudos indican que o pobo de Go-Joseon pertencía á familia lingüística dostungusos e estaba familiarizada coaltaico.
Os estudosos, en xeral, cren que os primeiros reinos ou estados na península coreana empezaron a formarse durante a Idade de Bronce (1000 a.C.-300 a. C). Deles, o reino supostamente fundado por Dangun, coñecido xeralmente por Gojoseon ou Joseon Antigo, pronto xurdiu como o máis poderoso e consolidou o seu poder ao comezo doséculo II a.C.
Ante o poder emerxente de Joseon Antigo,China comezou a preocuparse máis e máis. O emperador chinés Han Wuti lanzou unha invasión no ano100 a. C. Destruíu o reino ao seguinte ano e estableceu catro colonias militares para administrar a parte norte. Con todo, logo dun século, emerxeu un novo reino chamado Goguryeo (30 a.C.-668 d.C.) na parte norte da península Goguryeo.
Era unha nación de guerreiros guiados por reis agresivos e valentes como o rei Gwanggaeto (que reinou entre o391 e o410). Conquistou as tribos veciñas unha tras outra, e expandiu practicamente o seu reino en tódalas direccións. Finalmente expulsou os chineses da súa última colonia militar,Nangnang (El-lang en chinés) no313. No seu apoxeo, o seu territorio estendíase ata o interior deManchuria, e ao sur chegaba ata a metade sur da península coreana.
Un novo reino chamadoBaekje (ano10 a. C.-660) desenvolveuse ao sur do ríoHanggang (parte doSeúl actual). Os de Baekje eran máis pacíficos que os feroces guerreiros deGoguryeo. Eles trasladáronse ao sur fuxindo da ameaza do seu rival norteño. Noséculo I, Baekje estableceuse firme como un estado próspero e civilizado, facendo intenso comercio cos seus veciños de ultramar. En realidade, Baekje serviu como ponte importante para a transmisión da cultura continental ao Xapón: pasoulles obudismo, aescritura chinesa e os seus sistemas políticos e sociais. O doutorWang In foi mestre do príncipe doXapón.
Silla (ano50 a. C.-668 d.C.), máis afastado a China, ao principio era o reino máis débil e menos desenvolvido dos tres. Foi o último en aceptar ideas e credos estranxeiros, e a súa sociedade estaba marcadamente dividida en clases sociais. Con todo, Silla medrou rápido grazas aos recursos do seu singular Corpo deHwarang (flor de mocidade) e dos ensinos budistas.
A mediados do século ¥µ, Silla consolidou o seu poder e territorio, formou unha alianza militar cos T'ang da China para someter Goguryeo e Baekje. As forzas aliadas de Silla-T'ang tiveron éxito, e a península foi unificada por primeira vez no ano668. Logo diso, os superviventes do reino Goguryeo expulsaron ás forzas T'ang de Manchuria e da parte norte da península, e estableceron alí o reino de Balhae no ano698.
Aínda que politicamente estaban separados, os tres reinos de Goguryeo, Baekje e Silla estaban relacionados étnica e lingüisticamente. Cada un deles desenvolveu unha sofisticada estrutura política e adoptou a ética confuciana e a fe budista.
Durante dous séculos e medio, Silla gozou de paz e estabilidade. Liberado das preocupacións de loitas internas e de invasións externas, orixinou o rápido florecemento da arte, a relixión, o comercio, a educación e outras disciplinas. A capital de Silla, na actualidadeGyeongju, tiña unha poboación de máis dun millón e se gababa dos seus magníficos palacios reais e templos budistas.
Obudismo floreceu baixo a protección da nobreza e a corte, e exerceu unha grande influencia nos asuntos do Estado, na arte e a moral. Algúns dos monumentos históricos máis importantes de Corea atribúense ao xenio creativo e fervor relixioso dos artistas daquela época. Entre eles podemos citar o templo deBulguksa e a gruta de Seokguram, ambos nas proximidades de Gyeongju.
Silla alcanzou o apoxeo da súa prosperidade e poderío a mediados do século ¥•, despois entrou en lenta decadencia. Intensificáronse os conflitos entre os nobres; os líderes rebeldes reclamaban o dereito á sucesión dos reinos derrocados, Goguryeo e Baekje. No ano935 o rei deixou as rendas do Estado en mans deWang Geon (reiTaejo, o seu nome posterior), fundador da dinastía Goryeo.
Logo da caída de Goguryeo, Dae Jayeong, un ex xeneral de Goguryeo, formou un exército con xente de Goguryeo e de Malgal (unha tribo de Tungus), e emigrou ao territorio controlado pola China. Finalmente establecéronse preto de Jilin enManchuria, alí Dae Joyeong fundou un estado que ao principio chamouse Chin, pero en713 foi redenominado comoBalhae (Bolhai, enchinés). Balhae pronto recuperou o territorio antigo de Goguryeo. A maioría da clase gobernante de Balhae era xente de Goguryeo. Balhae declarouse como sucesor de Goguryeo, e ás veces era chamado por Goryeoguk (Estado de Goryeo).
O sistema político de Balhae era semellante ao de Tang, e a súa capital Sanggyeong tiña por modelo a capital de Tang, Chan-an. A súa cultura distintiva tiña influencia de Tang e Goguryeo. Cando Balhae foi invadido por Khitan nos primeiros anos do século ¥¹, a súa clase dominante refuxiouse no novo estado de Goryeo.