APenínsula Ibérica[1] é unhapenínsula do suroeste deEuropa. Está arrodeada polomar Mediterráneo, oocéano Atlántico e osPireneos, que separan a península do resto do continente. Politicamente, abrangue os estados dePortugal,España eAndorra, estes dous últimos fronteirizos conFrancia. Tamén abrangueXibraltar, territorio británico situado ó sur deAndalucía con apenas unha trintena de quilómetros. Polo sur, a península está separada docontinente africano (Marrocos) poloEstreito de Xibraltar.
As primeiras noticias escritas que fan referencia á península proceden da épocagrega efenicia, pobos que fundaron as primeiras colonias neste territorio. Posteriormente chegaron osromanos, que conquistaron a práctica totalidade da península, que dende entón se pasou a coñecer co nome deHispania, xa que ata entón a denominación máis usual era a grega deIberia.
Trala caída do imperio o territorio foi ocupado por pobos de orixegoda, principalmentesuevos (no noroeste),vándalos (no sur) evisigodos (resto da península). Estes últimos acabarían por conquista-la totalidade do territorio.
Tempo despois chegarían osárabes, que unha vez máis se farían co poder en case toda a península, tirantes uns poucos territorios do norte, que ó final acabarían por se impoñer ó dominio musulmán nun proceso continuo de guerras coñecido comoReconquista. Entrementres, o territorio islamizado sería durante sete séculos un importante centro cultural ata a caída do reino taifa deGranada en1492.
Durante o reinado dosReis Católicos a península será unificada, agás o territorio correspondente a Portugal, que unha vez conquistado oAlgarve será un dos países que menos cambiou as súas fronteiras ó longo dos séculos. Xa no reinado deFilipe II a península vería a súa derradeira unificación baixo un mesmo gobernante, pero coa reconquista da independencia de Portugal o territorio peninsular quedaría xa dividido ata a actualidade nos dous estados:Portugal eEspaña.
Hoxe en día oportugués e oespañol sonlinguas oficiais en cadanseu estado. Ogalego, oéuscaro e ocatalán son linguas cooficiais nos seus respectivos territorios (o catalán tamén é a lingua oficial do Principado deAndorra). Oaranés (variedadeoccitana falada noVal de Arán) é oficial en todaCataluña, e omirandés (variedadeleonesa falada en Portugal) éo no concello portugués deMiranda do Douro. Oasturleonés, coas súas variedades (asturiano,leonés,cántabro,estremeño), e oaragonés son outras linguas da península, pero non teñen carácter oficial. Oinglés é oficial enXibraltar.
A Península Ibérica comprende gran parte deEspaña,Portugal,Andorra eXibraltar. Historicamente, denominouse Península Ibérica ao territorio continental europeo que está situado ao sur dos Pireneos.
Xeograficamente, tamén incluiría aFrancia máis meridional: a zona sur dasrexións deAquitania (departamento dePireneos Atlánticos) e deOccitania (departamentos deAltos Pireneos,Alta Garona,Ariège ePireneos Orientais).[6]
- ↑Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraibérico.
- ↑Non se inclúen Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla.
- ↑Esta cifra obtense restando da poboación total de España (45.200.894 hab.) o correspondente a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
- ↑Esta cifra obtense restando da superficie total de España (504.645 km²) a correspondente a Canarias, Baleares, Ceuta e Melilla.
- ↑Non se inclúen Azores e Madeira.
- ↑A parte meridional destes departamentos áchase ao sur doistmo xeográfico.