Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pedro, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:San Pedro.
Modelo:BiografíaPedro, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 a. C.Editar o valor en Wikidata
Betsaida (Imperio Romano)Editar o valor en Wikidata
Morte13 de outubro de 64 ↔ 68Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Roma (Imperio Romano)Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte,crucifixiónEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNecrópole vaticanaEditar o valor en Wikidata
Patriarca de Antioquía
37 – 54
← sen valor –Evodio de Antioquía →
Papa
33 – 67
← sen valor –Lino →
Apóstolo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaXerusalén
Roma
Antioquía do Orontes
CafarnaúnEditar o valor en Wikidata
RelixiónXudeocristiánsEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRomaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónpresbítero, pescador, bispo católicoEditar o valor en Wikidata
PeríodoAlto Imperio RomanoEditar o valor en Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século IEditar o valor en Wikidata)
ProfesoresXesús de NazaretEditar o valor en Wikidata
AlumnosEvodio de AntioquíaEditar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa29 de xuñoEditar o valor en Wikidata
Símbolo iconográficoChaves do Ceo,galo,tiara papal ePortas nacaradasEditar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxeesposa de São PedroEditar o valor en Wikidata
PaiJonasEditar o valor en Wikidata
IrmánsAndré apóstoloEditar o valor en Wikidata
Parentessogra de san Pedro,sograEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDe viris illustribus
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Enciclopedia Bíblica de Archimandrita NicéforoEditar o valor en Wikidata
BNE: XX1063615

Simón (hebreo: שמעון , "Ximon"), chamado taménPedro ou Cefas, nado enBetsaida e finado enRoma en67, foi segundo a tradicióncristiá un dos doceapóstolos, discípulos deXesús de Nazaret, a quen deixou encargado de dirixir o resto da súa Igrexa. Foi o primeiropatriarca de Antioquía ebispo de Roma e o primeiropapa daIgrexa católica.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

O seu nome de nacemento era Ximón, pero recibiu deXesús o nome de Pedro (dogrego πετρα ou dolatínpetra, "pedra") para indicar que sería a pedra angular da súaIgrexa[1].Paulo de Tarso chamouno nos seus escritos כיפשׁ, Queifas 'pedra' enarameo, aínda cando Paulo empregaba ogrego;Xoán o Evanxelista chamouno, polo xeral, "Simón Pedro".

Non se conta con máis detalles sobre a vida de Pedro cós que recolle noNovo Testamento, excepto por algúns documentos deClemente Romano que tratan dos derradeiros anos da súa vida. De acordo coa narración evanxélica, Pedro era un pescadorgalileo que vivía enCafarnaúm, oficio que exercía co seu irmánAndré; estaba ou estivera casado, posto que a curación da súa sogra se recolle nos evanxeos sinópticos[2].

Pedro incorporouse ao grupo dos apóstolos ao comezo da predicación deXesús enGalilea. Segundo o testemuño de Xoán[3], foi o seu irmánAndré quen o introduciu ao grupo, tras terse contado ambos entre os seguidores deXoán Bautista. A narración dossinópticos contradí esta versión, porén, narrando que ao ver a ambos recoller as redes,Xesús convidou os dous irmáns a facerse pescadores de homes[4].

Pedro formou parte do grupo dosdoce apóstolos; case invariablemente, os evanxelistas noméano á cabeza do grupo. Foi un dos tres discípulos íntimos, que, segundo aBiblia, foron testemuñas da transfiguración de Xesús[5]. Tras crer que Xesús era o Mesías agardado[6], recibiría del a profecía de que sería a base da Igrexa. Niso baséase a tradición católica que fai del bispo deRoma e cabeza da Igrexa, cargo que Pedro ocupou denantes de morrer.

Marcos, 14:30:Hoxe, esta mesma noite, antes que cante o galo por segunda vez, ti negarasme tres veces (san Pedro, no retablo da capela do Hospital (Cambados).

Os evanxeos recollen tamén a profecía de Xesús de que Pedro o traizoaría tres veces. Conforme os evanxeos, aínda cando a noite da derradeira cea Pedro xurou non apartarse de Xesús, ao seren interrogados polos soldados do sumo sacerdote que o detiveran, negou tres veces coñecelo antes do galo cantar, é dicir, antes de que a noite rematase[7]. Logo daresurrección segundo relataXoán Evanxelista[8], Xesúsaparéceselle aos discípulos, dirixíse a Pedro e faille reafirmar tres veces o seu amor por el.

Trala morte de Xesús, a figura de Pedro é menos precisa. Se ben varios dos evanxeos —tanto canónicos como apócrifos— deixan entrever que fora especialmente favorecido por Xesús, os testemuños non son sempre coherentes. O autor deFeitos dos Apóstolos, porén, presenta a Pedro como unha figura crucial das comunidades paleocristiás; é el quen preside a selección da substitución deXudas Iscariote[9] e quen é examinado publicamente polosanedrín[10], tras curarmilagrosamente un home ás portas doTemplo de Xerusalén. Emprende misións aLidia,Iafa eCesarea e está presente noConcilio de Xerusalén, cando Paulo sostén que a mensaxe de Xesús se debe estende tamén aos xentís. A prédica de Pedro, porén, estivo polo xeral limitada ao poboxudeu.

O autor dos Feitos céntrase logo nas obras de Paulo, polo que dos anos posteriores é moito o que se ignora. De acordo coaEpístola aos gálatas, trasladouse aAntioquía, onde Paulo o atopou máis tarde[11]; tradicionalmente considérase o primeirobispo e patriarca desta cidade. APrimeira epístola aos corintios deixa entrever que Pedro quizais visitou a cidade nas súas misións[12].

Morte

[editar |editar a fonte]
Crucifixión de Pedro, obra deCaravaggio.

A tradición narra que Pedro acabou os seus días enRoma, onde foibispo, que alí morreu martirizado baixo o mandato deNerón noCirco Vaticano, e que foi sepultado a pouca distancia do lugar do seumartirio no ano67, onde a principios doséculo IV o emperadorConstantino mandou construír a gran basílicavaticana. Un texto daPrimeira epístola de san Pedro que envía saúdos dende "a Igrexa que está enBabilonia"[13] interpretouse tamén moitas veces en sentido figurado, como sinal de que Pedro escribía dendeRoma. En todo caso, é concluínte a evidencia de que, cando Paulo escribiu a súaEpístola aos romanos, Pedro non se atopaba na cidade. O primeiro que menciona a Pedro como bispo de Roma éIreneu de Lión, xa noséculo II.

Clemente Romano, na súa carta aoscorintios, data a súa morte na época das persecucións deNerón. O evanxeo de Xoán di que Pedro foi crucificado boca abaixo.Pedro de Alexandría, que foi bispo desa cidade e faleceu en torno a311, escribiu un tratado chamadoPenitencia onde di: "Pedro, o primeiro dos apóstolos, sendo apresado a miúdo e encerrado en cadea e tratado con ignominia, foi finalmente crucificado en Roma".Oríxenes no seuComentario ao libro da Xénese III, citado porEusebio de Cesarea, di que Pedro pediu ser crucificado cabeza abaixo por non considerarse digno de morrer do mesmo xeito queXesús. O mesmo relataXerome de Estridón na súa obraVidas de homes ilustres.Flavio Xosefo relata que a práctica de crucificar criminais en posicións distintas era común entre os soldados.

Pescuda dos restos

[editar |editar a fonte]
Escultura naigrexa de San Pedro in Gallicantu,Xerusalén, que representa o momento do canto do galo na noite do prendemento deXesús.

En1939 o papaPío XII ordenou a escavación nos subterráneos do Vaticano para tratar de comprobar á tradición que naquel tempo se puña en dúbida: que oVaticano era a auténtica tumba do apóstolo Pedro. As escavacións duraron ata1949. Atopouse unhanecrópole que se estendía de oeste a leste en paralelo aoCirco de Nerón. A necrópole estaba asolagada de terra, posiblemente por ser a base da basílica primixenia. Atopáronse cinco monumentos, o máis antigo do século II. Incluíase unha parte dun edificio pegado a un muro revocado en vermello que servía de fondo para o máis antigo dos monumentos. Neste edificio pequeno acháronse unhas inscricións anteriores a Constantino, mostra da devoción dos fieis. Unha das inscricións sinalabaPetrus eni ("velaquí está Pedro"). Tamén se atopou un lugar onde debería estar a tumba pero non había nada. Pola evidencia dada,Pío XII suspendeu as escavacións e anunciou que se atopara a tumba de Pedro.

Margherita Guarducci, arqueóloga, proseguiu as investigacións en1952. Estudou e descifrou o famoso muro das inscricións e descubriu o uso dunha criptografía de xeito místico: o uso repetitivo das letras "P", "PE" e "PET" como abreviatura do nome de Pedro, aínda que normalmente se vinculaba ao de Cristo. Así mesmo hai aclamacións aCristo,María, Pedro, a Cristo como segunda persoa daTrindade e á Trindade. Os restos físicos de Pedro foron atopados anos despois. Segundo a interpretación da arqueóloga, cando Constantino quixo facer a Basílica os ósos foron desoterrados e envoltos nun manto de púrpura e ouro e depositados no nicho onde debían estar, pero durante as escavacións os obreiros usaron o martinete para derrubar muros e, para chegar rapidamente á tumba, provocaron un derrubamento sobre os restos, que quedaron mesturados cos cascallos. Monseñor Cas, xefe da Fábrica de San Pedro, gardou todos os restos humanos e así ficaron dez anos sen que ninguén soubese a súa procedencia.

O antropólogoVenerando Correnti estudou os ósos e sinalou que os habíahumanos e dunrato, que deberá quedar atrapado tempo despois do enterro. Os ósos humanos presentaban as seguintes características:

  1. Tiñan adherida terra, mentres que os ósos de rato estaban limpos. Analizouse a terra adherida aos ósos humanos e é da mesma terra da tumba aberta e que foi atopada baleira, identificada por Pío XII como a de san Pedro; as tumbas lindeiras tiñan outra clase de terra.
  2. Os ósos estaban coloreados de vermello por estaren envolveitos nun pano de púrpura e ouro. Hai fíos de ouro e da tea incluso adheridos a algúns ósos. A calidade do pano é indicio da veneración que debía recibir o corpo. Estes ósos foron retirados presuntamente da tumba de terra e gardados no nicho para protexelos da humidade do terreo. Este nicho permaneceu intacto dende Constantino ata o século XX.
  3. Os ósos humanos son da mesma persoa: home, de complexión robusta, que morreu a unha idade avanzada e viviu noséculo I.

En1964 as investigacións de Guarducci remataron e un ano despois publicou o seu libroReliquie Di Pietro Sotto La Confossione della Basílica Vaticana ("As reliquias de Pedro baixo a confesión da Basílica Vaticana"), libro fortemente discutido. En1968Paulo VI anunciou que, segundo os estudos científicos realizados, había certeza abonda de que se atoparan os restos do apóstolo.

Obra

[editar |editar a fonte]

Entre os escritos doNovo Testamento, considérase habitualmente que noevanxeo de Marcos este, discípulo de Pedro, recolle as súas ensinanzas. Ademais, existen dúas epístolas atribuídas a Pedro.

APrimeira epístola de Pedro presenta ungrego de gran calidade, maior da que se debía agardar para un pescador[14] que tiña como lingua materna o arameo, de aí que se supoña que foi redactado por un amanuense directamente das palabras de Pedro.

A autenticidade daSegunda epístola de Pedro é moitísimo máis discutida. De acordo cos estudos deRaymond E. Brown, este texto era descoñecido en Occidente ata arredor do ano350 e aínda despois foi rexeitado por moitos cristiáns. En Oriente a súa aceptación chegou aínda máis tarde, noséculo VI nalgúns casos. En calquera caso, a primeira mención do texto é unha referencia a Oríxenes recollida porEusebio arredor de250. Numerosos autores teñen sinalado que o estilo é moi similar ao dunha carta apócrifa antigamente atribuída aClemente Romano (aSegunda epístola de Clemente), polo que é posíbel que o seu autor fose o mesmo. Razóns argumentais demostraron que o seu redactor coñecía aEpístola de Xudas.

Outras obras apócrifas teñen circulado coa pretensión de recoller as palabras ou os feitos de Pedro. Dende a antigüidade, porén, tense cuestionada a súa autenticidade:

Santidade

[editar |editar a fonte]

Como todos os apóstolos, é considerado santo na tradicióncatólica. É patrón dos papas, dos pescadores, dos mariñeiros, dos panadeiros, dos segadores, dos carniceiros, dos cristaleiros, dos zapateiros, dos reloxeiros, dos ferreiros, dos albaneis, dos construtores de pontes, dos fiadores e dos penitentes. A súa axuda invócase para as mordeduras de serpe, a rabia, a posesión diabólica, o roubo e as enfermidades das pernas.

A súa festa é o29 de xuño, a canda a dePaulo, pois crese que nesa data se trasladaron os seus restos ao seu soterramento definitivo, en258.

Parroquias galegas

[editar |editar a fonte]
Mapa coas advocacións de san Pedro en Galicia, unha das máis numerosas.

San Pedro apóstolo é titular de 322 parroquias en Galicia, e patrón dos concellos deMelide,Miño,Muros eO Pino (na Coruña);Muras eRiotorto (en Lugo);Leiro,Quintela de Leirado eXunqueira de Ambía (en Ourense); eAgolada,Crecente eNigrán (en Pontevedra).

Iconografía

[editar |editar a fonte]
San Pedro (San Román de Santiso, Lalín).
San Pedro papa (San Pedro de Cornazo, Vilagarcía de Arousa).

Na honra a Pedro, osPapas da Igrexa Católica levan un anel coa imaxe do santo botando as redes ao mar, chamado oanel do Pescador.

Na pasaxe doEvanxeo de Mateu en que Xesús nomea a Pedro base da Igrexa, o evanxelista engade que recibirá as chaves do Ceo e da terra[15]. Esta é probablemente a base da representación habitual de Pedro na iconografía como portador dun par dechaves (por veces unha soa), que constan tamén naheráldica vaticana.

A representación convencional de Pedro amósao xa ancián, portando as chaves. Entre os seus atributos cóntanse tamén o libro ou un rolo de pergamiño (atributos xerais dos apóstolos), o barco (pola súa profesión), e o galo (pola súa traizón).

As escenas do seu martirio preséntano polo xeral cabeza abaixo.

Ocasionalmente revísteselle cos atributos do seu cargo como bispo ou como papa, se ben as tradicións relativas a estes non se fixaron ata moito máis tarde. Nesta representación viste con capa e tiara papal de tres coroas superpostas, e co bordón de tres cruces na man esquerda, mentres que levanta a man dereita en actitude de beicer.


Predecesor:
inexistente
 
1º papa
 
32-67
Sucesor:
Lino

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Novo Testamento.Mateu 16:17-19,Marcos 8:29,Lucas 9:20
  2. Novo Testamento. Mateu 8:14-17, Marcos 1:29-31, Lucas 4:38
  3. Novo Testamento.Xoán 1:40-42
  4. Novo Testamento. Mateu 4:18-22, Marcos 1:16-20, Lucas 5:1-10
  5. Novo Testamento. Marcos 9:1
  6. Novo Testamento. Marcos 8:29
  7. Novo Testamento. Mateo 26:69-75, Marcos 14:66-72, Lucas 22:54-62, Xoán 18:25-27
  8. Novo Testamento. Xoán 21:15-17
  9. Novo Testamento. Feitos 1:15-26
  10. Novo Testamento. Feitos 4:7-22, Feitos 5:18-42
  11. Novo Testamento. Gálatas 2:11
  12. Novo Testamento. 1Corintios 1:12
  13. Novo Testamento. 1Pedro 5:13
  14. Novo Testamento. Feitos 4:13.
  15. Novo Testamento. Mateo 16.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Pedro, papaModificar a ligazón no Wikidata
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pedro,_papa&oldid=7192141»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp