Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Peñón de Vélez da Gomera

Coord.:35°10′20″N4°17′59″O / 35.1722,-4.2997
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPeñón de Vélez da Gomera
Imaxe
Tipoforte marítimo
territorio disputado
illa
penínsulaEditar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfricaEditar o valor en Wikidata
División administrativaMelilla, EspañaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 35°10′20″N4°17′59″O / 35.1722,-4.2997
Bañado porMar de AlboránEditar o valor en Wikidata
Características
Altitude87 mEditar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
23 de xullo de 1508Conquest of the Peñón de Vélez de la Gomera (1508)(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
BNE: XX455854

OPeñón de Vélez da Gomera (encastelán:Peñón de Vélez de la Gomera) é unhapenínsula epraza de soberaníaespañola, orixinalmenteilla rochosa ata o terremoto de1930, situada no norte deÁfrica, a 126 km ao oeste deMelilla e a 117 km ao sueste deCeuta, unida ao continente por unha estreita franxa de area.

Ten unha extensión de 19.000 m² aproximadamente e unha altitude máxima de 87 m sobre o nivel do mar. O límite que separaEspaña deMarrocos por Vélez da Gomera constitúe a fronteira máis pequena do mundo, con apenas 85 metros de lonxitude. Actualmente e de forma permanente está habitado con efectivos de varias unidades doExército de Terra de España.

Localización

[editar |editar a fonte]

Esta illa é un dosenclaves militares deEspaña no norte deÁfrica, na costa que se estende entre Ceuta e Melilla, cuxa posesión retivo España logo daindependencia doProtectorado Español de Marrocos, debido ao feito de que a súa posesión databa de datas anteriores á propia existencia do reino marroquí e non estaba xa que logo suxeita aoprotectorado.

Historia

[editar |editar a fonte]

O territorio ocupárono os españois por primeira vez o23 de xullo de1508, cando unha escuadra española mandada porPedro Navarro aniquilou ao poderoso núcleo depiratas que o defendían. En1522 Muley Mohamed, señor do territorio no que se atopaba o Peñón conseguiu apoderarse do mesmo. Finalmente, o6 de setembro de1564,García Álvarez de Toledo y Osorio, marqués de Villafranca e Vicerrei deCataluña, recupera o Peñón para España por orde deFilipe II. O Peñón de Vélez da Gomera mantívose ininterrompidamente baixo soberanía española desde ese momento. En1921, no contexto daGuerra de Marrocos, decídese reforzar a presenza española no mesmo.

En1930 o antigo illote rochoso quedou unido a terra firme polos efectos dunterremoto.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Peñón_de_Vélez_da_Gomera&oldid=6845122»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp