Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pazo de Rubiáns

Coord.:42°34′41″N8°43′59″O / 42.57815473,-8.73312533
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Rubiáns

Tipocasa señorialEditar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°34′41″N8°43′59″O / 42.57815473,-8.73312533
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVilagarcía de Arousa
ParroquiaRubiánsEditar o valor en Wikidata
Wikidata ]

OPazo de Rubiáns é unhacasa señorial situada na rúa do Pazo do lugar deRubiáns de Arriba, na parroquia deRubiáns, no concello pontevedrés deVilagarcía de Arousa, moi achegado á vila de Vilagarcía. A súa orixe é unhatorre-fortaleza doséculo XII, convertida enpazo noséculo XV e reformada noséculo XVIII, conserva os escudos de García de Caamaño e Mendoza, Señor da Casa de Rubiáns e fundador de Vilagarcía. Posúe unha leira de 70 hectáreas, cun importante viñedo de albariño (D.O. Rías Baixas) e un fermosoxardín onde salientan exemplares centenarios decamelias, que admiten visitas. Destacan os valores botánico, enolóxico e histórico-artístico do conxunto[1].

Historia

[editar |editar a fonte]

A orixe da construción é unhatorre-fortaleza ergueita no século XII pertencente á familiaCaamaño (Rui García de Caamaño, nobre doReino de Galicia). En1390Rui Fernández de Caamaño recibe en feudo Santa María de Rubiáns, de mans do arcebispo de Santiago de Compostela, Frei Berenguel de Landoira (xunto a Santa Baia de Arealonga -actual Vilagarcía-, San Pedro de Cornazo, Santo Estevo de Saiar e Santa Baia de Nantes) reconstruíndo esta torre. O seu fillo, García de Caamaño “O fermoso”, constrúe en1414 a súa residencia na quinta (como reza unha inscrición no arco da entrada) e funda o 12 de maio de1441 “Vila-García" (actualmenteVilagarcía de Arousa). Noséculo XIV érguense aadega, e ascortes do gando e os cabalos, aínda en pé e co eu estado orixinal, mais convertidas hoxe en día en salón de té e tendas. En 1598, o Señor de Rubbiáns daquela: Josepe Caamaño e Mendoza, constrúe acapela da casa, dedicada aSan Xosé e onde salienta oretablo do século XVI e varias imaxes. Noséculo XVIII Xacobe Ozores, señor de Rubiáns desterrado a Francia, reconstrúe o pazo coa axuda dun arquitecto galo que lle dá un ar de pazo francés.[2].

Turismo

[editar |editar a fonte]
Entrada.

O pazo é unha propiedade privada, pero totalmente visitábel. Conta cun importante viñedo e unha adega onde se poden mercar e degustar viñoalbariño. Ofrécense visitas guiadas ao pazo, ás adegas e aos xardíns, ademais realízanse celebracións de todo tipo de eventos.

Xardinaxe

[editar |editar a fonte]

O primeiroxardín do pazo data de finais doséculo XVII nas contornas do edificio, incluído o encoro das ras. Porén o axardinamento principal data doséculo XVIII e continuou nos séculosXIX eXX, coa introdución de innumerábeis especies exóticas comocamelias,eucaliptos,canforeiras,araucarias,magnolias,cedros de California,criptomerias...e autóctonas: comofreixos,carballos,sobreiras, etc.

Salienta o número de variedades decamelias que posúe (oitocentas variedades), de feito o pazo inclúese na ruta da Camelia e Galicia[3]. Dolores Urcola Zuloaga, señora do pazo no século XX, foi a responsábel da conservación do xardín e do gran número de exemplares de camelia que hai. Paloma Rey Fernández-Latorre, actual Señora de Rubiáns, traballa hoxe en día pola conservación e recuperación da propiedade.

O xardín do pazo foi nomeado Xardín de Excelencia Internacional da Camelia en 2014. Ascanforeiras, unmagnolio, opiñeiro de Norfolk e o conxunto deeucaliptos do Pazo de Rubiáns figuran noCatálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Viñedo

[editar |editar a fonte]
Videiras.

As videiras do pazo remóntanse á primeira época do pazo. Aadega e olagar datan doséculo XV. As condicións son óptimas para o cultivo doalbariño: solos graníticos, abondosas precipitacións e abas de media pendente e orientación suroeste. Afiloxera da vide (Dactylosphaera vitifoliae) estragou aos poucos a plantación, até que Gonzalo Ozores de Urcola recuperou o plantío a finais do século XX, pasando das 6 hectáreas iniciais ás 25 hectáreas actuais. Na aldea dise queAos viñedos do marqués, dálle o sol ata de noite.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Información do Pazo en Turgalicia
  2. O Pazo na páxina do pazoArquivado 05 de marzo de 2016 enWayback Machine.(encastelán).
  3. "Ruta da Camelia en Turgalicia". Arquivado dendeo orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pazo_de_Rubiáns&oldid=6990527»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp