| Pazo de Mugartegui | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Pontevedra | |||||||||
Instancia de | |||||||||
Estilo | |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
Fundación | |||||||||
| Dimensión | |||||||||
| |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
OPazo de Mugartegui, ouPazo dos Condes de Fefiñáns enPontevedra, é unpazobarroco que data do século XVIII. Actualmente alberga a sede doConsello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas.[1]
Está situado naPraza da Pedreira, no corazón docasco antigo de Pontevedra, moi preto daponte medieval do Burgo. A gran cantidade de pedras que se acumularon fronte ao pazo de Mugartegui para construír tanto o pazo como aigrexa de San Bartolomeu e oColexio da Compañía de Xesús fixo que este espazo recibise o nome de Praza da Pedreira.
Opazo foi construído para José Manuel Valladares e Figueroa, Conde de Fefiñáns, sobre as ruínas dunha casa do século XVII. Foi realizado polo mestre canteiro Pedro Antonio Ferreiro, que terminou a construción en 1771, excepto o frontón doescudo finalizado en 1773. O edificio pertencía entón á familia Fernández de Mugartegui, emparentada cos Valladares, de quen toma o seu nome actual.[2]
Durante o século XIX, o pazo converteuse nun centro educativo, xa que albergaba a Escola Normal Masculina. No século XX dividiuse en varias vivendas e, a partir de 1955, foi sede da Academia de Estudos Jovellanos.
Hoxe en día pertence ao Concello de Pontevedra, que o comprou o 20 de novembro de 1998.[3] O arquitecto Jesús Aser Fole foi o encargado de reformalo. Desde 2003 atópase alí a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas,[4] cun museo do viño na planta baixa, mentres que as súas salas son utilizadas polo Concello para actos protocolarios, culturais e sociais.[5] Inaugurouse para estas novas funcións o 24 de marzo de 2001.[6]

O pazo ten unha fachada cun arco de entrada, un balcón central convaranda curva e ungablete. A planta baixa tensoportais que daban acceso ás antigas cortes e adegas e ás habitacións da servidume, con setearcos de medio punto sostidos por pequenas columnas deorde toscana.[7] Por encima destes arcos, o segundo andar ten sete portas francesas. Diante da porta central do primeiro piso hai un pequeno balcón con varanda de ferro.[8]
O corpo central está enmarcado porpilastras coroadas conpináculos. Na parte superior, hai un frontispicio nofrontón semicircular partido cunescudorococó coroado por unhelmo, e sobre el, unreloxo de sol e unsol de pedra cuxos raios emanan dun rostro de fazulas riseiras. O escudo mostra as armas das liñaxes de Figueroa, Arango, Quirós e Omaña.
Na fachada traseira pódese ver aterraza que no seu día se abriu como miradoiro sobre oLérez.
O salón principal do pazo é utilizado polo Concello de Pontevedra para actividades culturais e para a celebración de vodas.[9] Ademais, desde o seu balcón, un personaxe famoso dá cada ano o pregón para inaugurar as festas de agosto da Virxe Peregrina de Pontevedra.[10]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pazo de Mugartegui |