Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pazo de García Flórez

Coord.:42°25′58″N8°38′35″O / 42.43283,-8.64297
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de García Flórez
PontevedraEditar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Estilo
Datas e cronoloxía
 Fundación
século XVIIIEditar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Enderezo
Calle Sarmiento, esquina calle PasanteríaEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

OPazo de García Flórez é un pazobarroco do século XVIII situado entre arúa Sarmiento e aPraza da Leña da cidade dePontevedra, en plenocasco antigo.

Historia

[editar |editar a fonte]

A finais do século XVIII, Antonio García Estévez Fariña e a súa esposa Tomasa Suárez Flórez encargaron a construción destepazo, que se agregou a outro máis pequeno e antigo.[1]

Un século despois, entre 1881 e 1930, o pazo converteuse na sede da Escola Normal Feminina de Pontevedra.[2]

Na década de 1930, o pazo albergaba a Escola Graduada para nenos na primeira planta, mentres que a segunda utilizábase como vivenda do director da escola. Estes dous andares foron alugados posteriormente ao Concello de Pontevedra.

Na década de 1940, o interior do pazo foi completamente remodelado polo arquitectoRobustiano Fernández Cochón para albergar oMuseo de Pontevedra. Conservouse o seu exterior barroco, construíuse un arco e unha ponte de pedra para conectalo copazo de Castro Monteagudo[3] e colocáronse dúas estatuas de pedra da Fortaleza e a Esperanza nas esquinas do tellado. O 15 de agosto de 1943 inaugurouse o Pazo García Flórez como sede do Museo de Pontevedra.[4]

As salas do museo abríronse ao público o 4 de setembro de 1946, excepto a reconstrución do camarote de oficiais da fragata Numancia, que se inaugurou o 7 de setembro de 1946.[5][6]

Descrición

[editar |editar a fonte]

No exterior, a fachada principal narúa Sarmiento ten unpórtico con tresarcos sobre grandes columnas.[7] No primeiro andar hai tres portas, rodeadas na súa parte inferior porvolutas, e no segundo dúas portas con balcóns que se estenden cara ás fachadas adxacentes, entre as que se atopa un grande escudo de pedra coroado por un granhelmo, orixinalmentedourado epolicromado, rodeado por cinco medallóns. No interior do escudo están representadas as liñaxes dos Estévez, Suárez, Fariña e Flórez. Nas esquinas da parte superior da fachada hai dúasgárgolas.

Na fachada sur hai unha porta na planta baixa e un gran balcón ao longo da fachada no primeiro piso. Na fachada este hai unha sucesión de xanelas e portas no piso superior e dúas portas no primeiro andar, unha delas con balcón. A fachada da rúa Pasantería ten diferentes xanelas distribuídas ao longo da fachada segundo as escaleiras do interior. O pazo ten 778 metros cadrados de superficie construída.[8]

No seu interior, hai salas dedicadas ás artes decorativas, a escultura e as artes populares. Entre as pezas expostas hai obxectos deacibeche,gravados, esculturas relixiosas,louza de Sargadelos, cristal deLa Granja, o despacho do almiranteMéndez Núñez, unha réplica do camarote da fragata Numancia[9] e unha lareira tradicional galega.[10]

Tras a súa reforma aprobada en 2022 os espazos interiores serán diáfanos e libres de obstáculos, quedando só as paredes mestras orixinais que lle darán un aspecto unificado. O pazo terá tamén unha ancha conexión subterránea copazo de Castro Monteagudo.[11]

Galería

[editar |editar a fonte]
  • Escudo de armas
    Escudo de armas
  • Fachada sur
    Fachada sur
  • Fachada oeste na rúa Pasantería
    Fachada oeste na rúa Pasantería
  • Estatuas da Fortaleza et da Fama no tellado
    Estatuas da Fortaleza et da Fama no tellado
  • Soportais da fachada principal
    Soportais da fachada principal
  • Fachada este
    Fachada este
  • Fachada principal
    Fachada principal

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "El séptimo edificio del Museo se hará en Valdecorvos".Diario de Pontevedra(encastelán). 13 de novembro de 2019. 
  2. "Visita los seis edificios del Museo de Pontevedra".La Voz de Galicia(encastelán). 26 de novembro de 2018. 
  3. "Del edificio García Flórez al cine Malvar".Faro(encastelán). 7 de febreiro de 2016. 
  4. "Visita los seis edificios del Museo de Pontevedra".La Voz de Galicia(encastelán). 26 de novembro de 2018. 
  5. "Cierre de la planta baja del edificio García Flórez del Museo".Pontevedra Viva(encastelán). 18 de febreiro de 2013. 
  6. "Estiman que el Museo puede recibir 200.000 visitas al año con los seis edificios abiertos".La Voz de Galicia(encastelán). 4 de agosto de 2016. 
  7. "Las mejoras de los edificios Castro Monteagudo y García Flórez del Museo saldrán a licitación el próximo mes".Faro de Vigo(encastelán). 4 de maio de 2014. 
  8. "La reforma de las sedes centrales del Museo se iniciará este año".Diario de Pontevedra(encastelán). 5 de maio de 2022. 
  9. "Pazo García Flórez, edificio Castro Monteagudo: hoy un bello museo. Memorando Civitatem Duo Pontes".Pontevedra Viva(encastelán). 26 de febreiro de 2022. 
  10. "Visita los seis edificios del Museo de Pontevedra".La Voz de Galicia(encastelán). 26 de novembro de 2018. 
  11. "Desbloqueo de la reforma de los edificios del Museo de Pontevedra".La Voz de Galicia(encastelán). 4 de novembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Pazo de García FlórezModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Aganzo, Carlos (2010).Pontevedra. Ciudades con encanto(encastelán). Madrid: El País-Aguilar. p. 55-56.ISBN 978-8403509344. 
  • Fontoira Surís, Rafael (2009).Pontevedra monumental. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. p. 308-309.ISBN 978-84-8457-327-2. 
  • Riveiro Tobío, Elvira (2008).Descubrir Pontevedra(encastelán). Pontevedra: Edicións do Cumio. p. 61-62.ISBN 9788482890852. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
De interese enPontevedra
Lugares senlleiros
Edificios civís
Casa das Campás • Casa do Correo Vello • Casa dos Vaamonde • Pazo dos Condes de Maceda • Pazo de Mugartegui • Pazo de Castro Monteagudo • Pazo de García Flórez • Casa das Caras • Liceo Casino • Teatro Principal • Casa consistorial de Pontevedra • Palacete das Mendoza • Pazo da Deputación de Pontevedra • Goberno Militar de Pontevedra • Hospital Provincial de Pontevedra • Mansión do Marqués de Riestra • Edificio da antiga Escola Normal • Praza de touros • Café Moderno • Edificio do Banco de España • Villa Pilar • Instituto Valle Inclán • Pazo de Lourizán • Antigo Cuartel de San Fernando • Casa dos Fonseca • Casa de Correos • Edificio Gran Garaje • Edificio do Colexio Oficial de Aparelladores • Mercado de Abastos de Pontevedra • Edificio da Caixa de Pontevedra • Goberno Civil de Pontevedra • Pavillón Municipal dos Deportes • Biblioteca Pública do Estado • Auditorio e Pazo de Congresos e Exposicións • Recinto Feiral de Pontevedra • Edificio Central da Xunta de Galicia en Pontevedra • Edificio Castelao  • Cidade da Xustiza de Pontevedra
Edificios relixiosos
Monumentos e esculturas
Prazas e rúas
Pontes
Restos arqueolóxicos
Museos
Artes escénicas
Educación e Cultura
Parques e espazos naturais
Instalacións deportivas
Exposicións e espectáculos
Hospitais
Transportes
Barrios
Medios de comunicación
Eventos
Asociacións culturais
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pazo_de_García_Flórez&oldid=7215308»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp