Paul Ralph Ehrlich, nado enFiladelfia o29 de maio de1932,[1] é unbiólogoestadounidense. É coñecido polos seus ideas e escritosneomalthusianistas. É membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Academia Americana de Artes e Ciencias, da Sociedade Americana de Filosofía, da Academia Europea de Ciencias e Artes, da Academia Americana de Ciencias e daRoyal Society.
Era fillo de William Ehrlich e Ruth Rosenberg. O seu pai era vendedor de camisas, a súa nai unha estudosa degrego elatín[2] e profesora de escola pública.[1] Os antepasados alemánsxudeus-reformistas da nai de Ehrlich chegaron aos Estados Unidos na década de 1840, e os seus avós paternos emigraron alí dende a zona deGalicia eRomanía doImperio austríaco.[3] Durante a súa infancia, a súa familia trasladouse aMaplewood,Nova Jersey, onde asistiu á escola secundaria Columbia, graduándose en 1949.[1][4]
Ehrlich obtivo unha licenciatura enzooloxía polaUniversidade de Pensilvania en 1953, un M.A. polaUniversidade de Kansas en 1955, e un doutoramento pola Universidade de Kansas en 1957, cunha tese titulada "The Morphology, Phylogeny and Higher Classification of the Butterflies (Lepidoptera: Papilionoidea)", dirixida polo investigador de abellas Charles Duncan Michener.
Durante os seus estudos participou con enquisas deinsectos nas zonas domar de Bering e doÁrtico canadense, e despois cunha bolsa dos Institutos Nacionais de Saúde, investigou axenética e o comportamento dosácaros parasitos. En 1959 ingresou na facultade daUniversidade Stanford, sendo ascendido a profesor debioloxía en 1966 e en 1977, foi noeado profesor BIng.
Malia que a súa formación é deentomólogo especializado enlepidópteros (bolboretas), é coñecido por popularizar o termo coevolución nun influínte artigo de 1964 escrito en colaboración cobotánicoPeter H. Raven, onde propuxeron que unha "carreira armamentística" evolutiva entre plantas e insectos explica a extrema diversificación de plantas e insectos.[5] Este artigo tivo unha grande influencia no entón nacente campo da ecoloxía química.
Tamén é presidente do Stanford Center for Conservation Biology (engalego, Centro de Bioloxía da Conservación da Universidade de Stanford). É membro da Asociación Americana para o Avance da Ciencia, da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos, da Academia Americana de Artes e Ciencias e da Sociedade Filosófica Americana.
Saltou á fama despois do seu controvertido libro "The Population Bomb" (en galego,A bomba P ouA bomba demográfica), de1968 do que foi coautora a súa mullerAnne H. Ehrlich, onde advertía dos perigos dasuperpoboación (o editor decidiu pór só un autor e Paul R. anos despois dixo que fora un erro permitilo). Varias das súas predicións resultaron erróneas. Prognosticou por exemplo que a cidade deCalcuta chegaría a unha poboación de 66 millóns de habitantes no ano 2000; ten finalmente uns 17 millóns.[6] Os Erlich, porén, afirmaron que non falaban de predicións senón de escenarios e proxeccións.[7]
Tamén é coñecido pola aposta Ehrlich-Simon, unha aposta feita en1980 co economista Julian Simon onde apostou pola suba dos prezos dasmaterias primas na década seguinte, que perdeu.
En 1969, tras a publicación deA Bomba P, fundou a asociación Zero Population Growth (con Richard Bowers e Charles Lee Remington).
Propón a fórmula I = P x A x T que establece que o impacto ambiental (I) é o produto da poboación (P) pola renda per cápita (a "abundancia" A -Affluence en inglés) e o tecnoloxías utilizadas (T)[8], o que indica que a superpoboación é só un dos factores de degradación ambiental.
En 1977, publicou coa súa muller Anne e con John Holdren a obraEcoscience: Population, Resources, Environment onde discuten solucións para asuperpoboación, desde aplanificación familiar voluntaria á esterilización forzada das mulleres despois de dar a luz a un número predefinido de fillos[9],[10],[11].
Durante unha entrevista en 2004, Ehrlich respondeu preguntas sobre as predicións que fixo en "A bomba demográfica". Recoñeceu que parte do que publicara non sucedera, pero reafirmou a súa opinión básica de que a superpoboación é un problema importante. Tamén afirmou que 600 millóns de persoas pasaban fame, miles de millóns estaban desnutridos e as súas predicións sobre enfermidades e cambio climático eran esencialmente correctas. Hoxe pensa que nos anos 70 foi "demasiado optimista".
En 2008 Ehrlich volveuse máis crítico cos Estados Unidos, alegando que debería controlar a súa poboación e o seu consumo como exemplo para o resto do mundo, suxerindo unha taxa impositiva máis alta para as familias máis numerosas.
En 2011, cando a poboación mundial superou os sete mil millóns, Ehrlich argumentou que os próximos dous mil millóns de persoas na Terra causarían máis danos que os dous mil millóns anteriores porque agora temos que consumir cada vez máis a recursos máis marxinais e prexudiciais para o planeta.[12]
Desde 2013, Ehrlich segue realizando investigacións sobre políticas relacionadas con poboación e recursos naturais, con énfase nas especies ameazadas, aevolución cultural, a ética ambiental e a preservación dos recursos xenéticos. Xunto coa doutora Gretchen Daily, realizou traballos na bioxeografía de campo; é dicir, o estudo de facer hospitalarias para a biodiversidade zonas con perturbacións humanas.
O seu grupo de investigación da Universidade de Stanford examina amplamente as poboacións naturais da bolboretaEuphydryas editha bayensis. Os desastres relacionados coa poboación que predixo Ehrlich non se materializaron en gran medida, coa desaceleración das taxas de crecemento da poboación e as novas tecnoloxías de produción de alimentos aumentando o abastecemento de alimentos máis rápido que a poboación. Ehrlich mantén a súa tese xeral de que a poboación humana é demasiado grande e supón unha ameaza directa para a supervivencia daHumanidade e o medio ambiente do planeta.
Cando se escribiuThe Population Bomb" (A bomba P'), non se coñecían a rápida perda debiodiversidade e a entoxicación do planeta. Xa nos resta moi pouco tempo para actuar.
Hoxe o biólogo está embarcado na tarefa de estudar e divulgar a chamadaSexta Extinción, a desaparición masiva de especies do planeta que, a diferenza das cinco grandesextincións en tempos prehistóricos, ten como principal responsábel ao ser humano.
Un grupo de críticos desde aesquerda política argumenta que Ehrlich enfatiza demasiado a superpoboación como un problema en si mesmo en lugar da distribución dos recursos.Barry Commoner argumentou que as súas solucións propostas eran coercitivas, e terían un custo desproporcionado para a xente pobre. Argumentaba que o desenvolvemento tecnolóxico, e sobre todo social, produciría unha diminución natural tanto do crecemento da poboación como do dano ambiental.[13][14] Ehrlich negaracismo ambiental ou calquera tipo deracismo e argumentou que se as súas ideas políticas fosen implementadas correctamente, non serían represivas.[15]
Nunha entrevista de 2018 conThe Guardian, Ehrlich, aínda que aínda estaba orgulloso deThe Population Bomb por iniciar un debate mundial sobre os problemas da poboación, recoñeceu as debilidades do libro, incluíndo non facer o suficiente énfase nosobreconsumo e adesigualdade, e contrarrestou as acusacións de racismo. Argumentou que"demasiada xente rica no mundo é unha gran ameaza para o futuro humano, e a diversidade cultural e xenética son grandes recursos humanos". Avogou por unha"redistribución sen precedentes da riqueza" co fin de mitigar o problema do consumo excesivo de recursos por parte dos ricos do mundo, pero dixo que "os ricos que agora dirixen o sistema global - que celebran as reunións anuais dos 'destructores do mundo' en Davos - é improbable que o permita."[16]
O control da poboación (a diferencia do control voluntario e autoiniciado da fertilidade), por moi disfrazado que sexa, implica algunha medida de represión política, e cargaría ás nacións pobres co custo social dunha situación - superpoboación - que é o resultado actual da súa explotación anterior, como colonias, por parte das nacións ricas.
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paul R. Ehrlich![]() |