Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paul Pierce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Pierce

(2008)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Paul Anthony PierceEditar o valor en Wikidata
13 de outubro de 1977Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Oakland, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Kansas
Inglewood High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura201 cmEditar o valor en Wikidata
Peso107 kgEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónbaloncestistaEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1998Editar o valor en Wikidata - 2017Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
DeportebaloncestoEditar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association eBaloncesto masculino da División I da NCAAEditar o valor en Wikidata
Posición de xogoAlaEditar o valor en Wikidata
Número deportivo34Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston CelticsEditar o valor en Wikidata
TraxectoriaEditar o valor en Wikidata
 EquipoNúmero de partidos xogadosPuntos/goles/tantos anotados
Boston Celtics
Los Angeles Clippers
Washington Wizards
Brooklyn Nets
1995–1998Kansas Jayhawks
Participou en
2002Campionato mundial de baloncesto de 2002Editar o valor en Wikidata

Sitio webpaulpierce.netEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm2319707Twitter: paulpierce34Instagram: paulpierceEditar o valor en Wikidata

Paul Anthony Pierce, nado o13 de outubro de1977 enOakland (California), é un ex xogador profesional de baloncestoestadounidense que xogou principalmente para osBoston Celtics daNational Basketball Association (NBA), equipo co cal conseguiu o anel de campión en2008. Alén de en Boston, xogou para osBrooklyn Nets,Washington Wizards eLos Angeles Clippers. Foi elixido no número dez doDraft da NBA de 1998 porBoston Celtics. Foi dez vecesAll Star e o seu maior éxito foi o anel de campión que logrou en2008 fronte aLos Angeles Lakers, sendo nomeadoMVP das Finais. Previamente, en2002, alcanzara as Finais de Conferencia. É alcumado "The Truth" (doinglés:A verdade).

Carreira

[editar |editar a fonte]

Universidade

[editar |editar a fonte]

Pierce foi unha estrela no Inglewood High School deInglewood (California) onde botou 4 anos e participou no concurso de mates ESPN Field All-American xunto conVince Carter en1995. Tras isto, iniciou a súa etapa universitaria naUniversidade de Kansas, onde pasou tres tempadas. Debutou na tempada1995-96 na que fixo 11,9 puntos e 5,3 rebotes por partido, aquel ano chegaron á final rexional onde caeron anteSyracuse 60-57, quedándose a un paso daFinal Four.

Un ano despois estiveron a piques de repetir posto pero quedaron na Sweet Sixteen (semifinais rexionais) tras perder fronte aArizona. Era o ano sophomore de Pierce e asinou 16,3 puntos, 6,8 rebotes e 2,1 asistencias en 28,1 minutos de media. Na súa última campaña cos Jayhawks, a1997-98 fixo 20,4 puntos, 6,7 rebotes e 2,6 asistencias en 30,4 minutos. A pesar diso, esta vez só puideron avanzar até a segunda rolda do torneoNCAA, onde foron derrotados porRhode Island. Anotou o seu máximo con 34 fronte aVanderbilt. Foi incluído no Mellor Quinteto All-America, e tanto en1997 como en1998 foi MVP do Torneo da Big 12 Conference. Tivo unha media no seu periplo universitario de 16,4 puntos e 6,3 rebotes.

NBA

[editar |editar a fonte]

Paul Pierce foi elixido porBoston Celtics no posto dez de primeira rolda dodraft de 1998. Debutou contraToronto Raptors asinando 19 puntos, 9 rebotes, 5 roubos e 4 tapóns. Aquela foi a campaña do lockout e acabou cunhas esperanzadoras medias de 16,5 puntos, 6,4 rebotes e 2,6 asistencias. Foi nomeado rookie do mes defebreiro tras facer 20,4 puntos, 7,1 rebotes, 2,4 asistencias e 2,73 roubos, líder daNBA neste apartado estatístico. Ademais, a finais da tempada foi incluído no Mellor Quinteto de Rookies. Tamén liderou aos Celtics en triplos anotados (84, 10º na liga), tentados (204), en porcentaxes de triplos (41.2, 10º tamén a a liga) e en roubos (1,71). Callou o seu mellor partido en puntos o29 de abril de1999 anteMiami Heat con 31, pero talvez o seu partido máis completo como novato foi anteIndiana Pacers o19 de abril con 30 puntos, 12 rebotes (a 1 rebote do seu récord esa tempada) e 6 asistencias (o seu mellor rexistro como novato). Os Celtics, da man deRick Pitino, acabaron cun balance de 19-31.

Na tempada 1999-00 mellorou sensiblemente os seus números con 19,5 puntos, 5,4 rebotes e 3 asistencias. O equipo volveuse a quedar fóra de playoffs pero a parella que formaba conAntoine Walker empezaba a coller forma. Superou o seu récord en puntos con 38 anteDetroit Pistons o13 de marzo de2000. Participou no Rookie Challenge co equipo sophomore. Un ano despois consagrouse como un xogador de elite, un dos grandes da liga tras facer 25,3 puntos, 6,4 rebotes e 3,1 asistencias por partido. Boston quedou de novo ás portas de playoffs, pero o equipo experimentou un cambio positivo coa chegada deJim O'Brien que substituíu a Pitino. Foi nomeado Xogador do Mes demarzo en2001 tras facer 30,3 puntos, 7,2 rebotes, 3,4 asistencias e 1,6 roubos. Na semana do19 de marzo tamén foi elixido xogador da semana. Anotou o seu tope en puntos con 44 anteNew Jersey Nets o22 de marzo de2001. Mais o seu partido máis popular foi no que Pierce se gañou o alcume de "The Truth", sobrenome que debe aShaquille O'Neal, despois de que o escolta céltico asinase 42 puntos fronte aLos Angeles Lakers o13 de marzo de2001.

Aquela tempada foi o único xogador do cadro deBoston en disputar os 82 partidos e converteuse no primeiro "celtic" dendeLarry Bird en alcanzar a cifra dos 2.000 puntos. Tamén logrou o récord de tiros libres tentados nunha soa campaña con 738, mentres que acabou terceiro na clasificación histórica de tiros libres anotados nunha tempada (550) trasCedric Maxwell (574) en1979 eJohn Havlicek (554) en1971. Acabou o ano oitavo en puntos por partido, cuarto en puntos totais e segundo en tiros libres anotados e tentados. Asinou 12 dobres-dobres e liderou ao equipo en anotación 43 veces, en rebotes 19 e en asistencias 13. Superou a barreira dos 40 puntos en 8 ocasións e a dos 30 en 23.

Durante o verán de2001 asinou un contrato de renovación multianual con Boston. Naquela tempada2001-02 Pierce logrou clasificar a Boston ás Finais daConferencia Leste, onde foron derrotados 4-2 porNew Jersey Nets. Previamente eliminaran aPhiladelphia 76ers eDetroit Pistons. Fronte aos Sixers fixo 30,2 puntos, 8,6 rebotes e 4,2 asistencias, anotando 46 no decisivo quinto partido. Fronte aos Pistons capturou 17 rebotes no 4º partido da serie, e nas finais de conferencia foi decisivo na maior remontada no último cuarto da historia de playoffs. Esta remontada ocorreu no terceiro partido ante os Nets no que anotou 21 dos seus 28 puntos na segunda parte, con 19 no último cuarto.

Pierce asinou a súa mellor tempada, fixo 26,1 puntos, 6,9 rebotes e 3,2 asistencias nos 82 partidos que xogou, chegando até as finais de conferencia e disputando o seu primeiroAll-Star Game enFiladelfia, onde anotou 19 puntos e capturou 7 rebotes en 23 minutos. Dende2002 até2006 estaría presente en tódolosAll-Star. Tanto endecembro como enabril compartiu conAntoine Walker o galardón de xogador do mes. O equipo acabou, ademais, co mellor récords​ en liga regular (49-33) dende a1991. Con 2.144 puntos converteuse no primeiro xogador deBoston Celtics en liderar a clasificación de puntos totais nunha tempada. AnteSeattle SuperSonics igualou o seu récord de 8 triplos, e fronte aCleveland Cavaliers instaurou un novo de 5 tapóns. Debutou coa selección do seu país no mundial deIndianápolis en2002, onde só puideron ser 6º ante o seu público.

A tempada2002-03 semellaba a ideal para dar o salto ás finais, pero topáronse en semifinais de conferencia ante unsNew Jersey Nets que dominaban a conferencia naquela tempada encabezados porJason Kidd. Caeron 4-0 e nunca deron sensación de mostrar oposición. Pierce volveuse a marcar unha tempada maiúscula con 25,9 puntos, 7,3 rebotes e 4,4 asistencias. Tanto nesta, como na anterior campaña, foi incluído no terceiro mellor quinteto da NBA. Para atempada 2003-04 a parella Pierce & Walker desfíxose pola marcha deste aDallas Mavericks. O balance de 36-46 en liga regular serviu para alcanzar os playoffs, onde caeron anteIndiana Pacers por 4-0. Pierce marcouse unha gran tempada pero estivo máis xeneroso, como din as súas 5,1 asistencias de media, o máximo de media nunha tempada, ademais dos seus 23 puntos e 6,5 rebotes.

Pierce nun partido anteWashington Wizards.

Na2004-05 volvía disputar todos os partidos de liga regular, algo que non sucedía dende a2001. Indiana Pacers volveu cruzarse no seu camiño, para eliminarlles de novo, non sen sufrimento, por 4-3. Da man deDoc Rivers, que se estreaba no banco de Boston, asinaron unha moi boa tempada regular con 45 vitorias. Con todo, Pierce asinou a peor tempada en puntos desde o seu ano sophomore, a pesar de callar unha gran tempada con 21,6 puntos, 6,6 rebotes e 4,2 asistencias de media. Na2005-06 Boston quedaría sen playoffs despois de catro anos consecutivos. Pierce callou, estatisticamente, a súa mellor campaña no que a puntos se refire con 26,8 por partido, volvendo superar a barreira dos 2.000 puntos. Ademais engadiu 6,7 rebotes e 4,7 asistencias. O15 de febreiro de2006 anotou o seu tope en puntos con 50 anteCleveland Cavaliers.

Por primeira vez na súa carreira, Pierce ía sufrir unha lesión importante que lle obrigase a perderse 35 partidos, cando o máis que perdera até o momento foran nove partidos na1999-00. Con esa tempada tamén houbo outra coincidencia, dende aquela campaña Pierce non xogaba un partido sen saír de titular. Fixo 25,8 puntos, 5,9 rebotes e 4,1 asistencias. O1 de novembro de2006 asinou 19 rebotes anteNew Orleans/Oklahoma City Hornets

2008, O primeiro anel

[editar |editar a fonte]

Na tempada 2007-08, Pierce en Boston formou parte do mellor equipo da NBA, sendo o líder en puntos (19,6) diante de xogadores do talle deKevin Garnett ouRay Allen. Nesa mesma tempada, gañaría o anel da NBA co seu equipo, osBoston Celtics, derrotando na final por 4-2 aLos Angeles Lakers, e sendo elixido como oMVP da final.

Durante os seus 9 anos de carreira na NBA, Pierce fixo unha media de 23,8 puntos, 6,8 rebotes, 5,2 asistencias e 1,7 roubos, e xa acumula 17.375 puntos, situándose cuarto na clasificación histórica de máximos anotadores de Boston, sendo por dereito propio toda unha lenda en Boston Celtics. Para moitos esta considerado como un do tres mellores aleiros da liga e un dos cinco xogadores máis completos da NBA.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Primeira Rolda
Segunda Rolda
Boston Celtics Campións da NBA 2007-08
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paul_Pierce&oldid=6763244»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp