Detalle da flor.Ilustración dun espécime novo e a súa flor.
Obrasil oupau brasil[1]Caesalpinia echinata, é unhaespecie de árbore brasileira dafamilia dasfabáceas (subfamilia das cesalpiniáceas), de madeira (de igual nome) dura, compacta e de cor vermella, da que se tira unhatintura de cor vermella chamada debrasilina, que oxida abrasileína. Úsase enebanistaría e para facerinstrumentos musicais. O brasil foi unha árbore moi abondosa nos bosquesbrasileiros eparaguaios, pero hoxe en día é cada vez máis escasa.
É unha árbore de crecemento lento e de talle mediano, xa que acada de 10 a 15m de altura. Otoro é recto -apropiado para a talla- cuberto deaguillóns, especialmente nas pólas novas (de feito, o epítetoechinata alude a esta característica xa que significa "con espiños"), de cor cinsa escura. A madeira é de cor alaranxada-avermellada, brillante, máis densa cá auga, polo que non pode aboiar e impide o seu transporte fluvial. Asfollas son compostas, bipinnadas, de cor verde intermedia e brillantes. Asflores dispóñense enacios erectos, achegados aos ápices das pólas. Están formadas por catropétalos amarelos e un menor vermello, e son moi recendentes. Oandroceo está formado por dezestames e oxineceo é deovario súpero. Ofroito é unlegume, cuberto porespiños longas e afiadas, e contén de 1 a 5sementes discoides, de cor marrón.
Cando os exploradoresportugueses acharon esta especie (dunha tonalidade tan avermellada, na beiramar deAmérica do Sur), puxéronlle o nome depau-brasil, poisbrasil supostamemte vén debrasa. Así ese nome diferenciaba esta especie suramericana doutra "diferente" oriúnda de Asia e outras áreas, coa que se produce unha tintura encarnada. Mais das especies descubertas en América do Sur obtíñase mellor poduto de tintura. Por iso estas árbores foron por moito tempo exportadas, medrando así a economía. Fíxose tan sonada, que pasaron a chamala doBrasil. Ás veces déuselle o nomepau de Pernambuco polo estado dePernambuco, rexión nordés do Brasil.
No negocio da ebanistaría, a máxima calidade obtense deCaesalpinia echinata, comercialmente chamada "madeira de Pernambuco". Porén os termos "Pernambuco" e "Brazilwood" úsanse en instrumentos de cordas, aínda que se refiren aespecies completamente diferentes. Exemplos desas especies de "madeira Brasil" inclúe o "ipê" (Tabebuia avellanedae) e a "massaranduba" (Manilkara bidentata).
Entre osséculosXV eXVI, esta especie foi moi valiosa enEuropa e bastante difícil de obter. Ás veces proviña desdeAsia, comercializada na forma de po e usada como tintura arroibada na manufactura de luxosostéxtiles, tales como oveludo, altamente demandado durante aRenacenza.
Cando os navegantes portugueses descobren Brasil, o22 de abril de1500, inmediatamente ven tal "madeira de brasil", que era extremadamente abundante. Nuns poucos anos, unha feroz talla e exportación de toros, converteuse nunha próspera industria, dando á coroa portuguesa o seumonopolio. O ricocomercio estimulou ocontrabando, e até ataquescorsarios contra buques portugueses para lles roubars o seu cargamento de madeira. Por exemplo, o intento infrutuoso dunha expedición francesa (liderada porNicolas Durand de Villegaignon, vicealmirante daBretaña e corsario do Rei en 1555) para establecer unha colonia no que actualmente éRío de Xaneiro (a frustrada ColoniaFrance Antarctique), foi en parte motivada pola riqueza xerada pola explotación do pau brasil.
A súa excesiva talla provocou un descenso grave nas súas poboacións noséculo XVIII, causando o colapso da súa explotación como madeireira. Actualmente, a especie achégase perigosamente á súaextinción en moitas subpoboacións orixinais. Está listada nasespecies ameazadas poloIUCN, e citada na lista oficial de especies ameazadas do Brasil. O mercado da súa madeira aínda non está prohibido. A "Iniciativa Internacional para a Conservación do Pernambuco" (IPCI, polas súas siglas en inglés), cuxos membros son os grosistas desta madeira, traballan para reforestar e utilizar outras madeiras para a fabricación de violíns. A falta crítica da súa madeira axudou á industria dafibra de carbono a reemprazala.
O pernambuco é a materia prima para a arquetaría: osluthiers, fanarcos para instrumentos de corda da familia doviolín. Foi levado aEuropa polas súas propiedades colorantes aproximadamente até1850, data na que se comezou a utilizar para fabricar arcos de violíns. Os irmáns Tourte encóntranse entre os primeiros arqueteiros que demostraron as cualidades excepcionais desta madeira. Nun principio, os construtores de arcos utilizaban outras especies das denominadas "madeiras tropicais". Todas elas tiñan unha densidade e unha dureza notábeis, polo que comunmente foron denominadas de "pau ferro". Porén, grazas ás súas cualidades sonoras, que lle valeron o favor dos músicos, e ás súas características físicas e mecánicas que fan del un material ideal para a construción de varas curvadas, en pouco tempo o Pernambuco substituíu a todas as outras especies. Douscentos cincuenta anos despois da súa introdución, cando se trata de construír arcos de calidade, os arqueteiros e músicos do mundo enteiro non atoparon nada que poida substituílo: rixidez, flexibilidade, densidade, beleza, capacidade de conservar a curvatura, a reunión de todas estas propiedades fan do pernambuco un material sen igual.[2]