Unha das súas composicións máis soadas é o "Himno das Nacións Unidas", coñecido como o "Himno da Paz", composto mentres residía na súa segunda patria,Porto Rico (onde nacera e se criara a súa nai), e onde tamén residían outros españois de sona internacional, tales comoJuan Ramón Jiménez eFrancisco Ayala.
Pau Casals naceu o29 de decembro de1876 no número 2 da rúa Santa Ana, na localidade deEl Vendrell (Cataluña), fillo do músico catalánCarles Casals, que daquela era organista e director do coro da localidade doBaix Penedès, e de Pilar Defilló, nada enMayagüez (Porto Rico), país ao que marcharan seus pais a traballar. Aos cinco anos xa estudabapiano,frauta eviolín grazas a seu pai, que era músico. En1882 realizou a súa primeira actuación musical, no coro da igraxa de El Vendrell e realizou a súa primeira composición: un agasallo para o seu padriño o día do seu santo. En1883, coa axuda de seu pai, compuxo unha partitura para unha representación deEls Pastorets.
En1885 queda impactado pola actuación dospallasosLos Tres Bemoles, un dos cales tocaba comicamente unha pipa enorme en forma deviolonchelo. Casals nunca vira uninstrumento de corda que se tocara nesa posición e, xunto co recital de violonchelo que o profesor Garcia deBarcelona ofreceu noCentre Catòlic del Vendrell, fixeron que Pau Casals tomara unha decisión sobre a súa vocación: sería violonchelista. Tralo recital do profesor Garcia, pediulle a seus pais un violonchelo, aínda que non llo compraron porque tiña moitos instrumentos. Porén, ao ver a ilusión que lle facía, un veciño construíulle un cunha cabaza, logo púxolle unhas cordas e finalmente unha capa de pintura.
Grazas aos seus coñecementos musicais previos, Casals aprende con poita rapidez, mais sen adaptarse ao xeito convencional de tocar o violonchelo, cousa que fixo que desenvolvera un estilo propio.
En1889 comezou a tocar noCafè Tost deBarcelona sete días á semana, tres horas cada noite, por 4pesetas. Ao ano seguinte, o propietario do Cafè Tost introduciu a Casals no mundo musical e cultural barcelonés. Aos 14 anos descubriu unha edición das "Seis Suites para Violonchelo" deJohann Sebastian Bach nunha librería de Barcelona, converténdose o compositoralemán no seu ídolo e as sinterpretacións das súas suites por parte do violonchelista catalán concedéronlle recoñecemento mundial.
O23 de febreiro de1891 participu nun concerto benéfico noTeatre Novedades de Barcelona, e ese mesmo ano coñeceu ao compositorEnrique Granados, co que comezou unha longa amizade. Tamén comezou a traballar enLa Pajarera, un café situado na praza de Cataluña, con actuacións cada noite cun trío e que pasaría a formar parte do chamadoSexteto de la Pajarera.
En1893 graduouse con honras na Escola Municipal de Música de Barcelona.
En1893 trasladouse coa súa nai e os seus irmáns a vivir aMadrid, onde inicia a súa segunda etapa de formación no Conservatorio de Música e Declamación conJesús de Monasterio como profesor de música de cámara. Ese mesmo ano recibiu por parte daraíña rexenteMaría Cristina de Habsburgo-Lorena unha bolsa mensual de 250 pesetas, que foi retirada pola mesma María Cristina en 1895.
O14 de febreiro de1895 foi nomeadoCaballero de la Real Orden de Isabel la Católica, e ese mesmo ano presentouse ás probas de acceso aoConservatorio de Música deBruxelas cunha carta de recomendación paraFrançois Gavaërt, director do Conservatorio. Unha vez pasadas as probas, Casals viaxou a Bruxelas para estudar conEdouard Jacobs no Conservatorio, mais tras un incidente co profesor, decide irse aParís. A raíña María Cristina retiroulle a pensión e, tras días difíciles na capitalfrancesa, decide regresar aBarcelona.
O regreso a Barcelona, o Casals profesor e concertista
Enmaio de1896 entra como profesor na Escola Municipal de Música de Barcelona e uns meses máis tarde, ennovembro é nomeado profesor de violonchelo doConvervatori del Liceu, entrando a formar parte tamén daGrande orquestra doTeatre del Liceu. Nesa época comezou a realizar concertos en pequenas sociedades en Barcelona.
En1900 instálase na cidade deParís, onde comeza a tocar co pianistaHarold Bauer. En1901 realizou unha viaxe aosEstados Unidos coa cantante Emma Nevada, o pianista Léon Moreau e o frautistaDaniel Marquesi. O mesmo ano iniciou a súa primeira xira polosEstados Unidos na localidade deWorcester, situada no estat deMassachusetts, que durou ata o verán de1902. Nun concerto realizado enSan Francisco sufriu un accidente que lle obrigou a retirarse da xira e a aloxarse na casa deMichail Stein. En 1902 foille concedida aGran Cruz de Caballero de la Real Orden de Carlos III pola raíña rexente María Cristina.
En1903 iniciou a súa primeira xira porSuramérica, e en1904 realizou a súa segunda viaxe aos Estados Unidos, desta vez para actuar de solista, sendo o máis importante o15 de xaneiro, cando o violonchelista catalán actuou por primeira vez naCasa Branca convidado para a realización dun concerto privado polo presidente dos Estados UnidosTheodore Roosevelt.
En1905 iniciou unha relación sentimental coa violonchelistaportuguesaGuilhermina Suggia, relación que finalizaría sete anos despois. Ese mesmo ano realizou a súa primeira viaxe aRusia, actuando no Salón da Nobreza deSan Petersburgo. En1906 fundou o Trío Cortot-Thibaud-Casals que debutou na localidade deLille (Francia), xunto ao violinistaJacques Thibaud e o pianistaAlfred Cortot, trío que chegaría a ser un dos máis prestixiosos do mundo. En1908 falece seu pai e o20 de outubro doano seguinte foi convidado para tocar na Classical Concert Society deLondres, feito que lle permitiu viaxar posteriormente aInglaterra cada ano para realizar diversos concertos.
En1928 realizou unha pequena viaxe aos Estados Unidos para interpretar o seu derradeiro concerto como solista nese país que tivo lugar noTown Hall de Nova York xunto co pianistaNicolai Mednikoff. Ese mesmo ano finalizou a relación coa súa dona e separáronse definitívamente.
O18 de xullo de1936, durante un ensaio, coñeceu a nova do alzamento militar deFrancisco Franco. Cando as tropas de Franco ocuparon Barcelona a finais dexaneiro de1939, viuse obrigado a exiliarse, volvendo a París, onde residiu na casa deMaurice Eisenberg. Logo da súa breve estadía en París, marchou aPrades, onde se instalou nunha habitación do Grand Hotel, dende onde comezou a súa campaña de axuda aos refuxiados españois xunto co seu amigoJoan Alavedra. Porén, o13 de xuño de1940 as tropas alemás invadiron París, polo que Francesca Capdevila, Pilar Casals, a familia Alavedra e o propio Pau Casals deciden abandonarFrancia dendeBordeos a bordo do"Champlain" con destino aNorteamérica. Con todo, cando estaban a piques de embarcar, o"Champlain" foi bombardeado polos alemáns, polo que decidiron regresar a Prades, onde se instalaron naVila Colette.
Dende1946, cando foi nomeado Grande Oficial da Lexión de Honra Francesa, Casals permaneceu inactivo como concertista en sinal de protesta polo inmovilismo das democracias occidentais cara ao réxime franquista. Porén o seu silencio remataría en1950, cando tras impulsar e presidir os Xogos Florais da lingua catalá, nace o6 de xuño dese mesmo ano oFestival Internacional de Música Pau Casals, o Festival Bach (en conmemoración do bicentenario da morte do compositor alemán) en Prades por iniciativa deAlexander Schneider, sendo o propio Schneider quen convenceu a Casals para que volvera tocar con motivo do Festival adicado ao seu compositor favorito.
Na segunda edición do Festival de Prades celebrado no Pazo dos Reis de Mallorca (Perpiñán,1951), Casals coñece aMarta Montáñez, quen en1954 marcharía a Prades para comezar as súas clases de interpretación co mestre catalán e con quen finalmente casaría o3 de agosto de1957 na cidade deSan Xoán (Porto Rico), e dirixiu enZürich (Suíza) as súas obrasSardana para violonchelos eOs tres reis. En1952 participou por primeira vez naAcademia Musical de Verano de Zermatt, impartindo dende aquela e ata1966 clases maxistrais de interpretación na Academia.
O11 de decembro de1955, Pau Casals realiza a súa primeira viaxe á terra natal de súa nai,Porto Rico, sendo acompañado porMarta Montáñez. Aoano seguinte, e por iniciativa de Abe Fortas e o gobernador, Luis Muñoz Marín, xestouse a creación dos Festivais Casals Inc., con Pau Casals como director musical e Alexander Schneider como asistente musical. Finalmente, a finais de novembro dese mesmo ano, Casals fixa a súa residencia enSanturce (Porto Rico), nunha casa situada na rúa Bucaré.
O16 de abril de1957, Pau Casals sufriu un ataque ao corazón durante un ensaio coa Orquestra del Festival, no Teatro da Universidade de Porto Rico, a dirección do Festival Casals decidiu realizar o primeiro Festival Casals de Porto Rico en homenaxe a Pau Casals baixo a dirección de Alexander Schneider. Ese mesmo ano, paralelamente ao Festival Casals, creouse aOrquesta Sinfónica de Puerto Rico e o Conservatorio de Música, do cal Pau Casals foi nomeado presidente.
O3 de xullo de1972, Pau Casals e a súa dona Marta crearon a Fundación Pau Casals co obxectivo de ceder a Cataluña todo o legado que o violonchelista conservaba na casa de Sant Salvador, en El Vendrell.
A finais desetembro de1973 Pau Casals sufriu un ataque ao corazón irreversible. Morreu o22 de outubro de1973, á idade de 96 anos, noHospital del Auxilio Mutuo deSan Xoán de Porto Rico, a consecuencia do ataque ao corazón. Posteriormente foi enterrado no Cemiterio Conmemorativo de San Xoán de Porto Rico.
O9 de novembro de1979, restablecida a democracia en España, os seus restos foron trasladados ao cemiterio deEl Vendrell, a súa poboación natal, onde actualmente descansan.
Aínda que non chegou a ver o final do réxime franquista, foi homenaxeado postumamente pologoberno español co reiJuan Carlos I, adicando en1976 un selo de correos á súa figura con motivo do centenario do seu nacemento.[7]
Segundo as súas memorias, así como o manifestou Albert E. Kahn en1970, Casals sufriu circunstancias difíciles durante os seus anos de exilio enPrades, en parte a causa da súa vontade de non abandonar os seus compatriotas internados noscampos de concentración do sueste de Francia durante a segunda guerra mundial e baixo a ocupación nazi. Mediante a celebración de concertos tratou de darlles apoio durante e despois da guerra.
Casals rescatou do esquecemento asSeis Suites para violonchelo só deJ.S. Bach. As suites para violonchelo só de Bach non eran moi coñecidas ata a década de1900, e durante moito tempo pensouse que estaban destinadas a ser estudos. Porén en1890, cando tiña 14 anos, Casals descubriu nunha tenda de partituras de segunda man de Barcelona unha copia en mal estado dunha edición deGrützmacher das Seis Suites para violonchelo só de Bach. Durante 13 anos estudou as suites cada día antes de tocalas en público por primeira vez.[8] Casals fixo máis tarde a súa versión persoal das seis suites.[9] Contra o ano1925, á idade de 48 anos, decidiu facer rexistralas nunha gravación, converténdose no primeiro violonchelista en gravalas entre os anos1936 e1939.
As súas versións das suites de Bach foron especialmente destacadas, e estas interpretacións que insistían nos matices, e que tamén quixera destacar o tamén catalánGaspar Cassadó, contribuíu ao redescubrimento destas obras polo gran público.[10]
Obra musical como violoncellista, compositor e director
Entre as contribucións máis importantes de Pau Casals destaca cambiar a técnica da interpretación de violoncello, buscando movementos máis naturais afastados da técnica ríxida doséculo XIX. Rescatou do esquecemento as suits para violoncello só deJohann Sebastian Bach, son famosas as gravacións que delas fixo entre1936 e1939. En calidade de intérprete achegou cambios innovadores á execución do violoncello e introduciu novas posibilidades técnicas e expresivas na devandita especialidade. Como director, buscaba igualmente a profundidade expresiva, a esencia musical que sabía alcanzar co violoncello.
Casals mostrou xa desde a súa infancia unha gran sensibilidade pola música. O seu pai, tamén músico, transmitiulle os primeiros coñecementos musicais, que Pau Casals ampliou con estudos enBarcelona eMadrid. Nesta cidade compartiu estudos co outro grande do violoncello español do século XX,Juan Ruiz Casaux, sendo ambos os dous discípulos do catedrático daEscuela Nacional de Música,Víctor Mirecki, iniciador da escola violoncelística española moderna, e deJesús de Monasterio na cátedra de perfeccionamento demúsica de cámara. Con tan só 23 anos iniciou a súa traxectoria profesional e actuou como intérprete nos mellores auditorios do mundo.
Pau Casals exerceu tamén como profesor e compositor, con obras como o oratorio "El pessebre", estreado o17 de decembro de1960 no Fuerte de San Diego (Acapulco) e que dirixiría arredor de todo o mundo ata1972, converténdose esta, na súa actividade musical máis importante dos seus últimos anos de vida. Tamén compuxo oHimno das Nacións Unidas (1971) e outras obras corais. Popularizou a canción catalá "El cant dels ocells" que se erixiu nun verdadeiro canto á paz.
Como profesor, impartiu numerosas clases maxistrais en institucións como a división de música da Universidade de Berkeley (Estados Unidos,1960), os cursos de verán da Escola de Música de Marlboro (Estados Unidos), ou cursos de interpretación de verán naÉcole Normale de Musique deParís (Francia).
Ao longo da súa carreira musical, Pau Casals realizou numerosos rexistros discográficos, tanto con agrupacións de música de cámara, como solista ou como solista. Entre as súas gravacións como solista cómpre salientar a das Seis Suites para violonchelo só de Bach realizada entre1936 e1939, sendo o primeiro rexistro discográfico das que xa son parte do repertorio fundamental de todo violonchelista.
Xunto á súa extraordinaria carreira como músico, Pau Casals mantivo sempre unha incansable dedicación á defensa da paz, a democracia e a liberdade, e ao longo da súa vida deixou constancia do seu compromiso en favor da clase traballadora.
A pesar de que, durante os anos do réxime franquista, nos estamentos oficiais e medios de comunicación españois o chamaban Pablo Casals, sempre reclamou que lle chamasen Pau, non só por que ese era o seu nome en catalán, lingua que sempre defendeu, senón tamén porque en catalán a palabra "pau" significa "paz".
En1917 anunciou a súa decisión de non volver actuar enRusia, tras os sucesos daRevolución Rusa e a implantación do réxime comunista. Nos anos posteriores estendería esa decisión a todos os países comunistas onde non houbese democracia.
En1926 creou enBarcelona aAssociació Obreira de Concerts (Asociación Obreira de Concertos): unha entidade independente cuxo obxectivo era permitir o acceso da clase traballadora ao ensino da música e a audición de concertos.
Coñecido polos seus ideais republicanos, en1931 mostrou publicamente o seu contento pola proclamación daSegunda República enEspaña, e foi convidado a participar nos actos conmemorativos do suceso. Participou nos actos dirixindo aOrquestra Pau Casals e oOrfeó Gracienc, que interpretaron aNovena Sinfonía de Beethoven nunha actuación no Palacio de Montjuïc de Barcelona.
En1933 rexeitou un convite para actuar enAlemaña por mor da chegada ao poder deAdolf Hitler, cuxa doutrina detestaba. Manifestou a súa intención de non tocar nese país ata que non houbese un cambio de réxime político.
O27 de xuño de1945, finalizada asegunda guerra mundial, ofreceu un concerto noRoyal Albert Hall deLondres coaOrquestra Sinfónica da BBC dirixida porAdrian Boult e, ao finalizar o concerto, transmitiu unha mensaxe a Cataluña dende os estudos da BBC. Ese mesmo ano, logo dunha semana de concertos porInglaterra, decidiu non volver tocar nese país en protesta pola inmovilidade dos países aliados ante o réxime do xeneral Franco. Rexeitou tamén os Doutorados Honoris Causa das universidades deOxford eCambridge.
Coa consolidación do réxime franquista decidiu trasladarse a vivir aSan Xoán de Porto Rico (a súa nai nacera en Porto Rico, onde os seus avós maternos, cataláns, foran a traballar).
En1946 decidiu non volver tocar en público mentres que as democrácias non cambiaran a súa actitude cara ao goberno de Franco, comezando o seu segundo exilio en Prades. Dende ese ano e ata1950 adicouse á composición, ao estudo e ao ensino, mentres seguía axudando aos refuxiados españois no estranxeiro. Tamén en 1950 impulsou a celebración dos primeiros Xogos Florais da lingua catalá no exilio que tiveron lugar enPerpiñán (Francia).
O13 de xullo de1954 o Parlamento de Cataluña no exilio, reunido na embaixada da República Española en México, propúxolle como Presidente da Generalitat de Cataluña. O violoncellista rexeitou o cargo, convencido de que "sirvo mellor a Cataluña nas circunstancias actuais como a sirvo" e porque dicía non estar á altura de tal dignidade.
O24 de outubro de1958 foi convidado a participar na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para conmemorar o Día das Nacións Unidas. O concerto, xunto coa mensaxe de paz que Casals gravara uns días antes enXenebra, foi retransmitido por radio a máis de 40 países. Aquela intervención converteuno nun dos símbolos mundiais da loita pola paz e a liberdade no mundo, e valeulle o nomeamento aoPremio Nobel da Paz dese mesmo ano.
O19 de abril de1962 actúa no Memorial Opera House deSan Francisco onde presenta "El Pessebre". Con motivo dese concerto, Pau Casals anuncia que dedicará o resto da súa vida a unha cruzada persoal pola dignidade humana, a fraternidade e a paz.
O24 de outubro de1963 volve á sede dasNacións Unidas enNova York para interpretar "El Pessebre", coa Orquestra do Festival Casals e o Coro da Orquestra de Cleveland. O presidente dos Estados Unidos, John Fitzgerald Kennedy, concédelle a "Medalla da Liberdade" deEstados Unidos.
O24 de outubro de1971 recibe a Medalla da Paz nunha homenaxe na sede da Asemblea Xeral dasNacións Unidas enNova York. No acto interpretouse, baixo a súa dirección, oHimno das Nacións Unidas composto por Casals con letra do poetaW.H. Auden por encarga da organización. A peza convértese noHimno á paz, como tamén é coñecida. Tras a interpretación do himno da ONU Casals pronunciou un discurso eninglés ecatalán, nun momento en que a lingua catalá era perseguida en España, converténdose na primeira persoa que utilizaba a lingua catalá na Asemblea Xeral das Nacións Unidas. No discurso, no que fai un encomio á paz, declárase catalán, e afirma que "Cataluña foi a nación máis grande do mundo". Tras o discurso, interpretou "El cant dels ocells" (engalego, "O canto dos paxaros"), unha composición tradicional catalá que, desde entón, converteuse nun novo himno á liberdade.
1945: Nomeado "Doutor Honoris Causa" polas universidades deOxford eCambridge. Casals rexeita a distinción en protesta pola inacción do goberno inglés ante a ditadura de Franco no Estado español.
1970: Durante os Festivais Casals deGuadalaxara (Xalisco,México), o goberno estatal condecórao coa medalla ao mérito.
1971: Nomeamento da fúaPablo Casals en Guadalajara, (México).
1971: Gran Cruz da Orde do Mérito Nacional deFrancia.
1971: Medalla da Paz das Nacións Unidas, entregada polo Secretario Xeral da ONU,U Thant, na sesión do24 de outubro de1971. Durante esta sesión, casals pronunciou o discursoI am a Catalan (Son un catalán).
Actualmente, celébranse tres festivais internacionais de música que levan o nome de Pau Casals. Estes festivais celébranse en tres das localidades máis importantes na vida de Casals:El Vendrell, localidade onde naceu, creceu e descansan os seus restos;Prades (Francia), onde viviu exiliado tralo triunfo franquista naguerra civil española; eSan Juan dePorto Rico, onde fixou a súa residencia en1942 ata a súa morte en1973.
Ademais cada catro anos dende o ano2000 tiña lugar nas localidadesalemás deKronberg eFrankfurt am Main aInternational Pablo Casals Cello Competition, auspiciada polaKronberg Academy, un concurso para descubrir e impulsar as carreiras dos futuros valores do violonchelo e que estaba apoiada pola Pau Casals Foundation, baixo o patronazgo deMarta Casals Istomin. Un dos premios era o uso dun dos violonchelos Gofriller de Casals. O primieiro premio principal entregado foi paraClaudio Bohórquez no 2000. O concurso só contou con dúas edicións, a inaugural do 2000 e outra no2004.[15]
No centro de El Vendrell, no paseo marítimo de Sant Salvador, está aCasa-Museo de Pau Casals, centrado na vida e a obra do violonchelista catalán. No barrio de Sant Salvador da mesma poboación atópase a sede da Fundación Pau Casals, con outra casa-museo fronte a un auditorio bautizado co seu nome, e cun busto realizado polo escultorJosep Maria Subirachs.