Patrice Latyr Evra, nado enDakar o15 de maio de1981, é unfutbolistasenegalés nacionalizadofrancés.
Patrice Evra é fillo dun diplomático, chegou axiña aEuropa porBruxelas onde o seu pai foi enviado cando el era moi novo. Foi criado en Les Ulis, departamento deEssonne, enFrancia onde viviu dende1984 até1998. Evra empezou a súa carreira como futbolista no equipo xuvenil doParis Saint-Germain antes de pasar ao S. C. Marsala, equipo daSerie C deItalia, onde comezou a facerse un nome e foi alcumadoA Gacela Negra. A seguinte tempada xogaríaa no Monza da Serie B.
Foi traspasado óOlympique de Niza e logo óA. S. Monaco en2002. No Monaco, Patrice foi parte do equipo que se coroou campión da Copa da liga de Francia e que chegou á final daliga de Campións da UEFA en2004. Evra asinou un contrato coManchester United o10 de xaneiro de2006 por preto de 5,5 millóns de libras e tres anos e medio de duración, proveniente do Monaco; xusto despois da adquisición de Nemanja Vidić. Fixo o seu debut o14 de xaneiro cunha derrota por 3-1 contra oManchester City naPremier League.
Fixo a súa primeira actuación enOld Trafford ante oLiverpool cunha vitoria por 1-0. Evra tivo dificultades en adaptarse ó estilo inglés, pero demostrou o seu gran rendemento natempada 2006-07. O29 de novembro de2006, marcou o seu primeiro gol no equipo ante oEverton F.C. Recuperado dunha lesión, volveu ó campo de xogo o10 de abril de2007, no famoso partido daliga de Campións da UEFA ante aA. S. Roma, onde colaborou no 7-1 final. Posteriormente, gañaría aUEFA Champions League nesa mesma tempada, o título máis importante da súa carreira noManchester United. O21 de xullo de2014, dáse por oficial a fichaxe de Evra polaJuventus de Turín. Tras dous anos e medio alí, decide abandonar aVecchia Signora por falta de continuidade no último tempo, polo que a finais de xaneiro de2017 acorda a súa saída e recala noOlympique de Marsella, marcando así o seu retorno aFrancia.[1]
O2 de novembro do 2017 foi expulsado nun partido do Marsella fronte aoVitória Guimaraes polaEuropa League 2017-18, porque no quecemento, pateou na cara a un afeccionado. Días despois foi despedido do Olympique de Marsella e sancionado sete meses polaUEFA.[2][3]
O7 de febreiro do 2018 confírmase a súa fichaxe poloWest Ham United daPremier League inglesa até o final da mesma tempada, con todo o 24 de maio do mesmo ano rescinde o seu contrato co club quedando libre ós 37 anos.