Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Padroeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Patrón»)
Santiago o Maior (representado comoSantiago Matamouros), patrón de Galiza e de varias parroquias galegas.

NaIgrexa católica e nasortodoxas, nas cales se cre na intercesión dossantos, opatrón,[1]padrón,[2]padroeiro[3] ouavogado[4] é un santo que ten unha afinidade especial cunha comunidade ou un grupo específico de persoas e a cuxa intercesión se acollen os membros deses colectivos. O termo (dolatín,patrōnus) é sinónimo de defensor e protector. Os santos patróns son considerados por moitos crentes como intercesores e avogados ante Deus, sexa dunha nación, un pobo, un lugar, unha nación, unha profesión, unha clase...[5]

A veneración cara aos santos: os santos patróns

[editar |editar a fonte]
San Xosé é o santo patrón dos carpinteiros,enxeñeiros, etraballadores.

OConcilio Vaticano II expresou o vínculo de veneración cara aos santos cuxos carismas os facían recomendables á devoción e imitación dos fieis.

EnEspaña (mais sobre todo enGaliza) a maior parte das localidades teñen un patrón e unha patroa, en cuxa honra se celebran as festas maiores da localidade. Os patróns son santos ou advocacións deCristo e as patroassantas ou advocacións daVirxe María.

En Galiza adoita ser moi importante, xa que as festas maiores honran o patrón. Por exemplo, enSan Lourenzo de Belesar as festas patronais honran aSan Lourenzo; oBelesar deChantada aSan Bertomeu e oBelesar deVilalba aSan Martiño.

Advocacións das parroquias

[editar |editar a fonte]

Asparroquiascatólicas adoitan estar baixo a advocación dun santo. Non debe confundirse cohaxiotopónimo, pois son distintos en que:

Algúns patróns

[editar |editar a fonte]
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde agosto de 2016.)
A Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros.
San Brais, santo patrón dalgunhasparroquias galegas, tamén o é dos enfermos degorxa.
San Cristovo, patrón dos condutores.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapatrón.
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapadrón.
  3. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapadroeiro.
  4. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraavogado.
  5. Surhone, Lambert M; Tennoe, Mariam T; Henssonow, Susan F (2010).Patron Saint(en inglés). Saarbrücken (Alemaña): VDM Verlag Dr. Mueller AG & Co.ISBN 978-6-1345-8375-6. Consultado o 7 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Padroeiro&oldid=6944693»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp