Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Pataca

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Pataca (homónimos).
Pataca
Solanum tuberosum
Carl von Linné1753Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
S. tuberosumEditar o valor en Wikidata
 Nome común
Baloca
patacaEditar o valor en Wikidata
Características
 Rusticidade da planta
 Fonte de
Clasificación taxonómica
ReinoPlantae
DivisiónMagnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
OrdeSolanales
FamiliaSolanaceae
XéneroSolanum
EspecieS. tuberosum
Identificadores
ITIS505272Editar o valor en Wikidata
OTT494835Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 URL de xenoma secuenciado
Redes
BNE: XX526145
Wikidata G:Commons C:Commons

Apataca (Gl-pataca.wavpronunciación (axuda · info)),baloca[1],castaña oucastaña da terra[2] é otubérculo daplanta da pataca oupataqueira[3] (Solanum tuberosum), unha planta dafamilia dassolanáceas, orixinaria deAmérica do Sur e cultivada en case todo o mundo polo seu tubérculocomestíbel.

Con frecuencia adóitase citar comoendémica dosAndes nunha área que coincide aproximadamente co sur doPerú[4], onde foicultivada econsumida polo menos dende oVIII milenio a. C.[5], porén dende hai séculos a planta é cultivada noutras latitudes dando lugar a diversas variedades de patacas.

En Galicia a maior zona de produción do tubérculo é acomarca da Limia, de cuxo comercio procede a principal fonte de ingresos da comarca. EnVilalba (Terra Chá) eCoristanco (comarca de Bergantiños), cultivan a pataca como complemento dos ingresos da actividade agraria e do autoconsumo, resultando un produto de grande sona e calidade en feiras e mercados.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]
Patacas de cores (en Chile)

A palabragalegapataca vén docastelánpatata. AReal Academia Española di que á súa vez a palabra castelá é uncruzamento léxico dotaínobatata 'pataca doce' e a palabraquechuapapa 'pataca'. Isto indica probablemente que nun principio pensouse que a pataca era unha variedade dabatata, malia non gardar ningún tipo de parentesco entre ámbalas dúas plantas. Ademais de pataca, en moitas zonas deGalicia chámaselle "castaña", "castaña de terra" ou "castaña da mariña", seguramente debido a que as propiedades alimentarias eran semellantes ás da castaña, desprazando o consumo do froito docastiñeiro.[6]

En moitas linguas, a palabra pataca provén detartufoli, denominaciónitaliana que se lle deu á pataca pola súa semellanza coatrufa (en italianotartufo). Así pódense atopar noutras linguas palabras derivadas da verba italiana comokrompir noesloveno,картоф (kartof) nobúlgaro,картофель (kartofel) noruso ekartoffel noalemán.

Noutras linguas o nome común para otubérculo é "mazá de terra":pomme de terre enfrancés,aardappel enneerlandés,תפוח אדמה enhebreo (a miúdo escrito como פוד), eerdapfel noalemánaustríaco. Nalingua finesa existen un termo semellante para a pataca, a cal é chamadaperuna, termo que provén doantigo suecojordpäron "pera de terra". Durante oséculo XVI, o termo francéspomme de terre foi traducido literalmente a outras linguas conforme a introdución da pataca se espallou por todaEuropa. Nalingua polaca a pataca chámaseziemniaki,ovak zemiak eneslovaco.

Orixe

[editar |editar a fonte]
Follas e flores da pataca

Cultivada noPerú desde oVIII milenio a.C., o berce da pataca estivo na fronteiraperuano-boliviana pero a man e intelixenciaincaicas tiveron moito que ver na multiplicación das súas variedades. Foron tamén eles os que desenvolveron a técnica para deshidratala, e apreciárona máis porque resiste moito tempo de almacenamento.

SegundoSantiago Antúnez de Mayolo, os poboadores doImperio Inca comían as patacas coa casca, porque estaban convencidos de que pelalas provocaba nelas un terrible pranto.

Cando osconquistadores chegaron aSuramérica, ao principio rexeitaron o tubérculo, porque crían que se trataba dun vexetalvelenoso. Esta non sería a única acusación á que se enfrontarían as patacas, das que se dixo que eran fonte deluxuria, delepra e doutras desordes eenfermidades. Os escoceses negáronse inicialmente a comela polo simple feito de non a atopar mencionada naBiblia.

A pataca foi introducida enEuropa en1573, e cara finais do século xa era un alimento común enItalia,Alemaña,Polonia eRusia. Non enFrancia onde só a beleza das súasflores permitiu que permanecese. Segundo se di,María Antonieta converteunas en adorno favorito para o seu cabelo. Hoxe a pataca é un dos cultivos máis importantes doplaneta.

O cronistaPedro Cieza de León, contemporáneo deFrancisco Pizarro, describiuna en1550 e crese que foi el quen a trouxo aEspaña en1554 como achado. En1573 cultivouse no Hospital de Sevilla para alimentar os enfermos. Chegou aRoma no1588; o naturalistaCharles de l’Ecluse descríbea coma unha “pequenatrufa” ou "tartuffoli". Seica foi levada aInglaterra, desde a costa deColombia, porThomas Hariot cara a1586, e máis tarde comezou a cultivarse enIrlanda aló poloséculo XVII. Neste século Europa sofre duras invernías que minguan a produción agrícola e a poboación sofre os estragos da fame. Isto incrementou a aparición das enfermidades e as guerras, reducindo sensiblemente a man de obra activa para o traballo agrícola. Estas dificultades prolongáronse durante oséculo XVIII, xerando a inestabilidade social e política deFrancia. Neste contexto de fame e precariedade creouse a lenda en torno ao farmacéuticoAntoine Parmentier, a quen se atribúe desacertadamente a popularización do consumo da pataca.

A variedade da pataca medrou de xeito exponencial debido á hibridación dende o descubrimento deste tubérculo pola cultura occidental.

Descrición

[editar |editar a fonte]
Plantas
Folla composta da pataca.

S. tuberosum é unhaplanta herbácea,tuberosa,perenne a través dos seus tubérculos,caducifolia (xa que perde as súas follas e talos aéreos na estación fría), detalo erecto ou semidecumbente, que pode medir ata 1m de altura.[7]

Follas

[editar |editar a fonte]

As follas son compostas, con sete a novefolíolos (imparipinnadas), de forma lanceolada e dispóñense en forma espiralada nos talos. Son bifaciais, ambas asepidermis están compostas porcélulas de paredes sinuosas en vista superficial. Presentan pelos outricomas na súa superficie, en grao variable dependendo docultivar considerado. Os tricomas poden ser uniseriados, glandulares e cunha cabeza pluricelular máis ou menos esférica.

Talo

[editar |editar a fonte]

Presentan tres tipos detalos, un aéreo, circular ou angular en sección transversal, sobre o cal se dispoñen as follas compostas e dous tipos detalos subterráneos: os rizomas e os tubérculos.[8]

Solanum tuberosum, aspecto da parte basal da planta, na que se mostran os talos aéreos, osrizomas, ostubérculos e asraíces. En negro, o tubérculo "nai" ou "semente" que deu orixe á planta.

Talos aéreos

[editar |editar a fonte]

Estes talos, que se orixinan a partir de xemas presentes no tubérculo utilizado como semente, son herbáceos, suculentos e poden alcanzar de 0,6 a 1 m de lonxitude; ademais, son de cor verde, aínda que excepcionalmente poden presentar unha cor vermella purpúreo. Poden ser erectos ou decumbentes, sendo o normal que vaian inclinándose progresivamente cara ao chan na medida que avanza a madurez da planta. Os entrenós son alongados na subespecieandigena e máis ben curtos na subespecietuberosum.[7] Na etapa final do desenvolvemento das mesmas, os talos aéreos poden tornarse relativamente leñosos na súa parte basal.[8]

Brotes deSolanum tuberosum crecendo sobre o tubérculo. Estes brotes producirán os talos aéreos da planta. Obsérvanse as raíces adventicias pequenas na base dos brotes.

Rizomas

[editar |editar a fonte]

Estes talosrizomatosos están formados por brotes laterais máis ou menos longos que nacen da base do talo aéreo. Nacen alternadamente desde subnós situados nos talos aéreos e presentan un crecemento horizontal baixo a superficie do chan. Cada rizoma, en tanto, a través dun engrosamento no seu extremo distal, xera un tubérculo.[8]

Tubérculos

[editar |editar a fonte]

O terceiro tipo de talo da pataca é subterráneo e áchase engrosado como unha adaptación para funcionar como órgano de almacenamento de nutrientes, otubérculo.

Tubérculos da pataca. Obsérvese osollos e aslenticelas sobre a superficie.

Os rizomas presentan unha zonameristemática sub-apical, de onde se orixinan os tubérculos mediante un engrosamento radial, produto do alongamento das células parenquimáticas e a perda da polaridade das mesmas. Durante a formación do tubérculo, o crecemento lonxitudinal doestolón detense e as células parenquimáticas da cortiza, da medula e de rexións perimedulares sofren divisións e alongamento. Nos tubérculos maduros, existen poucos elementos condutores e non hai uncámbium vascular continuo. Os tubérculos están cubertos por unhaexoderme que aparece ao romper a epiderme que vai engrosándose co tempo. Sobre a súa superficie existen "ollos", afundimentos para resgardar as xemas vexetativas que orixinan os talos, que están dispostos de forma helicoidal. Ademais, ten orificios que permiten a respiración, chamados lenticelas. Aslenticelas son circulares e o número das mesmas varía por unidade de superficie, tamaño do tubérculo e condicións ambientais.[9] Os tubérculos, en definitiva, están constituídos externamente polaperidermis, as lenticelas, os nós, as xemas e, finalmente, por un fragmento ou unha cicatriz proveniente da unión co rizoma do cal se orixinaron; internamente distínguese a cortiza, oparénquima de reserva, o anel vascular e otecido medular. Os tubérculos poden presentar unha forma alongada, redondeada ou oblonga; a súa cor, en tanto, pode ser branco ou amarelo (polpa), violeta, café ou avermellado (a casca).[10]
Os tubérculos que afloran a niveis dosolo adquiren unha cor verdoso na parte onde reciben aluz solar pola acumulación superficial declorofila —de cor verde, do mesmo xeito que as follas e talos— responsable, como na maior parte davexetación, dafotosíntese, maximizando así a absorción doCO2 doaire, por asimilación do seu átomo decarbono e liberación dos seus dous deosíxeno cara aatmosfera. A parte verde da papa exposta aos raios solares debe eliminarse na preparación comoalimento, debido a súatoxicidade.

Raíz

[editar |editar a fonte]
Tubérculo de pataca que se desenvolve no extremo dun rizoma

Osistema radical é fibroso, ramificado e estendido máis ben superficialmente, podendo penetrar ata 0,8 m de profundidade.
As plantas orixinadas a partir de tubérculos, por provir de xemas e non de sementes, carecen deradícula; as súas raíces, que son de carácteradventicio, orixínanse a partir de xemas subterráneas. Estas raíces sitúanse na porción dos talos comprendida entre o tubérculo semente e a superficie do chan; por esta razón, o tubérculo debe ser plantado a unha profundidade tal que permita unha adecuada formación de raíces e de rizomas.

A partir dos primeiros estados de desenvolvemento, e ata o momento en que comeza a formación de tubérculos, as raíces presentan un rápido crecemento.[11]

Inflorescencia e flor

[editar |editar a fonte]
Inflorescencia en preantese.
Inflorescencia eflores da planta da pataca.
S. tuberosum: flor, detalle.

Ainflorescencia en forma depanícula ou cima dáse no extremo terminal dotalo e o número deflores en cada unha pode ir desde unha ata trinta, sendo o máis usual entre sete e quince. O número de inflorescencias por planta e o número de flores por inflorescencia están altamente influenciados polocultivar. Aproximadamente no momento en que a primeira flor está expandida, un novo talo desenvolve na axila da folla proximal, o cal producirá unha segunda inflorescencia.

As flores teñen de 3 a 4 cm de diámetro, con cincopétalos unidos polos seus bordos que lle dan ácorola a forma dunha estrela. As cincoanteras áchanse unidas formado un tubo ao redor dopistilo e presentan unha lonxitude de 5 a 7 mm. Oestigma xeralmente é excerto máis aló do anel de anteras. Acorola pode ser de cor branca ou unha mestura máis ou menos complexa de azul, borravino e púrpura dependendo do tipo e cantidade deantocianinas presentes.
As anteras son de cor amarela brillante, excepto nos clonsandroestériles nos cales adoptan unha cor amarela clara ou amarelo verdoso. Os estigmas son usualmente de cor verde, a pesar de que algúns clons poden presentar estigmas pigmentados. A protrusión dos estigmas por arriba das anteras pode ir desde esencialmente ausente ata oestilo tan longo como as anteras. A protrusión do estilo por fóra da columna de anteras non ocorre ata o día previo ao da apertura da flor. As flores na ramificación máis próxima á base da planta son as primeiras en abrir e, en xeral, abren dúas ou tres por día. As flores permanecen abertas por dúas a catro días o que dá como resultado que cada inflorescencia presente de cinco a dez flores abertas ao mesmo tempo durante o pico da floración. A receptividade do estigma e a duración da produción depole é de aproximadamente dous días. Afertilización ocorre aproximadamente trinta e seis horas despois dapolinización.

É complicado clasificar a esta especie polo seu modo de reprodución xa que, aínda que producesementes por autofecundación (comportamento propio das especiesautógamas), exhibedepresión endogámica (característica propia das especiesalógamas). Independentemente do anterior, as sementes que se producen nosfroitos obtidos porpolinización libre son unha mestura de auto-polinizacións con polinizacións cruzadas, sendo as primeiras as máis numerosas.[12]

Froito e sementes

[editar |editar a fonte]
Froitos

Ofroito da planta de papa é unhabaga, de forma semellante a untomate pero moito máis pequena, a cal pode presentar unha forma redonda, alongada, ovalada ou cónica. O seu diámetro xeralmente flutúa entre 1 e 3 cm, e a súa cor pode variar de verde a amarelado, ou de castiñeiro avermellado a violeta. As bagas presentan douslóculos e poden conter aproximadamente entre duascentas e catrocentas sementes. As bagas preséntanse agrupadas enacios terminais, os cales inclínanse progresivamente na medida que avanza o desenvolvemento dos froitos.

As sementes son moi pequenas, aplanadas, de forma arriñonada, e poden ser brancas, amarelas ou castaño amareladas.[12]

Morfoloxía, distribución e orixe das subespecies

[editar |editar a fonte]
Mapa de distribución das subespecies deSolanum tuberosum:
S. t. andigenum en dourado e
S. t. tuberosum en marrón.

Pertence á subsecciónPotatoe do xéneroSolanum, o cal se distingue das restantes subseccións do xénero debido a que as especies que agrupa presentantubérculos verdadeiros formados no extremo dosrizomas.[13] A serieTuberosa, á súa vez, caracterízase polas súasfollasimparipinnadas ou simples, a súacorola rotada ou pentagonal e as súasbagas redondeadas.[14] A especieS. tuberosum diferénciase das outras especies da mesma serie taxonómica por presentar a articulación dopedicelo no terzo medio, os lóbulos do cáliz curtos e dispostos de modo regular, as follas frecuentemente arquexadas, os folíolos sempre ovados a lanceolados, aproximadamente do dobre de longo que de ancho e os tubérculos cun período dedormición ben marcado.[14]

Solanum tuberosum divídese en dúas subespecies:

As diferenzas morfolóxicas entre as dúas subespecies deS. tuberosum son moi pequenas e consígnanse na seguinte táboa. A principal diferenza entre as dúas subespecies é queS.t. andigena depende dun fotoperíodo curto para tuberizar.[13][14][15] Ademais destas diferenzas morfolóxicas, ambas as subespecies áchanse netamente diferenciadas a nivel xenético, tanto a nivel doxenomacloroplástico como nuclear.[17][18][19]

CaracterísticaSubespecieS.t. andigenaSubespecieS.t. tuberosum
FollasMoi divididasMenos divididas
FolíolosEstreitosAmplos
Ángulo que forma a folla con respecto ao taloAgudoObtuso
PediceloNon se engrosa cara ao ápiceEngrósase cara ao ápice
Resposta ao fotoperíodo para tuberizarNecesita días curtosTuberiza en días longos ou curtos
Ollos no tubérculoProfundosEn xeral superficiais
Forma do tubérculoXeralmente redondeadoUsualmente alongado

Con respecto á orixe xenética de ambas as subespecies, actualmente é claro que a gran diversidade xenética da subespecieS.t. andigena (con innumerable cantidade de variedades crioulas descritas e unha gran diversidade a nivel do xenoma nuclear e cloroplástico)[20] é a subespecie orixinal e a que deu orixe aS.t. tuberosum. As diferenzas a nivel doADNcloroplástico son de suficiente magnitude como para poder ser utilizadas como marcador xenealóxico para determinar inequivocamente como se orixinou a subespecieS.t. tuberosum. Así, documentouse que existen cincoxenotipos de cloroplastos para a subespecieS.t. andigena (denominados A, C, S, T e W), mentres que a subespecieS.t. tuberosum presenta só tres tipos (A, T e W). O tipo máis frecuentemente achado na subespecieS.t. tuberosum é o «T», caracterizado por unha deleción de 241 pares debases.[21] Os estudos do ADN cloroplástico dunha gran cantidade de variedades de ambas subespecies permitiron concluír que a subespecieS.t. tuberosum orixinouse a partir da subespecieS.t. andigena despois de que esta última se cruzase cunhaespecie tuberosa silvestre que se distribúe polo sur deBolivia e o norte daArxentina, aSolanum tarijense.[14][22]

Outras especies ou grupo de cultivares cultivados

[editar |editar a fonte]
Algunhas variedades de patacas.

Ademais deSolanum tuberosum, domesticáronse, seleccionáronse e cultiváronse durante centos de anos algunhas outras especies tuberosas deSolanum.Solanum phureja, por exemplo, é unhaespeciediploide que se cultiva nosvals montañosos de América do Sur. Distínguese claramente das restantes especies de patacas cultivadas debido a que non presentadormición dos tubérculos (é dicir, o tubérculo inicia inmediatamente a súa brotación despois de formado, sen que medie un período de repouso ou dormición). Esta característica permite que as variedades deS. phureja poidan ser replantadas inmediatamente naquelas zonas de climas benignos nas cales é posible o cultivo continuo ao longo de todo o ano.[12]

Outras especies diploides cultivadas sonSolanum stenotomum,S. × ajanhuiri eS. goniocalyx. A primeira delas cultívase na mesma rexión queS. phureja. A segunda é unha especie moi resistente que se cultiva nas terras altas deBolivia, onde o seu tubérculo utilízase para producir atunta ou chuño branco, resultado doliofilizado e posterior lavado dos tubérculos. Finalmente,S. goniocalyx (sen.:S. stenotomum ssp.goniocalyx) cultívase nos vales baixos do Perú, onde se coñece comopapa amarela.[12]

Ademais destas especies diploides, cultívanse algúnsclonstriploides, os cales son o resultado da hibridación interespecífica entre unha especietetraploide e outra diploide, son sexualmente estériles e presérvanse indefinidamente porpropagación vexetativa.Solanum × juzepczukii, coñecida como «papa amarga», é un exemplo deste tipo de especies. Considérase que é o resultado da hibridación entre unha especie tetraploide(S. acaule) e unha especie cultivada diploide. Posteriormente, a hibridación de S. juzepczukii conS. tuberosum ssp.andigena deu orixe a outra especie híbrida, pentaploide, estéril e amarga, denominadaSolanum × curtilobium. Estas dúas especies cultívanse en certas zonas da rexión do Altiplano do Perú e Bolivia. Outra especie triploide cultivada éSolanum × chaucha, a cal non é amarga.[14]

As especies mencionadas, moitas veces son morfoloxicamente indistinguibles entre si o que, sumado á súa ascendencia híbrida, orixes múltiples e dinámica evolutiva, levou a algúns taxonomistas a propor que se consideren como oitogrupos de cultivases dentro da mesma especie:Solanum tuberosum. Os grupos de cultivases son os seguintes: Ajanhuiri, Andigenum, Chaucha, Chilotanum, Curtilobum, Juzepczukii, Phureja e Stenotomum.[23][24]

Outras especies que tamén se chaman «papa»

[editar |editar a fonte]

Algunhas especies cultivadas polos seus tubérculos ou raíces comestibles tamén reciben o nome de «papa» aínda que non presentan ningunha relación coaSolanum tuberosum. Algúns exemplos son a chamada «papa lisa» que é o tubérculo deUllucus tuberosus, a «oca» (Oxalis tuberosa) e o «ñame» (varias especies do xéneroDioscorea). EnBolivia, pola súa banda, tamén está a chamada «papa balusa» (Taro).

Variedades

[editar |editar a fonte]

Os expertos desenvolveron miles de variedades, moitas das cales van quedando obsoletas pola aparición doutras con maior rendemento e adaptabilidade, de maneira que só se consomen unhas poucas decenas.As variedades pódense diferenciar pola cor da epiderme e da polpa, a resistencia a enfermidades, a duración do ciclo de cultivo e os requisitos nutricionais, entre outras características de relevancia produtiva. Trazos irrelevantes para a produción, pero que serven para identificar cultivares, son a cor das flores, a rugosidade da epiderme e a profundidade dos ollos.

Os cultivares modernos adoitan ser de forma redondeada, coa pel amarela ou rosada, a polpa branca ou amarela e os ollos pouco profundos. Nos países de orixe do cultivo tamén se coñecen variedades tradicionais con estas formas, pero ademais existen moitas outras de pel púrpura, azul ou bicolor, de carne azulada, violeta ou amarela e de formas alargadas, curvas ou case esféricas.

Debido á «nouvelle cuisine», existe un interese renovado polas patacas de cores pouco habituais para agregar novidade ou para adornar os pratos e están a saír ao mercado cultivares que recuperan as características antigas.

Algunhas variedades tradicionais do Perú

[editar |editar a fonte]
Tubérculos dunha variedade peruana de pataca con pel e polpa de cor púrpura
Tubérculos de pataca negra peruana obtida nun supermercado deLima (Perú). Nótese a intensa cor amarela da súa polpa.

Estímase que enPerú existen máis de cinco mil variedades de patacas nativas ou crioulas. Gran parte delas non poden ser cultivadas fóra dos Andes peruanos debido a que requiren particulares condicións climáticas e agroecolóxicas.[25]

Solanum tuberosum sspandigena. Os cultivares desta subespecie de pataca son orixinarios e típicos do Perú e Bolivia. Distribuíronse a outros lugares do mundo, como o caso da «pataca colorada» dasIllas Canarias, cuxos tubérculos móstranse na imaxe.

Algunhas das variedades tradicionais do Perú son:

Amarela

Pola súa textura, rica en materia seca, préstase para puré. Tamén se consomesancochada (es) con salsas, ao forno, envolvida en papel aluminio; ou nun prato típico de Perú, denominadocausa á limeña. EnColombia é coñecida como pataca crioula ou amarela; cómese cocida, frita, en puré, asada e ensancochos, é o ingrediente principal e característico doajiaco santafereño (es), prato típico de Bogotá. En Venezuela denomínasepapa colombiana.[26]

Branca

É a pataca máis consumida no mundo debido á súa facilidade e gran uso, ademais pode crecer en calquera solo e en calquera estación do ano. O seu uso é múltiple e moi variado xa que tamén pode cumprir as mesmas funcións das outras variedades de patacas, úsase principalmente naspatacas frixidas,chifles de patacas,auga de pataca,fariña de pataca;pan de pataca eaceite de pataca. Tamén se usa case con frecuencia do mesmo xeito que a pataca rosada na elaboración dapataca rechea; e tamén se pode usar do mesmo xeito que a pataca amarela (aínda que con menor frecuencia) na elaboración dacausa e opuré. A función desta pataca non pode ser substituída por outra, debido a que existen certas comidas que soamente poden facerse con este tipo de pataca, debido a que non posúen a mesma facilidade; un claro exemplo son as patacas frixidas (se se fan con outro tipo de papa, o sabor e o resultado non é o mesmo).

Canchán

Tamén chamada "rosada" pola cor da súa pel. Serve para olocro ou ahuatia, e é apropiada para preparar apataca rechea,. Esta variedade é resistente árancha e está adaptada ás condicións da Serra Central, até 2700 , e na costa central do Perú.

Colorada

Variedade de ampla difusión nasIllas Canarias; supón un contrapunto á pataca branca de consumo típico en España. Sérvese habitualmente acompañada de salsas, como omollo vermello,mollo #picón ou o mollo verde. Con esta pataca elabórase opipián. "pataca colorada" é ademais un dos nomes comúns dunha raíz tuberosa andina coñecida tamén como oca (Oxalis tuberosa).

Huamantanga

Para moitos é a estrela dos tubérculos. Prodúcese soamente na serra peruana, polo que a súa presenza noutros mercados é estacional. Ten a cor da pataca branca pero a textura da pataca amarela e consómese sancochada ou en guisos. Unha vez cocida, pélase con moita facilidade.

Produción mundial da pataca

[editar |editar a fonte]
Principais produtores de patacas (2020)[Cómpre referencia]

(toneladas)

China700778236596000000078.236.596
India700751300000000000051.300.000
Ucraína700720837990000000020.837.990
Rusia700719607361000000019.607.361
Estados Unidos700718789970000000018.789.970
Alemaña700711715100000000011.715.100
Bangladesh70069606000000000009.606.000
Francia70068691900000000008.691.900
Polonia70067848600000000007.848.600
Países Baixos70067020060000000007.020.060
Reino Unido70065520000000000005.520.000
Perú70065467041000000005.467.041
Canadá70065295484000000005.295.484
Belarús70065231168000000005.231.168
Total mundial700735907143000000035.907.143

Condicións de cultivo

[editar |editar a fonte]

As condicións de cultivo varían dependendo da especie e da variedade, pero en xeral dáse mellor en terras con alto contido en humus. A temperatura adecuada varía entre os 10 e 25°C. Non soporta temperaturas inferiores aos 0 °C e a xeada quéimaa a -5 °C. No seu lugar de orixe,Perú, este tubérculo plántase en altitudes de ata 4.200 metros. Perú é o país que máis variedades ofrece, cerca de catro mil.

A produción anual a nivel mundial estimouse en 300 millóns de toneladas (ano 2000).China converteuse no maior produtor de pataca ao desaparecer aUnión Soviética.

Conservación

[editar |editar a fonte]

De xeito tradicional o almacenamento da pataca faise en zonas secas e sen humidade, en cestos, bolsas ou sacos de tecido e a resgardo da luz, nun proceso chamado conservación por deshidratación. Nas explotacións industriais faise en cámaras de frío. O tratamento en frío da pataca produce unha redución do amidón a azucre debido ás encimas da propia pataca, nun proceso chamado edulcoración por frío. Estas patacas conservadas en frío ao ser fritidas ou enfornadas a máis de 250 graos fahrenheit ou 120 graos centígrados recompoñen eses azucres e aminoácidos libres en acrilamida, que é considerada unha molécula potencialmente canceríxena[27].

Composición

[editar |editar a fonte]

Tendo en conta que a composición sofre variacións dunhas especies a outras (e tamén depende da terra de cultivo), a pataca componse aproximadamente dun 75% de auga, 2% desubstancias nitroxenadas, 0,15%lípidos, 20% defécula e 1% decelulosa. En determinadas condicións, a pataca acumula un alcaloide, chamadosolanina, que lle dá un sabor amargo e unha coloración verdosa. Esa parte verde débese eliminar, pois non é saudable.

Outros usos

[editar |editar a fonte]
  • Vodka
  • Chuño: subproduto da pataca que se obtén por conxelación.

A pataca en Galicia

[editar |editar a fonte]
Distribución das zonas de produción da IXP Pataca de Galicia     Subzona de Bergantiños     Subzona da Terra Chá-A Mariña     Subzona de Lemos     Subzona da Limia
Artigo principal:Pataca de Galicia.

A primeira referencia do cultivo da pataca en Galicia remóntase a1607, ano no que foron sementadas na horta domosteiro de Herbón (Herbón,Padrón), tal e como aparece rexistrado nas memorias do arcebispado de Santiago, do cardealJerónimo de Hoyo,[28] porén o cultivo xeneralizado da pataca non tomaría importancia ata a segunda metade doséculo XVIII.

Os primeiros rexistros do cultivo correspóndense con preitos entre campesiños e perceptores do décimo, principalmente naprovincia de Lugo. As primeiras citas aparecen nos concellos deViveiro (1736),Paradela (1756),Vilalba (1760) etc, comezando a xeneralizarse a partir do ano1770.

A orixe destes preitos vén do feito de que a pataca, coma outros froitos menores, tratábase dun cultivo non fiscalizado, é dicir, os campesiños non estaban obrigados a pagaren polo seu cultivo, motivo polo que os perceptores non estaban dispostos a que este cultivo se espallase ao longo do campo galego. O primeiro preito pola cuestión de décimo das patacas remóntase ao mes de decembro do ano1736. Nel o párroco deBravos (Ourol) querelouse cos seus fregueses xa que estes dábanse en cultivar, sen decimar, "unha especie de froita que chaman castaña mariña ou criadillas."

Ocatastro de Ensenada (1749-53) reduce o seu cultivo a un feixe de parroquias daprovincia de Ourense. Cara a1800Lucas Labrada sinala que o cultivo das patacas se estendeu amplamente a raíz da crise cerealeira, gravísima de 1768-69, aínda que se equivoca cando afirma que antes desa data só se coñecía a planta na noutrora existenteprovincia de Mondoñedo, pois viuse que hai constancia documental do seu cultivo con anterioridade a eses anos en Lugo e Ourense. A pataca comezou a substituír paulatinamente a castaña como un dos alimentos básicos da alimentación dos galegos, especialmente no mundo rural, e por iso nalgúns sitios comezou a chamarsecastaña da terra.

Desde 1996 existe en Galicia a Denominación EspecíficaPataca de Galicia[29], que ampara a producida nas zonas deBergantiños (A Coruña),Terra Chá-A Mariña (Lugo),Lemos (Lugo) eA Limia (Ourense). A produción amparada por esta Denominación ascende progresivamente desde as 4.000 toneladas do ano 2000 ata as 7.004 toneladas collidas en 2008[30], cun valor superior ó millón e medio de euros[3].

Produción de patacas na comarca da Limia
(70% do total da produción ourensá)
Utilización(1)Tipos%
 respecto a(1) 
 Variedades 
Consumo directo (60%) Pel marela e carne branca 40kennebec
Pel vermella e carne
marela ou branca
20Desirée
Stemser
Laura
Amorosa
Pel e carne marelasJaerla
Baraka
Monalisa
 Industria: patacas fritidas (40 %) 35Agria
5Hermes
Datos do Instituto do Campo, INORDE, Ourense, víaGEG

A pataca na cultura popular galega

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:A pataca na cultura popular galega.

Se nanoite de San Xoán se deixa na ventá unha pela de pataca, á mañá seguinte estará engurrada debuxando a letra pola que comeza o nome do futuro marido.

Para aliviar a dor das queimaduras ou das cordaduras dos pés ou mans, é bo poñer cataplasmas feitas cos vástagos novos da rama da pataca ou feitas coa polpa cocida.

  • Polo que teño probado/ o comer fai o carauter,/ despois de comer patacas/ non vin de bo xenio a naide.

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parabaloca.
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paracastaña.
  3. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraPataqueira. Consultado o 18 de febreiro 2017.
  4. Spooner, David M.; McLean, Karen; Ramsay, Gavin; Waugh, Robbie; y Bryan, Glenn J. (2005). "A single domestication for potato based on multilocus amplified fragment length polymorphism genotyping".Proceedings of the National Academy of Sciences.   (102).[1]. 
  5. "Latino Madrid.com - Apoyo a los paperos en el Año Internacional de la Papa". Arquivado dendeo orixinal o 08 de novembro de 2011. Consultado o 11 de abril de 2008. 
  6. "Historia da pataca en Galicia". Arquivado dendeo orixinal o 24 de febreiro de 2008. Consultado o 11 de abril de 2008. 
  7. 7,07,1Dimitri, Milan (1987).Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. ACME S.A.C.I, Buenos Aires. 
  8. 8,08,18,2Faiguenbaum M, H., Zunino, P."Biología de Cultivos Anuales, Papa. Sistema caulinar". Facultad de Agronomía e Ingeniería Forestal. Pontificia Universidad Católica de Chile. Arquivado dendeo orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 20 de xuño do 2023. 
  9. Xin, E., D. Vreugdenhil y A. M. Lammeren (1998). "Cell division and cell enlargement during potatoes tuber formation".Journal of Experimental Botany (49). 573-582. 
  10. Faiguenbaum M, H., Zunino, P."Biología de Cultivos Anuales, Papa. Tubérculo". Facultad de Agronomía e Ingeniería Forestal. Pontificia Universidad Católica de Chile. Arquivado dendeo orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 21 de xuño do 2023. 
  11. Faiguenbaum M, H., Zunino, P."Biología de Cultivos Anuales, Papa. Sistema radicular". Facultad de Agronomía e Ingeniería Forestal. Pontificia Universidad Católica de Chile. Arquivado dendeo orixinal o 26 de maio de 2011. Consultado o 21 de xuño do2023. 
  12. 12,012,112,212,3Plaisted, R. (1982). "Potato". En W. Fehr & H. Hadley.Hybridization of Crop Plants. Nova York: American Society of Agronomy, Crop Science Society of America. pp. 483–494.ISBN 0-89118-034-6. 
  13. 13,013,1Hawkes, J.G (1994). "Origins of cultivated potatoes and species relationships".Potato genetics. (Eds. Bradshaw, J.E and Mackay, G.R.), CAB International, Wallingford. 3-42. 
  14. 14,014,114,214,314,414,514,6Hawkes, J.G. (1990).The potato: evolution, biodiversity and genetic resources. London.: Belhaven Press,. pp. 259. 
  15. 15,015,1ORGANISATION FOR ECONOMIC CO-OPERATION AND DEVELOPMENT (OECD) (1997)."Consensus Document on the Biology ofSolanum tuberosum subsp.tuberosum (Potato)"(PDF). Environment Directorate Organisation for Economic Co-operation and Development, Paris. 
  16. Ames, Mercedes, y David M. Spooner (Febreiro de 2008)."DNA from herbarium specimens settles a controversy about origins of European potato"(PDF).American Journal of Botany(en inglés)95 (2): 252–257. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 6 de abril de 2012. Consultado o 13 de novembro do 2024.Todos os cultivases modernos de pataca teñen predominantemente germoplasma chileno, cuxo orixe se explica polo cruzamento con variedades autóctonas chilenas tras as epidemias de tizón tardío que comezaron en 1845 no Reino Unido [...] a pataca chilena introduciuse en Europa xa en 1811 e fíxose predominante moito antes das epidemias de tizón tardío no Reino Unido 
  17. Hosaka, K., y R.E. Hanneman, Jr. (1988)."Origin of chloroplast DNA diversity in Andean potatoes".Theoretical and Applied Genetics76 (3): 333–340.ISSN 0040-5752. 
  18. Grun, P. (1990). "The evolution of cultivated potatoes".Economic Botany. 44 (3 Suppl.): 39–55. 
  19. Raker, C., y David M. Spooner (2002)."Chilean Tetraploid Cultivated Potato,Solanum tuberosum, is Distinct from the Andean Populations: Microsatellite Data"(PDF).Crop Science42 (5): 1451–1458.ISSN 1435-0653. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de marzo de 2009. 
  20. Brush, R., Ortega, R., Cisneros, P., Zimmerer, K. y Quiros, C (1995)."Potato Diversity in the Andean Center of Crop Domestication".Conservation Biology9 (5): 1189–1198.ISSN 0888-8892. 
  21. Kawagoe, Y., and Y. Kikuta. 1991. Chloroplast DNA evolution in potato (Solanum tuberosum L.). Theor. Appl. Genet. 81:13–20.
  22. Hosaka, K (2003)."Evolutionary Pathway of T-type Chloroplast DNA in Potato".American Journal of Potato Research81. pp. 21-32. 
  23. Huamán, Z. & Spooner, D. M. (2002) Reclassification of landrace populations of cultivated potatoes (Solanum sect.Petota). Am. J. Bot. 89: 947-965.pdfArquivado 12 de xuño de 2008 enWayback Machine.
  24. Spooner, D.M. & Hetterscheid, W.L.A. 2006. Origins, Evolution, and Group Classification of Cultivated Potatoes. In.:Darwin's harvest: new approaches to the origins, evolution, and conservation of crops, Capítulo 13 (eds. Timothy J. Modey, Nyree Zerega, & Hugh Cross).Columbia University Press, New York.[2]
  25. Centro Internacional da Pataca (2006)."Papas nativas poseen ventajas comparativas que deben ser aprovechadas". Arquivado dendeo orixinal o 3 de setembro de 2010. Consultado o 10 de agosto do 2025. 
  26. Yepes Chamorro, Dionicio Bayardo; Cerón Lasso, María del Socorro; Cadena Guerrero, Máryory Maricela; Castro Figueroa, Jorge Enrique (2020).Agrosavia Alhaja: variedad de papa criolla (Solanum tuberosum L. grupo Phureja) para el departamento de Nariño, Colombia. Corporación colombiana de investigación agropecuaria - AGROSAVIA. p. 15.ISBN 978-958-740-416-6. Consultado o 10 de agosto do 2025. 
  27. "Acrilamida en los alimentos y el riesgo de cáncer".Instituto Nacional del Cáncer de los Institutos Nacionales de la Salud de EE. UU. Arquivado dendeo orixinal o 09/01/2020. Consultado o 14/01/2017. 
  28. Fixo plantar patacas o Sr. Arcebispo don Francisco Blanco (1574-1581); déronse moitas pero moi bastardas
  29. Orde do 19 de setembro de 1996 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se recoñece a denominación específica Pataca de Galicia (DOG 7.10.1996).
  30. Estas 7.000 toneladas refírense á pataca comercializada baixo a denominación de orixe, que é menos da metade da produción controlada: 14.968 toneladas.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Vexa a entrada doGalizionario acerca de  pataca
Wikispecies posúe unha páxina sobre:  Pataca
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  PatacaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Hawkes, J.G. (1990).The potato: evolution, biodiversity and genetic resources. Londres.: Belhaven Press,. p. 259. 
  • Plaisted, R. (1982). "Potato". En W. Fehr & H. Hadley.Hybridization of Crop Plants. Nova York: American Society of Agronomy, Crop Science Society of America. pp. 483–494.ISBN 0-89118-034-6. 
  • Organization for economic co-operation and development (OECD). 1997.Consensus Document on the Biology ofSolanum tuberosum subsp.tuberosum (Potato). Environment Directorate Organisation for Economic Co-operation and Development, Paris.
  • Spooner, D.M. & Hetterscheid, W.L.A. 2006.Origins, Evolution, and Group Classification of Cultivated Potatoes.En:Darwin's harvest: new approaches to the origins, evolution, and conservation of crops, Capítulo 13 (eds. Timothy J. Modey, Nyree Zerega, & Hugh Cross). Columbia University Press, New York.

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pataca&oldid=7168297»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp