OPartido Democrático (italiano:Partito Democratico,PD) é un partido político deItalia. O partido foi fundado o 14 de outubro de 2007, a través da fusión de varios partidos de centro-esquerda, que acudiran xuntos enUnione e enL'Ulivo (engalego,A Oliveira) dende a década de 1990, nos cales destacaban, dous partidos: osDemocratici di Sinistra (DS; engalego:Demóratas de Esquerda), herdeiros do antigoPartido Comunista Italiano e, aDemocrazia è Libertà - La Margherita (en galego,Democracia é Liberdade-A Margarida), composto pola ala esquerda da antigaDemocracia Cristiá[1] e que andaban á procura da unificación do centroesquerda italiano.
Posteriormente, engadíronse outros grupos políticos:Repubblicani Europei (Movemento Europeo Republicano) de ideoloxía social-liberal, Italia de Novo (centro), Alianza Reformista (socialdemócrata) etc.
En 2003,Michele Salvati, elixido nas listas dos demócratas de esquerda, publicou varios artigos nos xornaisIl Foglio eLa Repubblica,[6] nos que bosquexaba un novo partido, a partir dos axentes sociais da cultura democrática, dos cristiáns-sociais e dos socio-liberais. A idea de Salvati, foi recuperada e apoiada porRomano Prodi, daquela, presidente daComisión Europea que pretendía unha lista común de todo o centro-esquerda para as eleccións europeas de 2004.[7] Nela estarían incluídos, Democratici di Sinistra (socialdemócratas) e Democrazia è Libertà - La Margherita (centristas de tipo cristián-sociais e socioliberais),Socialisti Democratici Italiani (SDI) eRepubblicani Europei. A lista,Uniti nell'Ulivo, conseguiu un 31,1% dos votos e 25 europarlamentarios que se dividiron en 2 grupos: uns entraron noGrupo socialista e outros naALDE (Alianza de Liberais e Demócratas Europeos). Igualmente, Prodi, tentou unha lista unitaria nas eleccións xerais italianas de 2006, mais La Margherita preferiu ir soa.
A lista de unidade configurouse para as eleccións rexionais italianas de abril de 2005, mais só se presentaron en 9 das 14 rexións. O 16 de outubro de 2005, realizáronse eleccións primarias para escoller ao novo líder da coalición de centroesquerda, que adoptou o nome deUnione (Unión). Os membros da federación de L'Ulivo (coloquialmente chamada a "Fed") apoiaron a candidatura de Romano Prodi, que acadou o 74% dos votos e se converteu no candidato do centroesquerda á Presidencia do Consello de Ministros de Italia 2006.
O éxito convenceu a La Margherita, que aceptou presentar a lista unitaria de L'Ulivo para a Cámara de Representantes, no entanto cada partido mantivo o seu propio símbolo para as eleccións ao Senado. De seguido, das eleccións primarias, o SDI indicou que non estaba interesado na cración dun partido unitario e acabarían asinando un acordo cos Radicais Italianos na candidaturaRosa nel Pugno.
Nunha asemblea no Club de Prensa de Milán, o 11 de febreiro de 2006, na que participaron persoas da cultura, do periodismo, da política e da economía, para a creación dunhaAsociación para o Partido Demócrata. Ademais, o propio Romano Prodi, encargou a trece figuras do mundo da cultura e a política a redacción dunManifiesto para o Partido Demócrata, un documento que se fixo público en decembro de 2006.