Os primeiros antecedentes da institución remóntanse ó século XI. O Parlamento actual restabeleceuse no ano 1980.[3] A súa composición debe ter entre 100 e 150 deputados,[2] estando formado no presente por 135 deputados, que se elixen por sufraxio universal. As súas sesións celébranse noPalau del Parlament, noParc de la Ciutadella deBarcelona.
Establecidas en1283, segundoThomas Bisson, as Cortes catalás foron consideradas polos historiadores o verdadeiro modelo dun parlamento medieval. O historiador do constitucionalismo inglésCharles Howard McIlwain escribiu: "na definición de organización e regularidade de procedemento, nin o parlamento inglés nin os estados franceses poden compararse coas Cortes de Cataluña" doséculo XIV.
Os primeiros antecedentes da institución parlamentaria catalá remóntanse aoséculo XI, coas asembleas de Pau i Treva e a Corte Condal. Durante o reinado deXaime I, a Corte Condal transformouse nas Cortes Xerais de Cataluña, institución que se consolidou nos reinados posteriores. As Cortes Xerais tiñan tres brazos: o brazo militar, que reunía os representantes da nobreza; o brazo eclesiástico, cos representantes da xerarquía relixiosa; e o brazo real, cos representantes dos municipios. Non obstante, amplos sectores da poboación non estaban representados na corte.
Aínda que tiña soamente funcións administrativas e as súas competencias só abarcaban as deputacións provinciais, adquiriu unha grande importancia política, representando o primeiro recoñecemento por parte do estado español da personalidade e da unidade territorial deCataluña dende1714.
Estaba integrada por unha asemblea que reunía os 96 deputados deCataluña nasCortes españolas, e poloConsell, formado por oitoconsellers e oPresident. A súa acción política estivo rexida polo consenso entre as diferentes orientacións presentes, foran ou noncatalanistas.
En1931 instituíuse aGeneralitat de Cataluña e con ela o Parlament. As primeiras eleccións ao Parlament tiveron lugar o 20 de novembro de1932 e a sesión constitutiva celebrouse o 6 de decembro. Aguerra civil española significou novamente o fin do parlamento, en1938.
O Parlament actual foi restaurado pouco despois que aGeneralitat de Cataluña e legalizado formalmente coa aprobación doEstatut de 1979. As primeiras eleccións ao Parlament celebráronse o 20 de marzo de1980 e a sesión constitutiva tivo lugar o 10 de abril do mesmo ano.
O 27 de outubro de2017 aprobouse unha declaración unilateral de independencia (DUI) nunha votación secreta con 70 votos a favor, 10 en contra e 2 en branco, coa maioría da oposición ausente en protesta. A declaración foi anulada poloTribunal Constitucional a causa dun recurso doGoberno de España.