Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Paridade de poder adquisitivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aparidade do poder adquisitivo (PPA) é un termoeconómico introducido a principios do decenio de 1990 poloFondo Monetario Internacional, para comparar dun xeito realista o nivel de vida entre distintos países, atendendo ao produto interno bruto (PIB)per cápita en termos doCusto de Vida en cada país.

Baseándose en que, por exemplo, o poder adquisitivo duneuro non é o mesmo enEspaña que enAlemaña, as estatísticas reflicten con maior exactitude con que recursos económicos vive a poboación dun país determinado. A PPA é unha medida máis adecuada para comparar os niveis de vida que o PIBper cápita, posto que toma en conta as variacións deprezos.

Isto tamén afecta ao cálculo do PIB efectivo do país, xa que con outro exemplo,China pasa de ser considerada a cuarta potencia económica mundial á segunda. Tamén elimina ailusión monetaria ligada á variación dos tipos de cambio, de tal xeito que unhaapreciación oudepreciación dunha moeda non cambiará a PPA dun país, posto que os habitantes dese país reciben os seussalarios e fan as súas compras na mesma moeda.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Paridade_de_poder_adquisitivo&oldid=7173252»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp