Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Perge

Coord.:36°57′37″N30°51′13″L / 36.96035,30.85369
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parha»)
Modelo:Xeografía físicaPerge
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxicoEditar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAksu, Turquía(en)Traducir eProvincia de Antalya, TurquíaEditar o valor en Wikidata
Mapa
 36°57′37″N30°51′13″L / 36.96035,30.85369
Características
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data2009
Identificador5411
Historia
Data de creación ou fundación1000 a. C.Editar o valor en Wikidata
Oágora
Oestadio

Perge ouPerga foi unha cidade dePanfilia a uns 10 quilómetros da costa e a 5 km ao oeste do ríoKaistros (hoxeAksu). Baixo os hititas chamábaseParha e o río chamábaseKastaraya.

Historia

[editar |editar a fonte]

As primeiras noticias históricas sitúana dentro das rexións conquistadas polo reino deTarhuntasa, creado porHattusilis III para o seu sobriñoKurunta.

Posteriormente é mencionada por primeira vez porEscílax, que di que antigamente estaba preto da costa.Estrabón di que foi fundada polosaqueos despois da guerra de Troia, por colonizadores deArgos; a presenza de aqueos foi confirmada pola arqueoloxía. Descoñécese a súa sorte posterior xa que non queda constancia escrita, e non se sabe se foi parte deFrixia eLidia, pero si que foi dePersia. O333 a.C. a cidade, que aínda non tiña murallas, rendeuse aAlexandre o Grande sen loita; despois foi deAntígono e pasou aoImperio Seléucida. O188 a.C. o tratado deApamea cedeuna a Roma, pero a cidade non o aceptou e unha gornición seléucida permaneceu alí ata a mediación romana o186 a.C., en que pasou aPérgamo por decisión dos romanos. O133 a.C. declarouse independente. O79 a.C. xa estaba baixo o dominio de Roma.

O ano46 estivo na cidadePaulo de Tarso, e, durante oimperio, foi unha cidade importante. Tamén foi un centro cristián, especialmente a partir deConstantino I o Grande. Osséculos V eVI serían de disturbios e os cidadáns permaneceron detrás das murallas. Noséculo VII foi atacada polos musulmáns varias veces e parte da poboación foise a Antalia e finalmente ficou despoboada.

Cidadáns famosos de Perge son o médicoAsclepíades, o sofistaVaro, e o matemáticoApolonio.

Foi escavada a partir de1946.


  • Perge - Πέργη

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Perge&oldid=6850275»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp